miércoles, 4 de marzo de 2015

Ruta na serra de Arga (Caminha)

O próximo domingo 22 de marzo ás 8.00 da mañá partiremos cara  Portugal para facer unha ruta pola zona de Camiña na serra de Arga.
Percorrido: 12 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa por bus e comida.
Está por determinar a percorrido concreto que faremos, dependendo do tempo e do estado dos camiños. Pero aquí tendes información....
SERRA DE ARGA

miércoles, 18 de febrero de 2015

Roteiro das Ferbenzas de Toques(Melide)

 Nesta ruta o tempo non nos acompañou, pois iniciamos a saída con chuvia , non moi forte pero molesta..
Partimos desde a aldea de Souto para realizar esta ruta circular,  fomos por pista nun principio rodeados de prados separados na maiora das veces con balados tapizados de musgo e cada vez fomos metendonos por camiños que estaban terriblemente enlamados mellor é dicir enchoupados pero aínda así non desluciu a paisaxe que sen ser espetacular si era bonita entre camiños rodeados de carballos e prados verdes e algunha que outra aldea con boas construcións así pasamos por  Paradela e seguimos ata a pequena área recreativa , cruzamos o río e fomos mais preto del. Tivemos unha subida desde onde pódese contemplar a ferbenza desde lonxe pero co mal tempo no ser percibía con claridade. Así chegamos a Ferbenza de Toques, que estaba espectacular con moita auga , aquí  xa estivemos noutras ocasións que realizamos unha das dúas que partes desta zona.
A maioría de nós continuou a ruta seguindo o curso do río, outro rematarona é volveron no bus.
Este tramo do río foi quizás o máis enlamados pero tamén o máis bonito; volvemos outra vez a Paradela pasando diante da igrexa e desde aquí podíase volver por onde inciamos a ruta ou ir pola variante 166.1 que subía ata o lugar da ermita e baixaba novamente para chegar tamén ao Souto.
Unha pena por que cos camiños tan enchoupados tivemos que estar moi pendientes de onde pisabamos en lugar de disfrutar da paisaxe. Pero grazas a esto dámonos conta o importante que é ir ben equipados cun bo calzado, bastóns, capas e polainas cun tempo como o que tivemos.

 




sábado, 14 de febrero de 2015

Roteiro das fervenzas de Toques, PRG-166

O domingo 1 de marzo senderaremos polas terra de Melide, exactamente marcharemos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía para realizar o percorrido PRG-166 coñecido como "O roteiro das fervenzas de Toques", zona pola que camiamos algunha vez.
Distancia:14kms
Dificultade: media

Recomemdamos nos olvidarvos dunha boas botas de senderismo e bastón a ser posible.

Máis información e mapa

viernes, 13 de febrero de 2015

Senda do Arenteiro

Como tiñamos previsto, partimos do parque de Carballiño sobre as 10.00 tras almorzar. Seguindo a beira do río  chegamos ata chegar aos muiños das Lousas, onde cruzamos o Arenteiro e pasamos ao lado dereito.
A partir de aquí o aspecto da ribeira cambia absolutamente, dun recorrido lineal e máis domésticado a unha zona boscosa onde o río preséntase doutro xeito, baixa espumoso, xoguetón entre pedras e pequenas fervenzas, con seus recunchos, rodeado de carballos e rochas vestidas de verde, de musgos onde a luz do sol reflíctase e impacta ao senderista, que cruzando a ponte e as pasarelas de madeira, sinte que vai baixando a outro mundo, a outro espazo-tempo...como se nos adentrásemos a esa Galicia de sempre...
Seguimos seducidos polo Arentieiro, que atraenos enormemente e marca a paisaxe do arredor, cruzamos o río outra vez, e incluso separámonos del para chegar a aldea de Ponterriza e de aí  a través de mestas carballeiras chegar a Moldes; tamén aquí impresiona os contrastes de cores, as  texturas...os camiños alfombrados de follas e as árbores desnudas,  só vestidas  cuns fiachos de musgos. En Moldes, atopamos de repente a gran igrexa e o gran carballo centenario, agrupámonos novamente e volvemos a coller  a senda do río cruzándolo por unha preciosa ponte medieval ata chegar a Paradela con viñedos, unha ben conservada igrexa e unha bonita estampa de terrazas e casas diseminadas salvando os desniveis do terreo. E así pensando  sobre a sabiduría popular para dar solución a tantas cousas e o ben que se aclimata a modernidade  por estos lares seguimos hacia Cimadevila, unha aldea de bellas e importantes casas e fonte, continuamos por carballeiras e camiños limitados por muros tapizados ata chegar a última ponte. Aquí algúns acercámonos ao Pozos dos Fumes, onde o río, cando leva moita auga,  faise nube ao cae apretado entre as rochas; desta vez non tiña tal  coma a última vez que fixemos este tramo vai nove anos, pero segue igual de bonito. Con este disfrute chegamos a Pazos de Arenteiro, un lugar con encanto cada vez mellor conservado e igualmente respetuaoso coas construccións tradicionais. 
Unha ruta preciosa, que despesta todos os sentidos moi recomendable para todo o mundo, moi ben sinalada e conservada, agás o desvío do Pozo dos Fumes no que hai tramos deteriorados da pasarela de madeira.

jueves, 29 de enero de 2015

Senda do Arenteiro- Carballiño

O domingo 8 de febreiro partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ata Carballiño.
Desde alí iniciaremos a senda do Arenteiro desde o parque de Carballiño.
Distancia: 11.5 kms.
Dificultade: baixa.
Percorrido: Parque de Carballliño, Pena dos Namorados, Muíño do Anxo, Ponterriza, Moldes, Paradela, Cima de Vila, Cabanela e Pazos de Arenteiro.
Prezo por persoa de bus e comida:25 euros
Máis información en:

Senda do Arenteiro

domingo, 25 de enero de 2015

Ruta Santiago- Negreira

Partiuse desde a praza do Obradoiro, tocou desta vez mal tempo, con chuvia non moita para si a suficiente para impedir ver a torres da catedral ao lonxe con nitidez como desexasemos. Unha ruta sen grandes desniveis e agradable, a parte máis bonita foi chegando a  ponte Maceira, ao río e o pobo moi bonito. Continuamos ata Negreira e en lugar de facer 17 km, fixeronse 21km. Pero mereceu a pena.

miércoles, 7 de enero de 2015

Santiago-Ponte Maceira

Iniciamos o 2015 con nova ruta, un tramo do Camiño de Santiago cara a Fisterra.
Partiremos o domingo 18 de xaneiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía, para realizar este tramo do Camiño que chega ata Negreira pero do que nós andaremos uns 17 kms ata Ponte Maceira.
A dificultade que presenta a similar a outras etapas do Camiño....



Vinde ben almorzados porque pode ser que non atopemos cafeterías abertas.
O prezo da saída son 25 euros por persoa por comida e bus a ingresar na nosa conta de ABANCA.