jueves, 30 de mayo de 2024

Passadiços do río Mondego(Videmonde) 17/05/2024









O fin de semana das Letras Galegas os Cen Pes achegámonos a Portugal ao concello da Guarda para facer a ruta dos "Passadiços do Mondego", que forma parte do Parque natural da serra da Estrela, reconocido pola UNESCO. Un percorrido duns 12 kms lineais que discurre durante moito kms  por unhas pasarelas que colgan da ladera da serra e van paralelas ao río Mondego ao que cruzan en catro ocasións por pontes colgantes, outra parte do camiño pasa por bosques de ribeira e ao lado de escombreiras de antigas explotacións mineiras da zona e de  "ingenios" ou fábricas laneiras, restos un pasado industrial e textil de aí que estaban situadas ao lado do río para canalizar a auga e levala as fábrica; tamén atopamos restos de presas para obter electicidade e conteplamos os socalcos o terrazas onde a xente do lugar plantaban as súas hortalizas. Hoxe todo está abandonado, pero estas pasarelas de madeira (uns 7 kms) e os demais camiños xa existentes(máis de 5km)  permiten contemplar aos visitantes  como vivían os antepasados e á vez disfrutar dun entorno natural espectacular como son as ribeiras do Mondego  e os seus afluentes e da serra da Estrela.

Entramos os passadiços por Videmonde, a entrada é de 1 euro por persoa, en horario que cambia dependendo da época do ano, en maio de 8.00 a 18.00. hai dúas entradas máis, a de barragem de Caldeirão e a mitade de camiño a de Vila Soeiro. A rota está moi ben sinalidada, carteis informativos, wifi, servizos, incluso a sinalización dos kms percorridos e os que quedan para o seguinte punto.

Nós este primeiro día levamos comida e comimos  na zona de  bosque, cerca dunha bar, un lugar onde podía comer ou tomar café.

Ao final da ruta fixemos o camiño de volta, paramos na Guarda e fixemos unha visita pola zona vella   despois marchamos  a Viseu, onde nos aloxamos no hotel.







martes, 7 de mayo de 2024

Ruta da Capela de San Vicente- Monte Torroso- Castro do Pico da Bandeira( O Rosal)14/04/2024

 Confiando no bo tempo acercámonos  o domingo 14 de abril ao Rosal para facer esta  ruta  que sae de Mazán,  desde a ermida de San Vicente, xusto ao lado dos sepulcros  antropomorfos de orixe visigótica coma a capela, que debeu ser un antigo santuario romano cristianizado, de aí que se atopasen unha ara romana e tamén ten unha peculiar cruz atrevoada na cima da ermida.  

Pasamos ao lado da capela  para en subida chegar ao Alto da Portela e despois  camiñar ao Alto do monte Torroso, dous miradores naturais  da costa desde onde se alcanza a ver o monte Tegra ao fondo e a desembocadura do Miño. Fomos pasando tamén por bosques de carballos e piñeiros para volver ata o punto de inicio. 

Unha ruta circular de 11, 5 km cunhas marabillosas vistas desde o alto que  pódese facer en ámbolos dous sentidos, de feito encontramos ao un grupo de senderistas que estaban facendo esta ruta á inversa que nós.

Despois de comer no hotel restaurante Glasgow, como da outra vez que andivemos por aquí, fomos vistar Baiona e case todos fixemos un paseo polo interior do recinto do parador ou polo paseo costeiro. Un día moi agradable e sempre en boa compaña.

 

 
 
 




jueves, 28 de marzo de 2024

Ruta "Monte Galiñeiro- Monte Aloia"(24/03/24)

 O domingo 24 de marzo fixemos esta ruta duns 11 ou 12 km de díficultade moderada. Partimos desde a zona recreativa e o monumento do monte Galiñeiro e fomos camiñando en subidas e baixadas ata a zona recreativa do monte Aloia, acercámonos aos distintos miradores desde onde se contemplaban unhas vistas espectaculares.

