sábado, 20 de mayo de 2023

Ruta de Alba(20/05/2023)

 No fin de semana do 20 ao 22 de maio, aproveitando que en Vilagarcía o luns era fetivo local, adicado a Sta Rita, os Cen pés realizamos unha saída de tres días  a Asturias, e  cada día programouse unha ruta.

O sábado fomos directos a percorrer a Ruta de Alba.  Partimos do pobo de Soto de Agues para realizar esta ruta fácil de recorrido lineal de 7.1 km + 7.1 km, ida e volta,  que vai paralela ao río Alba, en leve pendiente ascendente por unha senda asfaltada durante cinco kilometros ata chegar a unha pequena área recreativa, zona que lle chaman a Vega. Dende a alí a subida ten máis pendiente e cambia a senda de terra que adéntrase por un desfiladero onde as paredes da montaña caen en moitos sitios en voladizos, teitos de rocas que suspéndense sobre o camiño, e o río estreitase formando pozas e fervenzas, un entorno precioso no que só se escoita o ruído da auga e o paxaros e o olor a terra e húmedade está no ambiente. Así acompañados desa paisaxe impresinante na que as rocas e os picos teñen formas evocadoras chegamos á Cruz de los ríos, onde hai un antiguo refuxio de pastores e zona de descanso con mesas, alí comimos.

Tras o xantar   fixemos o retorno, redescubrindo o impresionante entorno desta parte do parque natural de Redes, que por algo foi declarada esta Ruta de Alba  Monumento Natural desde o 2001.

 









De Soto de Agues marchamos a Langreo directamente ao hotel AZZ Langrehotel.



domingo, 23 de abril de 2023

Ruta da Auga de Zas (23 de abril)

 O domingo 23 de abril, saímos cara ao concello de Zas para realizar o percorrido PR-G 250 ruta da Auga de Zas, unha ruta nova e moi ben sinalada, sen confusión para os senderistas. 

Foi unha ruta  circular, fácil de 10.5 km ampliable a 15 km. O inicio comenza cerca da aldea de Ponte de Sisto, e rematamos onde empezamos.  Camiñamos  por unha ruta  moi bonita que discorre en todo momento o lado de ríos e sembra de muiños e con tres fervenzas. Tras pasar a aldea de Budián, está a primeira, tras a aldea de Parga está a segunda, co mesmo nome e a última é a de Rabiñoso.

Unha ruta que descorre por sendas recuperadas de tempos pasado e  con moita vexetación, fentos e árbores de ribeira e carballos  e como non con pontellas.




lunes, 3 de abril de 2023

Ruta "Trilho dos Canos de auga"Viana do Castelo(02/04/2023)

 

 Este domingo desprazámonos ata Viana do Castelo(Portugal) para realizar a ruta de "Trilho dos Canos de agua", que comeza e ramata aos pés do santuario do Monte de Santa Luzia, ao lado da Citania (o Castro de Sta Luzia) que foi un poboado fortificado habitado entre a Idadee de Ferro e a Romanización.

A ruta comeza en descenso ata chegar aos "Arcos do Fincao", arcos do acueducto aue forma parte do sistema de abastecementos de augas de Viana. A partir de aí fomos seguindo a traída de agua construída cos bloque de granito perforados, fomos subindo ata chegar a aldea de San Mamede, que cruzamos e rexuntámonos todos os senderista o lado do templo, Continuamos a ruta ata o "alto do Frade" onde hai unha antiga torre de  control aéreo da 2ª guerra mundial, chamada "A casa do radar para  comezar o regreso en descenso ata o lugar de partida.

Díficultade: fácil

Distancia:11.5Km 







 

viernes, 10 de marzo de 2023

A Garda- Oia

 O domingo 12 de marzo Cen Pés realizou a ruta costeira entre A Garda e Oia, corrspondendo a 1ªetapa do Camiño de Santiago portugués

Distancia: uns 15kms

Dificultade: fácil






domingo, 19 de febrero de 2023

Fervenza do Rexedoiro(PR-G202) Val do Dubra(Bembibre)

 O domingo 19 de febreiro os Cen Pés fixeron unha ruta polo Val do Dubra en Bembibre, exactamente o percorrido PR-G202 de Fervenza de Rexedoiro. Ruta circular que comeza no campo da feira de Bembibre.

Desde aló,o camiño transcorre pola ribeira  dereita do río Dubra ata a Insua de Santa Mariña de San Román, desde onde vólvese ao inicio. Neste percorrido, desvíase ata o cauce do Rego do Portonabo, afluente do Dubra, que forma una fervenzaa en dous tramos, sumando uns 10 metros de desnivel.

O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores, así como terras agrícolas de cultivos e praderías con zonas forestales. Entre estas últimas, o itinerario transita por zonas de repoboadas e outras autóctonas con acivros, sobreiras, loureiros, carballos e castiñeiros.

Distancia: uns 14,5 kms 

Dificultade: moderada 






domingo, 29 de enero de 2023

De Ribeira a Pobra do Caramiñal

 Cen Pés comezou o ano acercándonos ao outro lado da ría para facer este percorrido lineal de Ribeira a Pobra do Caramiñañ o domingo 29 de xaneiro.













domingo, 11 de diciembre de 2022

Senda fluvial-Castro de Couso-Xirimbao-Pontevea

 O Domingo 11 de decembro Cen Pés achegouse a Pontevea para facer unha ruta circular ata oXirimbao novamente volver a Pontevea. Así despedimos o ano 2022.