domingo, 29 de abril de 2018

Ruta de castro de Doade(Lalín)

Esta ruta é de nova creación, inagurárona en outubro do ano pasado e polo tanto está moi ben sinalizada e non ten pérdida, ademais é circular, uns 14 kms.
Unha ruta preciosa para os amantes dos bosques, carballeiras e soutos, dos ríos e da natureza.


Partimos desde Codeseda, a aldea que ten un museo etnográfico na "casa do Patrón", pero estaba pechado, xa de saída estabamos rodeados de prados e fomos dereitos ao monte repelto de árbores, castiñeiros centenarios e caballos, seguimos os sinais por camiños e chegamos pronto á beira do río. Por aquí pasan dous o Asneiro e o Lobozán. 
A paisaxe de ribeira estaba preciosa. Pasamos por debaixo da autopista e seguimos ruta por estas terras que a verdade é que estaban bastante anegadas, pois ainda que non nos choveu moito, o a terra non chupaba máis e moitos caminos estaban  enchoupados. 
Xuntámonos todos na aldea de San Xoán de Vilanova, que ten unha capela moi xeitosa, sobre todo por dentro con teito de madeira. Ali nesta Vilanova fixemos a foto de grupo para logo seguir por estes paraxes máxicos, de auga e bosques no que non atopamos ningún eucalito nin piñeiro ao longo da senda, só muíños abandoados na ribeira do río. Hacia o final da ruta acercámonos a rodear o imponente carballo, catalogado como o máis vello de Galicia.
Unha marabilla, enhoraboa por esta ruta aos de Lalín!

sábado, 28 de abril de 2018

Ruta Beluso- Cabo Udra(Bueu)

Neste día  nuboso, que foi abrindo ao logo da mañá, comezamos os Cen Pés o día no porto de Bueu, onde tomamos o almorzo, e de aí acercámonos ao porto de Beluso, o inicio da ruta,  camiñamos ata o final do mesmo e pasamos por diante da antiga fábrica de salazón de gran tradición na zona, e fixemos un treito de monte para coller unha senda costeira que vai baixo enormes eucalitos a beiriña do mar, unha senda desde a que se divisa o outro lado da ría (Raxo, Sanxenxo) e pequenos cantís e caliñas con auga cor turquesa, saintes rocosos como a punta Aguda.
Chegamos a primeira praia que cruzamos toda ao longo, a Tulla que tiña unha area fina como todas as demais. Fomos pasando por unha suceción de fermosas  praias, A Morisca, a de Ancoradoiro, a de Lagos, Menduiña que é a máis urbanizada, a de Fancón, tamén pasamos polo humidal coñecido como a Escorregadoira, en definitiva disfrutamos desta costa rocosa onde rompen as ondas para rematar na praia de Areacova.
Acercámonosa Hío para comer  e apreciar o precioso e famoso cruceiro. Tralo xantar e antes de retornar achegámonos  a Donón, xunto a escultura da Bugina a contemplar a ría de Vigo e a illas Cíes que desde aquí parecen estar tan cerca. Unha maravilla de costa.
 
 
a.

viernes, 13 de abril de 2018

Ruta a Lalín

O domingo 29 de abril CEN PÉS relizaremos unha ruta polo concello de Lalín,  a rutade Castro Doade ou PR-G 210.
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros
PR-G Castro de Doade

martes, 10 de abril de 2018

Ruta Lobios(Ourense)

Esta foi unha ruta cómoda e moi fácil. O o máis dificil sería levantarse máis cedo e chegar a Lobios, lugar no que almorzamos e logo xantamos. Lobios é un núcleo de poboación pequeno, pero con moita vida e un mercado moi concurrido con moitos postos pola rúa principal que leva ao balneario e a Portugal.
Para pasar co bus polo medio dos posto do mercadillo, tivo Eusebio poñer en práctica a súa habilidade e ter a axuda de protección civil. 
Así chegamos a Portela do Home no lado portugués e iniciamos a ruta debaixada, sen deniveis importante, case un paseo, no que en todo momento escorrentaba a auga por estas montañas que na cara portuguesa mira ao Gêres e na española a Lobios e Entrimo. Moito regatos, ríos, fervenzas atopamos polo camiño e viamos na distancia nos montes do arredor, a máis espectacular é o regato de Corga da Fecha que nesa época do ano leva tanta auga que convirtese unha fervenza preciosa. Tamén atopamos os restos do incedios, a terra queimada, as silueta das árbores sen vida, unha pena.
 Así chegamos a vía romana pola que fomos ata chegar ás termas de Lobios, atopamos polo camiño os Milarios romanos, esas columnas cilíndricas que marcaban na vía romana a distancia das millas romanas(1481 metros) e a mansión romana Aquis Originis, que tiña aínda visible o sistema de calefacción. 
Unha saída recomendable deu tempo ata para facer algunha compriña no mercadillo.
 
 
 

jueves, 5 de abril de 2018

Ruta a Lobios(Ourense)

El próximo domingo 8 de abril Cen Pés parte desde la igrexa parroquial de Vilagarcía hacia Lobios na provincia de Ourense para facer unha ruta:
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Hora saída: ás 7.00.
Prezo: 25 euros