lunes, 19 de noviembre de 2018

Ruta socalos de Sistelo(Portugal)

A ruta a Sistelo, ao Miradoiro da Estrica e os socalcos de Sistelo.
Partimos de Sistelo, un lugar  coñecido por nós porque uns xa fixeramos unha ruta tanta preciosa coma esta; de feito de aquí saen moitas máis.
Desta vez saímos do centro do pobo,  por detrás do bar " A Tasquinha",por  un camiño empedrado cuberto de parras e rodeado de leiras e que leva ao río Vez que tivemos que cruzar por unha ponte medieval e ir subindo  polo monte para ver de frente a Sistelo rodeasdo de socalcos con seu Castelo , a súas casas, mirando o río. 
Xa desde o primeiro momento foi acolledor ese camiño cuberto con todos os cores amarelos das parras en contraste co verde intenso dos montes e prados acompañados pola música do río , foi o inicio prometedor hacia esta viaxe á fermosura, a disfrutarmos dos sentidos.






Fomos subindo por camiños empedrados  bordeados de muros que limitan as propiedades dos prados e terras,  baixo a sombra dos carballos ata chegar ao pobo da Estrica desde onde vese xa toda a contorna( esta subida foi o maior desnivel da ruta). Aínda así ascendimos máis ata chegar ao mirador, desde onde se aprecian unas vistas espectaculares dos arredores, destas montañas coas súas aldeas e os socalcos que foron transformando as abas dos montes que baixan ata o río en terreos escalonados. Unha auténtica marabilla poder contemplar esta paisaxe, tan traballada polos homes destes lugares de forma respetuosa coa natureza, onde os prados coas vacas pacendo mistúranse co arbolado, coas vides, os campos traballados e os montóns das forraxe, algún chouzo, as pontes, muíños e aldeas... nada sobra, nada aquí é estridente, senón que todo é armonioso.
Pasamos pola aldea novamente da Estrica para seguir por esta zona alta vendo os socalos de frente e o Vez embaixo, fomos indo cara a aldea de Padrao onde cruzamos o río pola ponte da Estribadinhas, agrupándonos e tomando un descanso para logo entrarmos nesta  bonita aldea cos seus hórreos e as casas, fonte. Desde aquí xa viamos a Sistelo ao lonxe,  e  ao outro lado deste fondo val o tramo de camiño andado. Alargando o camiño, deunos tempo a seguir disfrutando dos socalos, do río, dalguna fervenza ata chegar novamente a Sistelo, este pobo e a súa parroquia é coñecido merecidamente como o Tibet portugués.

jueves, 8 de noviembre de 2018

Ruta a Sistelo(Portugal)

Informamos que o domingo 18 de novembro ás 7.30 da mañá desde a praza de España, diante da igrexa parroquial de Vilagarcía marcharemos hacia Portugal para senderear unha ruta por Sistelo, exactamente en Arcos de Valdevez, unha variante do PR-14 "Socalcos de Sistelo".
Distancia: 12kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25euros(bus+comida)
Aínda quedan prazas, os interesados poden chamar aos telf indicados no noso perfil.