lunes, 5 de febrero de 2018

Ruta Corno do Bico(Paredes de Coura)

Unha ruta preciosa cun bosque espectacular e frondoso, con camiños bordeados de muros de pedras e musgo, con regatos, pero tamén con zonas altas que permitiu disfrutar de inolvidables vistas panorámicas de Paredes de Coura e a súa contorna, para mostra a subida ao miradoiro do Corno do Bico contemplando ao lonxe as montañas nevadas e novamente a baixada continuar un maravilloso paseo entre árbores  nun mañá ao principio foi fría e con resto de neve e xiada, mais logo cun sol deslumbrante que acompañou nesta ruta sen grandes desniveis e bastante ben sinalizada.




martes, 30 de enero de 2018

Paredes de Coura (Portugal)

O próximo domingo 4 de febreiro partiremos desde a praza de España(igrexa parroquial)  ás 7.30 da mañá para realizar una ruta por Portugal: Paredes de Coura.
Percorrido: 12 kms pola paisaxe protexida dos Bosques  do Corno do Bico.
Dificultade: baixa-moderada.
Prezo: 30 euros(bus+comida)

sábado, 20 de enero de 2018

Ruta a Riveira- praia do Vilar


Neste inicio de ano tivemos moita sorte co tempo, xa que a pesar dos días tan chuviosos que precederon, neste domingo aínda que amaneceu anubrado foi clarexando e tivemos un sol estupendo na nosa ruta que comezamos en Riveira.
No primeiro tramo foi de subida ao monte  do Castro e pasamos polo bonito parque de San Roque e o seu mirador desde o que se contempla Riveira e a ría de Arousa,e un lugar moi recomendable para estar con reproducións de un dolmen, pallozas, pombal  e outos elementos, unha área recreativa agradable.


Continuamos e seguimos subindo para pasar polo mirador da Ra que mira ao mar aberto desde o que se contempla toda a costa da praia de Vilar e Corrubedo coas dunas e as lagoas de Vixán e Carregal, un lugar  impresionante. Seguimos o percorrido polo monte para ir baixando ata a praia do Vilar que estaba preciosa coas ondas e o mar picado, fomos indo polas pasarelas de madeira ata o centro de información do espazo da praia do Vilar e Corrubedo, e de alí pola costa e atravesando a aldea de Vixán,  achegámonos ao mirador da lagoa do mesmo nome que estaba chea de auga, unha bonita zona de marismas e xunqueiras; un pequeno recorrido de 5 km ida e volta desde a praia do Vilar.

martes, 9 de enero de 2018

Ruta Riveira-praia do Vilar

O domingo 14 de xaneiro reanudamos as rutas, desta vez para achegarnos a Riveira e realizar unha ruta  de 13km cunha dificultade fácil. Partiremos as 8.00 da maña da praza de España,na igrexa parroquial.
Prezo 25 euros por persoa

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Fontefría- Capela de San Cibrán (Catoira)
















Como todos os anos e un máis os Cen Pés fixemos a última ruta do 2017 para  facer o que nos gusta compartindo  cos amigos e seguindo a tradición de colocar o noso Belén nun rinconciño da nosa terra, desta vez foi elexida  Catoira e a capela de San Cibrán.
Reunímonos as 10.00 en Fontefría para ir polas pistas do  monte Xiabre cara ao interior da ría nunha mañá fría pero agradable para camiñar este  recorrido que vai paralelo ao río Ulla que dicurría alí abaixo cuberto de néboa, un recorrido no que se contempla como a nosa ría de Arousa vaise abrindo ao mar tan bonita, tan máxica que da alborozo mirala, retela nos ollos mentras imos falando todo o rato con uns  e  outros amigos deste xeito chegados a altura de Catoira, o camiño baixa en forte desnivel por sendas de monte, das de sempre e chegamos a destino: a capela de san Cibrán, unha cabaralleira prciosa e acolledora coas súas  mesas, regato, igrexa, crueiro, e unha alfombra chea de follas ....aquí despedimos o 2017 celebramos o aninovo, papamos e bebemos e como no!!!..escondimos o Belén de CEN PÉS!!!, ese que nos trae sorte para as futuras  rutas do 2018.




lunes, 18 de diciembre de 2017

Fontefría-Capela de San Cibrán

O Domingo 17 de decembro partimos para facer a última ruta do 2017 desde a igrexa parroquial ás 9.30 e tamén desde Fontefría en Xiabre ás 10.00 para ir ata a capela de San Cibrán en Catoira.
Dificultade: fácil
Percorrido: 10km.(circular de ida e volta)
Compartirmos turrones, dulces e colocaremos o noso Belén.

jueves, 30 de noviembre de 2017

Ruta Sabucedo- Codeseda


Neste día tan soleado collemos carretera ata Estrada para facer unha ruta tan popular como a que fan cada ano na Rapa das Besta en Sabucedo. Partimos desde o curro onde reunen as bestas, un espectáculo ao que nunca asistín, así que foi novo para min, rodeado dunha preciosa carballeira.
 Cruzamos a aldea e baixamos ao río, pasamos por diante de varios muíños, os de Vesacarballa, unha zona moi bonita.
Continuamos por carballeiras e fomos subindo ao alto do monte a uns 964 m de altitude con menos vexetación e  árbores  onde pastan vacas e bestas en total libertad. Desde alí distínguense ao lonxe neste día claro as distintas pobacións da contorna ata as torres do areoporto de Santiago e din que nos días máis claros as torres da Catedral de Santiago.
Fomos  baixando  para ir paralelos ao río Umia e logo ao regueiro de Fontefría, así novamente entre prados chegamos a aldea  Agrela e de aí rematamos na carballeira de A Sagrada en Codeseda.