lunes, 27 de febrero de 2017

Ruta Sistelo- Arcos de Valdevez (Portugal)

O domingo 26 de marzo os Cen Pés marchan por terras de Portugal desde Sistelo a Arcos de Valdevez, partiremos ás 8.00 desde a igrexa parroquial, trátase da ecovia de Vez da que faremos un tramo.
Distancia: 11kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros

domingo, 26 de febrero de 2017

Ruta dos faros: praia de Niñóns- Faro Roncudo

Como tiñamos previsto o domingo 26 partimos para continuar cunha etapa da ruta do faros xa que o ano pasado fixemos de Malpica ata cabo Noriga. Desta vez saímos un pouco máis adiante, desde a praia de Niñóns que é preciosa, cun areal longo e na que desemboca un regato. Baixamos a praia  para  subir polo pinar que hai detrás dela e seguir pola costa hacia os cantís que protexen a praia de Niñóns. Fomos por unha estreita senda con moitos fentos e xa na costa disfrutamos dun mar bravo con grandes ondas e distinguiendo o cabo Noriga ao lonxe hacia o norte. Nós seguimos cara o sur ao lado do mar para logo ir baixando ata a praia da Barda entre toxos, as vistas  foron impresionantes e o tempo deixonos tranquilos cun pequeno orballo de cando en vez que resfrescaba pero non molestaba e, o que non paraba era o vento que fixo da ruta algo emocionante facendo rugir o mar. 
Así chegamos ata  ensenada de Barda, espectacular esta entrada de mar en terra vista desde arriba. Reagrupámonos na praia e fixemos unha pausa porque logo tocaba subir polo monte arriba pasando polos aereoxeneradores co seu constante son e  enormes aspas, así chegamos a aldea do Roncudo tan apartada onde esperaba o bus; sen embargo,  algúns seguimos a ruta por un camiño dificultoso con subida e baixadas profundas, os camiños utilizados polos percebeiros  que levounos ao pé do cantís a disfrutar da parte máis espectacular e tremenda, toda  unha viaxe, unha aventura tan cerca deste mar rotundo e bravo, rodeamos ese monte rocoso que separa a aldea do Roncudo con faro do mesmo nome, que distinguimos na punta tan solitario e rodeado da espuma das ondas e o son do vento. En días como este entendes o porqué do seu nome: toda esta costa ronca, ruxe a un tempo, está viva coa súa peligrosa beleza.











martes, 14 de febrero de 2017

Rutas dos Faros: Praia de Niñons- Faro do Roncudo

O domingo  26 de febreiro partiremos desde a Praza de España  hacia a costa da morte para realizar un tramos das ruta dos faros que vai desde a praia de Niñons ata o faro do Roncudo en Corme, así facemos a continuación da que fixemos o ano pasado de Malpica ao faro de Punta Nariga.
Distancia: 14 kms
Dificultade: moderado
Prezo: 25 euros
Comerermos no mesmo restaurante qando fixemos a ruta de Malpica.

