lunes, 4 de febrero de 2019

Roteiro de Cortegada(Ourense)

O domingo 24 de febreiro os Cen Pés parte desde a praza de España ás 8.00 mañá para realizar o "roteiro de Cortegada", unha ruta de río e monte.
Percorrido: 14 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25 euros persoa(bus+Comida) o menú será cocido galego.

Roteiro de Cortegada

Ruta Foxo do Lobo(Cotobade)

Esta ruta como as que vemos facendo ultimamente foi circular e impresionante, con camiños por carballeiras, algo de monte alto e despexado,  corredoiras, camiños empedrados, pontes, aldeas abandoadas, muíños e ribeiras do río Almofrei: unha marabilla.
Partimos despois do pertinente almorzo diante da antiga casa do concello de Cotobade de 1808 en Carballedo, en A Chan, sinalar que estamos en terra de grandes canteiros, o que se ve en todas as construccións desta zona, as antigas casas, pazos, muíños, hórreos, pontes e pontellas.
 Baixamos á piscina fruvial e área recreativa que hai a beira duns muiños que aproveitan a auga do río Almofrei, afluente do Lérez. Facemos un primeiro paseo polo  río para volvelo a cruzar por riba dunha pontella fermosa con cinco losa de ancho, con seis tramos iguais, unha obra de cantería. Collemos camiño da estrada que leva a Aguasanta, pasamos diante dun pazo e subimos cara o monte, cruzamos novamente o Almofrei, polo camiño atopamos casas de catería e un amigable gatiño que sae a saludarnos. Seguimos en subida por pendiente cada vez máis suaves por camiños rodeados de carballeiras, con exemplares impresionantes, tamén na parte máis elevada a paisaxe cambia con menos vexetación entre piñeiros e toxos, encontramos aquí o verdadero antranco desta ruta, os camiños encharcados. 
Logo comenzou a baixada cara ao Foxo do lobo, rodeados novamente de carballos ata chegar a depresión máis baixa, o Foxo do Lobo, unha trampa para cazar lobos onde  xúntanse dous muros de pedra entorno a un pozo, un lugar tan fermoso nesta carballeira atravesada por un tranquilo regato.. 
Nós volvemos a subir a parte despexada e soleada para recontrarnos coas vistas e  para volver a baixar cara ás ribeiras do Almofrei, así sumerxímonos no mundo máxico das carballeiras, congostras e das beiras anegadas do río, cruzamos a bonita ponte de Serrapio, pasamos pola aldea abandoada de Arufe...estes impresionantes lugares o musgo,  a auga, a natureza ten aínda vida propia, que pese aos intentos de domesticala, volve a recuperar o que é de seu. E nós con estes pensamentos e pasando por prados, máis muíños e  pontellas volvemos a Carballedo.



 

miércoles, 30 de enero de 2019

Ruta Foxo do lobo (Cotobade)

O próximo domingo 3 de febreiro partiremos ás 8.30 da mañá desde a praza de España para patear a ruta coñecida como "Foxo do lobo" en Cotobade.
Percorrido: 11.5km circular
Dificultade: Baixa
Prezo:27 euros. Prazas xa completas

Ruta : Foxo do lobo

martes, 15 de enero de 2019

Ruta río Maneses( Campo Lameiro)

Esta ruta é circular: O bus deixounos na estrada e baixamos ata río para incia a ruta onde hai unha ponte, a que volveremos ao rematar.
Así pois comezamos a andar na beira do río Maneses nunha mañá sen chuvia con moito frío e campos    brancos pola xeada. O río tiña unha certa bruma. O Maneses é  bulideiro, corre balarín con augas limpas e unha vexetación de ribeira  variable con prados e sobre todo  un bosque  exuberante cheo de árbores cobertas de musgo  (ata as raíces que sobresaen da terra o tiñan), de fentos, etc...A senda  pasa o lado de moitos muíños abandoados, en diferentes estados de deterioro, nun  sube e baixa entre as follas caidas das árbores, cruzamos varias pontes sobre o río  e chegamos a área recreativa de Lodeiro, onde se xunta co Lérez. 
Fomos un tramo de percorrido ao lado do Lérez nun senda máis despexada xunto a un río máis amplo e tranquilo. Chegamos ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, fixemos unha paradiña, pero non entramos para continuar e volver as ribeiras de Maneses.
Esta preciosa ruta, que non ten problema ningún, está dentro da Rede Natura 2000 como espazo protexido polo seu valor ecolóxico e paisaxístico. E merecente de repetir.

sábado, 12 de enero de 2019

Sendeiro do río Maneses (Campo Lameiro)

O domingo 13 de xaneiro inauguramos o 2019 cunha ruta de ribeira, polas beiras do río Meneses en Campo Lameiro, PR-G 230.
Distancia: 11.5 km.
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros.(comida+bus)

lunes, 17 de diciembre de 2018

Ruta Porto do Son-Castro Baroña


Esta foi a última ruta do ano. Estaba proxectada unha saída polos picos da serra do Barbanza pero a climatoloxía non o facía recomendable polo ventos e a mala visibilidade, así pois os directivos optaron por realizar un percorrido circular sobre 9 kms entorno a Porto do Son: Ruta do Castro Baroña.


Despois do almorzo en Porto do Son, o bus acercounos a praia de Arnela, uns kms antes do inicio, e fixemos un pouco da ruta da praia da Arnela, así cruzamos dúas veces a estrada AC-550 para achegarnos a ver o mar de cerca en Punta Inxida e logo engarchar coa ruta do Castro de Baroña, que pasa pola aldea de Baroña, e por diante da bonita igrexa do século XII adicada a San Pedro, logo subimos por camiños de monte e volvemos cerquiña do mar na praia do Dique onde o río Maior verte as súas augas.


 Aquí a vista do mar é preciosa, o paseo o ladiño da praia de Baroña vendo o castro ao lonxe foi  un paseo para o recordo e a meditación, para vaciar o estrés e só disfrutar coa simplicidade da contemplación do mar, da natureza en estado puro que sempre ten un poder balsámico.


Reunímonos no castro e alí celebramos un ano máis as festas, brindanos e comendo algún que outro doce e aniñando o noso Belén, moi preto  do mar.
Toca facer balance xa que  levamos un  ano máis nos nosos pés. Para   nós que somos realmente máis de cen pés foi un ano estupendo, sen incidencias, sen moitas molladuras con rutas preciosas e cada vez con máis amigos..non se pode pedir máis!!! unha marabilla y que siga...

sábado, 8 de diciembre de 2018

Ruta Porto do Son-Castro Baroña

O domingo 16 de decembro marchamos ás 9.00 da maña ata Porto do Son para facer unha ruta que rematará no Castro de Baroña, intentamos así evitar  as alturas da serra do Barbanza onde inicialmente estaba proxectada pero a climatóloxica impídeo.
Distancia: 9kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros (comida+bus)
Celebraremos como ven sendo habitual o Nadal con espumoso e dulces entre amigos!!!