O Domingo 16 de xuño os Cen Pés partiron a Portugal para facer unha ruta de montaña.
Unha ruta que foi desde a zona de Castro Leboreiro onde fixemos varias rutas ata a Nosa Señora da Peneda.
Unha ruta bonita con moitos desniveis e por camiños con grandes vistas panorámicas dos arredores, por sendeiros de pedras e grandes masas de granito que a erosión e o tempo foron esculpindo para dar unha paisaxe diferente.
Unha ruta impresionante con vistas espectaculares nesta última ruta da tempada 20117-18.
domingo, 17 de junio de 2018
viernes, 1 de junio de 2018
Saída a Cantabria (sábado-domingo)
O
sábado realizamos a ruta máis bonita desta saída, estaba pensada para
ir de Sotres a Poncebos, pero as cerradas curvas da estrada inpediunos
chegar ata Sotres polo tanto o bus só poido levarnos ata Tielve e desde
ahí acercáronos en taxis ata o punto de inicio: unha curva moi
pronunciada; desde alí subimos coa montaña en frente para logo baixar
cerca do rio Tejo que únese logo ao Cares. Alí arriba fomos nunha primeira parte por un camiño fácil atopando cabañas para o gando (invernales),
con lixero sube e baixa ata chegar ao Collado de Pandébano, unha braña
enorme onde pacen as vacas, é o punto máis alto 1200m, desde o que
contémplase a beleza destes picos. A segunda parte, de baixada hacia Bulnes foi máis complicada por senderos
estreitos con moita pedra sola, a diferencia de entre unha e outra é grande, de ver os picos desnudos pasamos a contemplar unha montaña repleta cunha exuberante vexetación e arbolado.
Descansamos e comimos en Bulnes ao que se pode chegar en funicular. A maioría de nos seguimos baixando pola fermosa garganta do curso do río Bulnes o Texu, este desfiladero impresionante con fortes pendentes, que pode ocasionar algunha dificultade as persoa con vértixe, é coñecido polo Canal de Texu, en realidade é un glaciar natural que vai do Urriellu a Poncebos, e ata o 2000 foi a única vía de chegar a Bulnes.

Por
tarde deixamos Potes, paramos polo camiño para ver máis de cerca o Pico
Urriellu iluminado coa luz laranxa do solpor, de aí que sexa nomeado
polo "Naranjo". Acompañounos no bus esa sensación de despedida camiño a Canga
de Onís. Aloxámonos no centro e fomos a pasear un pouco antes da cea.
O
Domingo despois do almorzo aproveitamos para visitar a mercado e feria
con productos locais e facer compras. Logo visitamos os lagos de
Covadonga, como deferencia a pericia de Eusebio deixáronos subir no noso
propio bus.
As vistas dos lagos coas montañas aínda con neveiros e neve nos cumios e o prados foron realmente preciosas. Tras este paseo, só quedou xantar e facer o camiño de volta cunha paradilla en Cudillero.
As vistas dos lagos coas montañas aínda con neveiros e neve nos cumios e o prados foron realmente preciosas. Tras este paseo, só quedou xantar e facer o camiño de volta cunha paradilla en Cudillero.
Uns días memorables con marabillosas rutas e paisaxes.
viernes, 25 de mayo de 2018
Saída a Cantabria(xoves-venres)
O día 17 de maio coa ponte das letras galegas iniciamos esta saída de varios días con destino a Cantabria, pero en realidade fixemos un paseíño por distintas provincias...León, Asturias e Cantabria, todos en común tiveron que son lugares espectaculares dignos de recorrer.
O xoves partimos con bo tempo(como en todos estes días) para facer unha ruta por Asturias, pero houbo cambio de planes porque a estrada a Cantabria estaba cortada e a directiva improvisou outra ruta por tierras leonesas na vía adecuda para chegar a Potes.
Así acercámonos ata Valdoré para senderear o PR LE-36 Camiño Real do Esla, en realidade descorre pola antiga calzada romana do Esla ou tamén Vía Saliámica, que separa aos astures dos cántabros e os comunicou á meseta norte desde a época romana, unha vía que consérvase moi ben en certos tramos como o "pajar del Diablo"(Villayandre), este camiño foi o único acceso ata o s.XIX que fixeron a nova estrada.
A senda é preciosa. Partimos desde o parking do restaurante Ventasierra en Valdoré, na ribeira do Esla, e fomos subindo entre carballos e sabinas, ata chegar ao entorno do "Pajar del Diablo" no que o camiño convírtese en balcón gañado a montaña, unha construción da época romana imponente, desde o que se contempla o meandro do Esla, por alí paramos a comer os bocatas para seguir ruta de baixada a lado do río coa montaña a vista ata a Emita da Virxen de Pereda e de ahí ata Salas, onde pillounos un pequeno chuvasco.
Continuamos camiño pola N-621 León-Cantabria pasando polo pobo e o enorme encoro de Riaño e fixemos parada no portobde San Glorio a 1609m. de altitude contemplando ao lonxe os Picos de Europa. Sen percance chegamos a Potes onde aínda saímos a pasear polo pobo e tomarmos unha sidrina.
O venres madrugamos para facer unha ruta circular a Potes. Saimos desde a ponte medieval de san Caetano en Potes seguindo o curso do río Quieviesa hacia as partes altas que rodean o pobo cheas de pastos onde pacen as vacas protexidas dos lobos por mastines.
A vexetación estaba rebosante de todo tipo de arbustos e árbores: encinas, madroños, chopos e carballos, tomillos e lavandas, pois neste val do Liébana hai un microclima especial. Segundo fomos subindo entre sobreiras á aldea abandoada de Porcieda a pendente aumentaba ata chegarmos a 637m. Para volver a Potes atravesamos o sobreiral de Tolibes ata o santuario de Valmayor que aínda estaba máis alto a 657m.e ten unhas vistas excepcionais do val e dos Picos de Europa.

