miércoles, 16 de octubre de 2013

Senda do Barragán

Esta ruta está programada para o domingo 27 de outubro. Partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcia. 
A Senda de seguindo a ribeira do río Barragán coñecida como o percorrido PR-G 164, que está sita no concello de Pazos de Borbén , Moscoso e  Fornelos de Monte, tardaremos en chegar sobre unha hora.
Percorrido: faremos 14 Km. aínda que a senda marca 17 Km abreviarémola, é circular.
Dificultade: moderada-media, pola humidade  e o terreo, convén levar unhas boas botas e os dous bastóns para apoiar.

Ruta do Invernadeiro







Un auténtico privilexio facer esta ruta polo parque natural do Invernadeiro tendo en conta que fai falta permiso e  concédese a un máximo de 30 persoas ao día e nós fomos uns cantos máis.
Das cinco rutas posibles do parque fixemos a coñecida pola "A Acevada". Empezamos cun pequeno percorrido ata chegar ao centro de información onde  contáronnos a historia, formación fauna e flora deste enclave privilixiado no que habitan corzos, rebezos, cervos e tamén águias, falcóns, voitres brancos, o lobo e xabarís, armiños e garduñas, pero no que desapareceron as cabras salvaxes... todo un ecosistema no que habitan  moitos animais dos que non atopamos ningún exemplar(somos demasiado ruidosos)
Dende o centro de información fomos subindo en todo momento por camiño, sen podernos adentrar no monte que disfrutabamos aos lados da pista, chamounos a atención unha árbore ou arbusto de frutos vermellos en racimos coñecido por cancereixo ou cornabudo tamén nomeado cerdeira silvestre, que atopamos en flor bordenado o camiño e de forma libre crecendo entre pinos, teixos etc porque aquí abundan as coníferas, acivos  e outras árbores de ribeira que crecen ao pé dos regatos.
Atopamos algún mirador con paneis descriptivos que ensinaban  nomes dos picos dos dos montes. Unha paisaxe extraordinaria. Pasamos pola ponte da "Ribeira Pequena" e fomos subindo cada vez máis arriba ata o refuxio  chamado a "Caseta do Birlauto", a partir de aí foi case descendendo  e contemplando todo o arredor da serra do Invernadeiro e o encoro das Portas alá ben ao lonxe.
Como remate comimos perto de Verín nun restaurante digno de recordar o  seu nome "O Candil",  tanto o caldo como o bacalao ou o churrasco e postre, riquísimos.