O Domingo 17 de decembro partimos para facer a última ruta do 2017 desde a igrexa parroquial ás 9.30 e tamén desde Fontefría en Xiabre ás 10.00 para ir ata a capela de San Cibrán en Catoira.
Dificultade: fácil
Percorrido: 10km.(circular de ida e volta)
Compartirmos turrones, dulces e colocaremos o noso Belén.
lunes, 18 de diciembre de 2017
jueves, 30 de noviembre de 2017
Ruta Sabucedo- Codeseda
Neste día tan soleado collemos carretera ata Estrada para facer unha ruta tan popular como a que fan cada ano na Rapa das Besta en Sabucedo. Partimos desde o curro onde reunen as bestas, un espectáculo ao que nunca asistín, así que foi novo para min, rodeado dunha preciosa carballeira.
Cruzamos a aldea e baixamos ao río, pasamos por diante de varios muíños, os de Vesacarballa, unha zona moi bonita.

Continuamos por carballeiras e fomos subindo ao alto do monte a uns 964 m de altitude con menos vexetación e árbores onde pastan vacas e bestas en total libertad. Desde alí distínguense ao lonxe neste día claro as distintas pobacións da contorna ata as torres do areoporto de Santiago e din que nos días máis claros as torres da Catedral de Santiago.
Fomos baixando para ir paralelos ao río Umia e logo ao regueiro de Fontefría, así novamente entre prados chegamos a aldea Agrela e de aí rematamos na carballeira de A Sagrada en Codeseda.
martes, 31 de octubre de 2017
Ruta de Sabucedo
Informamos que a próxima saída será o domingo 19 de novembro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía partiremos a Estrada para realizar a ruta de Sabucedo a Codeseda.
Distancia: 13 km, lineal.
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros( bus+comida)
Aberto o prazo de inscripción
Distancia: 13 km, lineal.
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros( bus+comida)
Aberto o prazo de inscripción
martes, 10 de octubre de 2017
Ruta Maquino Largaño-Luintra
Esta ruta descorre pola Ribeira Sacra, polo que é fermosísima.
Fixemos un tramo do antigo Camiño Real que vai dos Peares ao mosteiro de San Estebo do Sil, este camiño tamén coñécese polo nome de Maquino Largaño,que en xerga dos afiadores significa "Camiño longo", do que se pode senderear os 21 kms ou menos, uns 14 kms que está no PR-G 178, está moi ben sinalada e enlaza con outras rutas da zona. Nos fixemos unha variación desde a aldea de Luintra que pertece ao concello de Nogueira de Ramuín.

A ruta é preciosa porque vai por bosques, carballeiras e soutos con árbores preciosas que aínda levan postas as súas follas, pero tamén deixaban caer outras tantas tapizando os camiños e facendo todo máis agradable si cabe.
Fomos en plena celebración do Samaín e atopamos en parte do recorrido adornado con estampas de medo, esqueletos, morcegos, visceras de animais colgadas, arañeiras etc, fomos pasando por distintas aldeas Monteverde, Mundín, Bidueiro, un camiño para disfrutar con varios monumentos que ver como as mámoas da Moura, e o miradoiro de Pedra Longa por onde pasamos pero que non se distinguía nada pola néboa: Fomos subiendo de zonas baixas a unha certa elevación desde onde chegamos a divisar o Sil ao lonxe e o Mosteiro de San Estebo para logo volver a baixar.
O camiño que leva ao mosteiro foi realmente unha maravilla con castiñeiros centenarios e ainda coas rodeiras dos carros labradas nas pedras, a veces máis estreito entre muros cheos de musgo, serpeteando para salvar aos desniveis. Así contemplando a paisaxe, a aldea no alto, o mosteiro no outro lado do monte entre as árbores, chegamos a San Estebo e lle fixemos unha visitiña e seguindo camiño rematamos na aldea de Pombar con esa alegría que deixa unha boa experiencia.

lunes, 9 de octubre de 2017
Saída a Luíntra (Ourense)
Informamos que o domingo 29 de outubro realizaremos unha saída pola Ribeira Sacra, a ruta coñecida como "Maquino Largaño" ou PR-G 178, unha ruta homologada que discurre por carballeiras e soutos e vai por parte do antiguo Camiño Real que leva ao mosteiro de San Estevo.
A hora de partida é as 7.30 da mañá desde a praza de España. Tende en conta ho cambio de horario do sábado noite no que hai que retrasar unha hora.

Distancia: sobre 14 kms, pero probablemente faremos sobre 12 km.É circular.
Dificultade: moderada con pendiente cortas pero fortes.
Inscripción: 25 euros.
sábado, 30 de septiembre de 2017
O Vicedo- Fuciño do Porco
Esta foi unha ruta preciosa para principio de tempada.
Nun día fermoso sen unha nube no ceo collemos camiño hacia o norte, paramos en Viveiro para almorzar e seguimos co bus ata o aparcamiento que leva ao Fuciño do porco ou punta Socastro, deixando atrás a aldea e a praia da Abrela. Do pequeno aparcadoiro ata a costa tivemos que facer un treito de monte e costa que vai baixando ata os cantís. As vistas son espctaculares desde o primeiro momento porque se divisa ao lonxe os cantís que miran a o Vicedo e illa Coelleira, segundo fómonos acercando xa se distingue Punta Socastro chamado Fuciño de Porco que é un macizo de rocha que métese no mar, e ao que pode chegar a través unhas pasarelas de madeira, desde alí vese toda a costa, a esquerda o praia e a ensenada de Pereira e illa Coelleira e a dereita o illote A Gaveira, a praia de Abrela e a entrada da ría de Viveiro, Todo un espectáculo impresionante; fixemos este recorrido de ida e volta para volver ao bus e parar de camiño no mirador coñecido como o Miradoiro da Ria de Viveiro. Continuamos un treito máis adiante a medio camiño da praia de Area Grande, que é onde comeza ou remanta a ruta PR-G 156; nós acortámola un pouco polo tempo, así collemos a costa e fixemos sobre 3 kms ata o miradoiro de illa Coelleira, que está enfrente, seguimos disfrutando do paseo e pasamos pola praia de Xilloi, grande con área recreativa e máis adiante por unha máis recollida e area branca e ao lado dunha antiga fábrica de salazón, a praia de Caolín e collendo o paseo que leva ao puerto de O Vicedo pasamos pola praia de O Vidriero, as tres cun auga, e unha area fina e limpas que daba envidia non poder bañarse. Chama a atención aquí a costa estaba chea de ostras nas pedras das praias que distinguíanse moi ben por estar a marea baixa. Rematamos no porto de O Vicedo.

sábado, 23 de septiembre de 2017
Ruta a O Vicedo
CEN PÉS comeza o outono con novas rutas para o 2017-18, así é que o domingo 8 de outubro realizaremos unha ruta costeira por o Vicedo; partimos ás 7.00 da maña desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
As rutas serán a de Fuciño do Porco (4km) e o PR-G 156 de Costa do Vicedo (11kms)
O prezo por persoa son 30 euros (bus+comida), xa se poden apuntar os senderistas o luns 25 de setembro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)