Pola tarde acercámonos a Fuente Dé, achegamonos no teleférico ao máis alto do Picos que aínda tiña unha gran cantidade de neve facendo o lugar aínda máis bonito. Á volta paramos no mosterio de Santo Toribio de Liébana a facer unha visita.
lunes, 14 de mayo de 2018
Saída a Cantabria(Potes)
Informamos que o xoves 17 de maio ás 8.00 da mañá sairemos hacia Cantabria, Pontes.
Faremos unha primeira parada e ruta por Asturias na zona de Cudillero sobre uns 10 kms.
Máis información de camiño.
Faremos unha primeira parada e ruta por Asturias na zona de Cudillero sobre uns 10 kms.
Máis información de camiño.
domingo, 29 de abril de 2018
Ruta de castro de Doade(Lalín)
Esta ruta é de nova creación, inagurárona en outubro do ano pasado e polo tanto está moi ben sinalizada e non ten pérdida, ademais é circular, uns 14 kms.
Partimos desde Codeseda, a aldea que ten un museo etnográfico na "casa do Patrón", pero estaba pechado, xa de saída estabamos rodeados de prados e fomos dereitos ao monte repelto de árbores, castiñeiros centenarios e caballos, seguimos os sinais por camiños e chegamos pronto á beira do río. Por aquí pasan dous o Asneiro e o Lobozán.
A paisaxe de ribeira estaba preciosa. Pasamos por debaixo da autopista e seguimos ruta por estas terras que a verdade é que estaban bastante anegadas, pois ainda que non nos choveu moito, o a terra non chupaba máis e moitos caminos estaban enchoupados.
Xuntámonos todos na aldea de San Xoán de Vilanova, que ten unha capela moi xeitosa, sobre todo por dentro con teito de madeira. Ali nesta Vilanova fixemos a foto de grupo para logo seguir por estes paraxes máxicos, de auga e bosques no que non atopamos ningún eucalito nin piñeiro ao longo da senda, só muíños abandoados na ribeira do río. Hacia o final da ruta acercámonos a rodear o imponente carballo, catalogado como o máis vello de Galicia.
sábado, 28 de abril de 2018
Ruta Beluso- Cabo Udra(Bueu)
Neste día nuboso, que foi abrindo ao logo da mañá, comezamos os Cen Pés o día no porto de Bueu, onde tomamos o almorzo, e de aí acercámonos ao porto de Beluso, o inicio da ruta, camiñamos ata o final do mesmo e pasamos por diante da antiga fábrica de salazón de gran tradición na zona, e fixemos un treito de monte para coller unha senda costeira que vai baixo enormes eucalitos a beiriña do mar, unha senda desde a que se divisa o outro lado da ría (Raxo, Sanxenxo) e pequenos cantís e caliñas con auga cor turquesa, saintes rocosos como a punta Aguda.
Chegamos a primeira praia que cruzamos toda ao longo, a Tulla que tiña unha area fina como todas as demais. Fomos pasando por unha suceción de fermosas praias, A Morisca, a de Ancoradoiro, a de Lagos, Menduiña que é a máis urbanizada, a de Fancón, tamén pasamos polo humidal coñecido como a Escorregadoira, en definitiva disfrutamos desta costa rocosa onde rompen as ondas para rematar na praia de Areacova.

Acercámonosa Hío para comer e apreciar o precioso e famoso cruceiro. Tralo xantar e antes de retornar achegámonos a Donón, xunto a escultura da Bugina a contemplar a ría de Vigo e a illas Cíes que desde aquí parecen estar tan cerca. Unha maravilla de costa.
a.
viernes, 13 de abril de 2018
Ruta a Lalín
O domingo 29 de abril CEN PÉS relizaremos unha ruta polo concello de Lalín, a rutade Castro Doade ou PR-G 210.
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros
PR-G Castro de Doade
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros
PR-G Castro de Doade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)