jueves, 19 de mayo de 2016
A Garda- Santa Tegra
O domingo 12 de xuño partiremos os Cen Pés ás 8.00 da mañá desde a praza de España hacia A Garda para subir a Santa Tegra.
Percorrido: 12 kms ruta circular
Dificultade: moderada
Prezo: 25 euros por persoa (bus+comida)
Xa está aberto o prazo de inscripción.
A Garda - Sta Tegra
viernes, 13 de mayo de 2016
Saída a Somiedo
As saídas con varias rutas e de varios días sempre teñen un aquel especial, sobre todo cando se miran a través de recordo ou pasados uns días; pese ás horas de bus merecen a pena porque Asturias ademais é un lugar magnifico que nos pide regresar de vez en cando, e a ruta aos lagos de Saliencias era unha débeda pendente outra anterior na que o tempo impediunos subir ata alí.
O certo é que tivemos un tempo estupendo, a ruta de Desfiladero da Xanas, xa era coñecido para moitos de nós, pero é a un lugar tan espectacular non importa volver. Seguen impresionando os camiños feitos nas paredes da roca, como estes van ascendendo pouco a pouco sen grandes pendentes, o que fai que se poida disfrutar das vistas hacia arriba, asombrándonos cos picos e paredes de granito, das aves voando na punta, e tamén cada vez que mirabamos para abaixo, onde se distinguía as veces o río e outras se adiviñaba polo son da auga. Todo un espectáculo que vai cambiando de paisaxe, das cores das vetas e formas das rochas para ir transformándose un bosque forondoso de árbores ata chegar a aldea no que despexa e o primeiro que atopamos é un precioso herbal rodeados de montañas e a silueta a igrexa e detrás o pobo. Alí ao amparo da igrexa dimos conta do xantar para logo achegarnos o pobo que e pequeno e pintoresco, cheo de xente que sube ata alí para dar conta á "mellor fada do mundo". Despois do cafelito, noso pasos leváronos por onde viñemos é así volver a contemplar estes preciosos lugares.
O camiño no bus ata Pola de Somiedo foi impresionante, segundo íamos acercando a Somiedo a estrada estreitabase máis e íamos entre canóns, tremendas paredes de rocas, non deixa de sorprender esta inxeniería.
Chegamos a Somiedo, pobo xa visitado e instalámonos nos hoteis, dounos tempo a pasear un pouco e tomar algunha sidrina antes da cea.
Ao día seguinte tralo almorzo subimos ao alto de A Farrapona, o bus foi percorrendo uns 21 km desde Pola ata chegar a 1708m, altitude do Alto da Farrapona que pertece a provincia de León. Fomos contemplando polo camiño que foi lento, pola subida, todo o val do río Saliencia, e regatos que baixaban polos praderíos onde as vacas pastaban soltas, unha estampa bucólica salpicado con casas con tellado de palla, brañas e as montaña imponentes de fondo cos picos nevados.
Ao chegar arriba, estaba bo día, claro cun sol estupendo pero con neve que conservaba unha boa altura por zona, que decir...disfrutamos como miniños xogando un pouco coa neve antes de empezar a andar.
Unha percorrido maravilloso, coas montañas, as cores da terra, ferruxinosa, por vetas do ferro,no entorno ao lago de L Cueva, onde había resto da antiga explotación minera Sta Rita,, rodeamos este lago , fomos ascendendo e contemplamos o impresionante lago Calabazosa ou Lago Negro, mais profundo e escuro, continuamos o noso camiño e chegamos a braña onde atopamos o lago Cerveririz, no que se refleía os picos nevados, así fomos camiñando e baixamos pola outra aba das montañas entre o gando, e pola senda que chega ao pobo Valle del Lago, onde comimos maravillosamente, de aí despois de xantar collemos camiño de volta; uns andando ata Pola de Somiedo, outros no bus.
O últmo día cambiamos a ruta porque o bus era demasiado grande para acercarnos a ruta que tiñamos programada, finalmente realizamos unha ruta moi cerca de Pola, xa fomos andando, a do El Castro, un percorrido ascendente de 4km, en total ida e volta sobre un 10kms.
miércoles, 11 de mayo de 2016
Saída a Somiedo
Informamos que o domingo 15 de maio partiremos ás 8.00 da mañá desde a praza de España(igrexa parroquial) con dirección Proaza(Asturias), onde esperamos chegar sobre ás 13.00, para realizar unha ruta das dúas posibles:
A) Ruta das Xanas, que é un desfiladero precioso, cun certo parecido á ruta do Cares.
Máis información en:
Máis información en:
B) A Senda do Oso, unha ruta sen deniveis apena porque transcorre por unha antiga vía do tren, bonita e fácil de facer. Máis información en :
Comeremos en ruta polo que este primeiro día hai que levar cada un o seu xantar na mochila e auga.
Tras rematar as rutas tranladarémonos de Proaza a Pola de Somiedo para aloxarnos uns no hotel "Castillo del Alba"(3ª) e outros no "Palacio de Álvaro Flórez"(3ª). Posteriomente cenaremos todos xuntos no "Castillo del Alba".
O luns día 16, despois de almorzar faremos a "ruta dos Lagos de Saliencia"(14,5kms) que vai do Alto da Farrapona ao Val do Lago, onde comeremos para logo despois do xantar continuar ata Pola de Somiedo. Cearemos todos xuntos no "Castillo del Alba".
Máis información en:
Ruta Lagos de Saliencia
O mates día 17, faremos a ruta "La Peral- Villar de Vildas"(13 kms), á volta comeremos no restaurante de "Castillo del Alba" e posteriormente regresar a Vilagarcía para chegar sobre ás 21.00.
Máis información en:
Ruta La Peral- Villar de Vildas
Tras rematar as rutas tranladarémonos de Proaza a Pola de Somiedo para aloxarnos uns no hotel "Castillo del Alba"(3ª) e outros no "Palacio de Álvaro Flórez"(3ª). Posteriomente cenaremos todos xuntos no "Castillo del Alba".
O luns día 16, despois de almorzar faremos a "ruta dos Lagos de Saliencia"(14,5kms) que vai do Alto da Farrapona ao Val do Lago, onde comeremos para logo despois do xantar continuar ata Pola de Somiedo. Cearemos todos xuntos no "Castillo del Alba".
Máis información en:
Ruta Lagos de Saliencia
O mates día 17, faremos a ruta "La Peral- Villar de Vildas"(13 kms), á volta comeremos no restaurante de "Castillo del Alba" e posteriormente regresar a Vilagarcía para chegar sobre ás 21.00.
Máis información en:
Ruta La Peral- Villar de Vildas
martes, 3 de mayo de 2016
Lires-Muxía
Iniciamos a ruta desde Lires como tiñamos previsto, onde almorzamos e de onde partimos seguindo as sinais do Camiño de Santiago, pero nos fixemos ao revés estes 15 kms que chegan a Muxía.
A ruta foi fácil e cómoda cun día estupendo para camiñar, ao principio en Lires víamos ao mar ao fondo, pero en realidade esta senda descorre polo interior, pola Galicia rural, chea de prados para o gando e hórreos de pedra sen argamasa, toda unha obra de cantería.
O Camiño pasa polas aldeas de Frixe, Guisamonde, Morquintián, Facho do Lourido, Xurarantes e finalmente Muxía por pistas e camiños forestais: Dicir que estaba moi concurrido, pois atopamos moitos peregrinos. O desnivel máis elevado foi subindo o Facho de Lourido, sen embargo as pendentes foron suaves e ben levadas.
A parte máis bonita e esperada da ruta foi ao chegar ao mar, cerca de Muxía, aínda que a construcción dun parador neste espazo natural e con esa praia maravillosa desvirtúa un lugar tan paradisíaco. Seguindo pola costa que está dividida en pequenas parcelas separadas por muretes de pedra,moitas con froito da horta. Pronto acercámonos a Muxía, na que atopamos un secadoiro de congrios dos poucos que quedan en funcionamento, unha verdadera maravilla, un espectáculo fascinante no que os corpos abertos dos peixes parecía teas movidas polo vento.
Continuamos polo paseo marítimo deixando atrás este pobo, que podía ser tan pintoresco polo exposto que está ao mar, pero a ordenación e explosión urbanística estragou de maneira descontrolada.
lunes, 4 de abril de 2016
Lires-Muxía
A próxima andaina será o domingo 24 de abril ás 8.00 da maña desde a igrexa parroquial de Vilagarcía rumbo Lires ata Muxía, para facer este tramo que corresponde a última parte do Camiño de Santiago que vai por Fisterra.
Distancia:15 kms
Difultade: fácil, pero con subidas, sobre todo a Facho Lourido, ten outras menos pronuciadas, podédelo ver no enlace.
Prezo: 25euros por persoa(bus+comida)
Fisterra- Muxía, Muxía-Fisterra
Distancia:15 kms
Difultade: fácil, pero con subidas, sobre todo a Facho Lourido, ten outras menos pronuciadas, podédelo ver no enlace.
Prezo: 25euros por persoa(bus+comida)
Fisterra- Muxía, Muxía-Fisterra
viernes, 25 de marzo de 2016
Malpica- Punta Nariga
Despois de deixarnos no porto de Malpica e almorzar no mesmo pobo, iniciamos a ruta na praia Malpica e continuamos onde termina o paseo marítimo subindo pola costa e contemplando a praia de Area Maior desde o alto. Seguimos neste día que amenazaba chuvia ascendendo polo mesmo camiño costeiro que usan os romeiros que levan o Santo Hadrián da igrexa parroquial ata a ermita de Santo Hdrián do s.XVI entorno o 16 de xuño.
Pasamos pola espectacular praia de Seaia contemplando este precioso espazo onde dícese que aí está a pegada do santo que esmagando unha serpe contra as rochas librou a esta comarca dunha praga de serpes, así contao a lenda.
Seguimos e pasamos por diante da fonte de Navenllo,e a da ermita, unha fonte milagreira a que acuden para sanar as verrugas, así despois a xente ten por costume pendurar os panos mollados das ramas das árbores.
Pouco máis arriba encóntrase a ermita cun mirador sobre as illas Sisargas, que en este día tan luminoso por momento e tan venteado lucen maxestuosas co seu pequeno peirao e o seu faro.
Baixamos e acercámonos máis as Sisargas e a costa que está impresionante con tantas ondas brancas batendo contra os cantís. Vemos pequenas calas e incluso un porto natural que chaman "o portiño" e algunha que outra furna, pero o que máis sorprende e a cor do mar que vai do azul intenso ata a turquesa que rodea as praias, un mar que termina nun movemento infinito de escuma, o ruido do mar e o ruido do vento que non cesa e limpanos todo, o corpo e a mente, porque non cabe pensar nada, só ver e sentir.
Baixamos e acercámonos máis as Sisargas e a costa que está impresionante con tantas ondas brancas batendo contra os cantís. Vemos pequenas calas e incluso un porto natural que chaman "o portiño" e algunha que outra furna, pero o que máis sorprende e a cor do mar que vai do azul intenso ata a turquesa que rodea as praias, un mar que termina nun movemento infinito de escuma, o ruido do mar e o ruido do vento que non cesa e limpanos todo, o corpo e a mente, porque non cabe pensar nada, só ver e sentir.
Con estas sensacións andabamos co mar a dereita e a esquerda o monte.
Así chegamos á praia e pobo de Beo onde collemos o bus na estrada e entón empezou a chover forte, pero deunos tempo a achegarmos ao faro de Punta Noriga, unha obra contundente de César Portela.
Fixemos menos dos que pensabamos, pero ben disfrutados.
Así chegamos á praia e pobo de Beo onde collemos o bus na estrada e entón empezou a chover forte, pero deunos tempo a achegarmos ao faro de Punta Noriga, unha obra contundente de César Portela.
Fixemos menos dos que pensabamos, pero ben disfrutados.
miércoles, 16 de marzo de 2016
Malpica-Faro de Punta Nariga
Tras a Semana Santa volveremos ás nosas andainas o domingo 3 de abril.
Diante da igrexa parroquial de Vilagarcía ás 7.30 da mañá partiremos ata Malpica para comezar a primavera cunha ruta de costa cunhas vistas inigualables.
Esta ruta forma parte da primeira etapa do " Camiño dos faros" é lineal, temos dúas opcións:
-unha máis curta de 14.5 kms ata a aldea de Mens (onde estará o bus)
-unha máis larga que é de 18.5.km ata o faro de Punta Nariga, para os máis entrenados.
É unha ruta totalmente costeira, pasaremos cerca de cantís e praias, sendeiros de pescadores e moi cerquiña en todo momento ao mar.
A dificultade é moderada se contamos coa subida a Punta Nariga, senón é normal con subidas e baxadas pouco pronunciadas
Deixovos máis información:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)