En xeral un percorrido bonito, con vistas da contorna e costa en case todo momento. Tivemos un bo día para facer esta ruta que pode chegar a se dura se apreta moi o sol.



martes, 5 de marzo de 2024

Ruta do "Camiño do Corpiño"(Lalín)03/03/2024)

O Domingo 3 de marzo o Cen Pés dirixíronse a Lalín para realizar a ruta do Camiño do Corpiño, unha ruta lineal duns 14 kms que se iniciou na parroquia de Prado e foi pasando por vairos lugares, como Vilar do Río, Noceda, Madiñán, Anzo ou Luzón.
Polo camiño encontramos moito patrimonio etnográfico desde muíños, igrexas románicas, cruceiros, camiños empedrados, corredoiras e aldeas, pero tamén carballerias  e  inmensos prados... Seguimos o itinerario  que realizan peregrinos que acoden cada ano ao santuario da Virxe do Corpiño onde remanta esta ruta. Nós acortámola un pouco pois e duns 18 kms e parte do pazo de Liñares.
 






martes, 20 de febrero de 2024

Ruta Laxe e Castro Borneiro(11/02/2024)

 






O domingo a 11 Cen Pés achegouse a Laxe na Costa da Morte. Iniciamos o recorrido antes de entrar no pobo e collemos a senda paralela a praia de Laxe, paseo marítimo chegando ao porto e subindo ao templo que visitamos porque estaba aberto e de aí buscamos a sinalización para rodear a  insua e para logo continuar ata o faro de Laxe e pasar pola praia dos cristais e terminar cerca de Traba.

Despois subimos ata Castro Borneiro, que está cerca aínda que pertenece ao concello de Cabanas de Bergantiños.

Unha ruta fácil, e preciosa para disfrutar dun mar bravo.

domingo, 28 de enero de 2024

Ruta dos muíños do río Té-Rianxo(28/01/2024)

 O domingo 28 de xaneiro retomamos os máis de Cen Pés  a nosa actividade: camiñar e disfrutas deses espazos naturais tan  verdes  que aquí  temos. Despois dos días de festas e de tanta chuvia, a dificultade foi seleccionar unha ruta que non estivese anegada, así pois unha boa opción foi "a ruta do río Té- PR-G 261" ao outro lado da ría.

Unha senda fácil de uns 12 km que nos iniciamos no paseo marítimo de Rianxo, 2 km antes do cartel que informa sobre a mesma, que vai a maoiría do tempo  paralela ao río Té, rodeada dun bosque de ribeira con carballos , freixos, ameneiros e tamén prados e leira preto dalgunha aldea da contorna, atopamos moitos muíños xa en desuso e en ruina, unha pena. 

O río Te estaba marabilloso, ben  enchido , rápido e coa auga limpa, onde se distinguía un fondo areoso e unha auga dunha cor case turquesa que invitaba a un chapuzón...unha preciosidade. 

Foi unha ruta de ida e volta ata unha área recreativa, onde descasamos e iniciamos a volta pola outra beira do Té. Despois da comida achegámonos a visitar a ferbenza de Cardanoso.

Unha ruta moi recomendable pola cercanía, bastante ben conservada e sobre todo por un entorno precioso.








lunes, 18 de diciembre de 2023

Ruta Cruz de Xiabre- Nadal( 17/012/2023)

 Remata o 2023 e en decembro facemos a última saída do ano, aquí no concello de Vilagarcía.

Unha saída corta de 5 ou 6 km ao miradoiro da cruz de Xiabre, un lugar desde onde de contempla ben a ría de Arousa e o río  Ulla.

Como o ano pasado en lugar de deixar un Belén como outro club deportivos, cambiamos e agora plantamos unha árbore, un pequeno carballo, esperemos  que medre forte como as nosas ganas de seguir pateando sendeiros pola nosa terra. Foi un día de celebración e amizade no que brindamos e pinchamos algo en Fontefría. Felices festas e  o mellor nos espera no2024.