domingo, 12 de febrero de 2017

Ruta Os Peares-A Peroxa

Esta ruta coñecida como o PR-G 179 como Ruta polo Miño, está recomenda para facela desde A Peroxa ata Os Peares para aliviar o desnivel, xa que A Peroxa está a 486 m. de altitude,  deste modo baixase ata o Miño en Os Peares.
Os Cen Pés fixemos esta ruta ao revés,¿motivos? sobre todo pola climatoloxía, pois a noite anterior choveu moitísimo, de feito todos pensabamos que teríamos unha saída dificultosa, esvaradiza, e chuviosa, en cambio o tempo acompañounos e agás ao comenzo mentras almorzabamos e pouco máis, apenas caeron unhas pingueiras nada significativas.
Así partimos desde os Peares, un pobo  entre dúas provincias (Lugo e Ourense)  e entre tres ríos, onde se xuntan o Sil, o Miño e o Búbal, cun pasado máis revelante que o seu presente, coas súas casas pintadas de xeito pintoresco e a súa praia. Nós iniciamos a ruta na beira do Miño, coas mimosas en flor, preciosas pero moitas delas derrubadas no camiño polo tempo e a chuvia da noite, o río baixaba cheo e magnífico, incluso distinguimos algunha garza na ribeira. Así    na contemplación do río fomos subindo cada vez máis e disfrutando dos bancais das vides  e o río alá embaixo e os montes poblados de árbores autótonas con todas a gama de cores do verde aos pardos  así entretidoschegamos a Golfariz, unha pequena aldea na mitade do ruta, a partir de aí, a pendiente acentuose, e camiñamos acompañado do ruído da auga do río Barra que cruzamos por varios puntos e que baixa estreito e rodeado dun bosque de ribeira e algún prado, así acercámonos ao castelo da Peroxa que ten boas vistas e un poquiño máis a o pobo da Peroxa. Logo volvimos a Os Peares onde xantamos no mesmo bar no que almorzamos.













jueves, 2 de febrero de 2017

Ruta A Peroxa- Os Peares

Este domingo 5 de febreiro saldremos como sempre desdea praza de España pero esta vez ás 7.30 da maña para achegarmos á Peroxa e facer unha ruta de 10 km, cunha fidicultade moderada.
Recordade levar ropa de chuvia, bastóns e polainas pois ainda que mellora o tempo para o domingo, estará todo mollado.Tamén é recomendable ropa de reposto.
Máis información en...

PR-G 179-Ruta do río Miño

martes, 17 de enero de 2017

Ecopista Valença-Vilanova da Cerveira

Comezamos esta ruta na ribeira mesma do río Miño nunha mañá fría pero despexada con sol alto no ceo que invitaba a camiñar; subindo o río cara a Vilanova da Cerveira fomos por esta  ruta amable, nada esixente para nosas pernas só un pouco monótona por momentos, pero ben habilitada con pasarelas de madeira e camiño asfaltado que  faina accesible a todos os públicos, as biclistas, familias, paseo con cans, etc.
O día invitaba a camiñar pero non pola pasarela de madeira que estaba conxelada ata que non lle dera os raios do sol e parecía máis para patinar, percorrimos cerca das casas alternando aldeas, campos prantados con millo ou prados, pequenos portos pesqueiros coas súas barcas de cores, como do de Sao Pedro da Torre con portos deportivos, merendeiros e zonas de esparcimento, algunha praia, e pequenas pontes, a maioria  de madeira ou unha con corte medieval, para salvar os diferentes afluentes do Miño. Unha ruta sinuosa con árbores de ribeira e un río que amplo, ancho cheo de vida con diferentes tipos de aves, patos, ata traineras e doutro lado.... Galicia a golpe de remo coa mesma paisaxe que deste lado, unha paisaxe bonita e tranquila, non cabe dúbita,a pesar da intervención do home no trazado.
Ao final da ruta tras chegar a entrada de Vilanova de Cerveira, uns decidemos subir andando monte arriba ata o miradoiro do Cervo, e outros foron no bus.  O mirador é  un lugar dende oque  se contempla unhas vistas panorámica espectaculares. Os que subimos pola  empinadas escadinhas da Encarnao, só chegamos ata a capeliña tamén  cunhas vistas preciosas sobre o Miño.
Rematamos comendo en Caminha moi ben cerca da fortaleza.











lunes, 2 de enero de 2017

Ecopista Valença- Vilanova da Cerveira(Portugal)

Iniciamos o 2017 cunha ruta por Portugal: o domingo 15 de xaneiro ás 8.00 da mañá desde a praza de España partiremos hacia Valença para comezar esta ruta que é moi fácil.
Distancia:14 km lineal ao lado do Miño.
Dificultade: fácil, os que queiran poden ampliala, ascendendo ao mirador do Cervo ( 320m de altitude) que son 3 kms máis.
Prezo:25 euros (bus+comida)
Desde mañá martes xa podedes anotarvos.
Máis información
e tamén