domingo, 30 de junio de 2024

Ruta Dos Castro - O Irixo(16/05/2024)










 

 Os Cen Pés marchamos o dominigo 16 de xuño a facer a última rota da temporada 2023-2024.

A rota escollida é a coñecida por PRG-189,  de 12 km circular,unha preciosidade do que foi a Galicia rural coas súas aldeas, templos, hórreos, muíños feitos todos por uns canteiros que dominaban o seu oficio; esta é tamén unha rota impresionante porque recorre uns bosques frondosos  de carballos e castiñeiros e outras árbores de ribeira.

O percorrido foi dun 12kms, chegamos a O Irixo desde o concello subimos ata Irixo de Arriba dende onde parte a senda para adentrarnos no monte cara á aldea de Paredes para acercarnos a un terreo máis alto onde  hai varios hórreos que hoxe están en estado ruinoso pero que aínda de deixan ver na sús feitura e teitos de pedra e  de aí baixamos a Os Casares, unha aldea recollida con casas de pedra ben feita pero todas abandoadas unha verdadera pena. Continuamos o camiño ata a templo de Sta María da Cidad, pero  cruzamos o rego de Cida e pasamos por diante do muíño de Valdecobo, cruzamos o monte entre carballeiras pasamos por diante do templo   de San Pedro de Dadín, a aldea de Seara e volvemos novamente ao punto de partida, a plaza do concello de O Irixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario