O fin de semana das Letras Galegas os Cen Pes achegámonos a Portugal ao concello da Guarda para facer a ruta dos "Passadiços do Mondego", que forma parte do Parque natural da serra da Estrela, reconocido pola UNESCO. Un percorrido duns 12 kms lineais que discurre durante moito kms por unhas pasarelas que colgan da ladera da serra e van paralelas ao río Mondego ao que cruzan en catro ocasións por pontes colgantes, outra parte do camiño pasa por bosques de ribeira e ao lado de escombreiras de antigas explotacións mineiras da zona e de "ingenios" ou fábricas laneiras, restos un pasado industrial e textil de aí que estaban situadas ao lado do río para canalizar a auga e levala as fábrica; tamén atopamos restos de presas para obter electicidade e conteplamos os socalcos o terrazas onde a xente do lugar plantaban as súas hortalizas. Hoxe todo está abandonado, pero estas pasarelas de madeira (uns 7 kms) e os demais camiños xa existentes(máis de 5km) permiten contemplar aos visitantes como vivían os antepasados e á vez disfrutar dun entorno natural espectacular como son as ribeiras do Mondego e os seus afluentes e da serra da Estrela.
Entramos os passadiços por Videmonde, a entrada é de 1 euro por persoa, en horario que cambia dependendo da época do ano, en maio de 8.00 a 18.00. hai dúas entradas máis, a de barragem de Caldeirão e a mitade de camiño a de Vila Soeiro. A rota está moi ben sinalidada, carteis informativos, wifi, servizos, incluso a sinalización dos kms percorridos e os que quedan para o seguinte punto.
Nós este primeiro día levamos comida e comimos na zona de bosque, cerca dunha bar, un lugar onde podía comer ou tomar café.
Ao final da ruta fixemos o camiño de volta, paramos na Guarda e fixemos unha visita pola zona vella despois marchamos a Viseu, onde nos aloxamos no hotel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario