Neste día tan soleado collemos carretera ata Estrada para facer unha ruta tan popular como a que fan cada ano na Rapa das Besta en Sabucedo. Partimos desde o curro onde reunen as bestas, un espectáculo ao que nunca asistín, así que foi novo para min, rodeado dunha preciosa carballeira.
Cruzamos a aldea e baixamos ao río, pasamos por diante de varios muíños, os de Vesacarballa, unha zona moi bonita.
Cruzamos a aldea e baixamos ao río, pasamos por diante de varios muíños, os de Vesacarballa, unha zona moi bonita.
Continuamos por carballeiras e fomos subindo ao alto do monte a uns 964 m de altitude con menos vexetación e árbores onde pastan vacas e bestas en total libertad. Desde alí distínguense ao lonxe neste día claro as distintas pobacións da contorna ata as torres do areoporto de Santiago e din que nos días máis claros as torres da Catedral de Santiago.
Fomos baixando para ir paralelos ao río Umia e logo ao regueiro de Fontefría, así novamente entre prados chegamos a aldea Agrela e de aí rematamos na carballeira de A Sagrada en Codeseda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario