A próxima andaina será o domingo 24 de abril ás 8.00 da maña desde a igrexa parroquial de Vilagarcía rumbo Lires ata Muxía, para facer este tramo que corresponde a última parte do Camiño de Santiago que vai por Fisterra.
Distancia:15 kms
Difultade: fácil, pero con subidas, sobre todo a Facho Lourido, ten outras menos pronuciadas, podédelo ver no enlace.
Prezo: 25euros por persoa(bus+comida)
Fisterra- Muxía, Muxía-Fisterra
lunes, 4 de abril de 2016
viernes, 25 de marzo de 2016
Malpica- Punta Nariga
Despois de deixarnos no porto de Malpica e almorzar no mesmo pobo, iniciamos a ruta na praia Malpica e continuamos onde termina o paseo marítimo subindo pola costa e contemplando a praia de Area Maior desde o alto. Seguimos neste día que amenazaba chuvia ascendendo polo mesmo camiño costeiro que usan os romeiros que levan o Santo Hadrián da igrexa parroquial ata a ermita de Santo Hdrián do s.XVI entorno o 16 de xuño.
Pasamos pola espectacular praia de Seaia contemplando este precioso espazo onde dícese que aí está a pegada do santo que esmagando unha serpe contra as rochas librou a esta comarca dunha praga de serpes, así contao a lenda.
Seguimos e pasamos por diante da fonte de Navenllo,e a da ermita, unha fonte milagreira a que acuden para sanar as verrugas, así despois a xente ten por costume pendurar os panos mollados das ramas das árbores.
Pouco máis arriba encóntrase a ermita cun mirador sobre as illas Sisargas, que en este día tan luminoso por momento e tan venteado lucen maxestuosas co seu pequeno peirao e o seu faro.
Baixamos e acercámonos máis as Sisargas e a costa que está impresionante con tantas ondas brancas batendo contra os cantís. Vemos pequenas calas e incluso un porto natural que chaman "o portiño" e algunha que outra furna, pero o que máis sorprende e a cor do mar que vai do azul intenso ata a turquesa que rodea as praias, un mar que termina nun movemento infinito de escuma, o ruido do mar e o ruido do vento que non cesa e limpanos todo, o corpo e a mente, porque non cabe pensar nada, só ver e sentir.
Baixamos e acercámonos máis as Sisargas e a costa que está impresionante con tantas ondas brancas batendo contra os cantís. Vemos pequenas calas e incluso un porto natural que chaman "o portiño" e algunha que outra furna, pero o que máis sorprende e a cor do mar que vai do azul intenso ata a turquesa que rodea as praias, un mar que termina nun movemento infinito de escuma, o ruido do mar e o ruido do vento que non cesa e limpanos todo, o corpo e a mente, porque non cabe pensar nada, só ver e sentir.
Con estas sensacións andabamos co mar a dereita e a esquerda o monte.
Así chegamos á praia e pobo de Beo onde collemos o bus na estrada e entón empezou a chover forte, pero deunos tempo a achegarmos ao faro de Punta Noriga, unha obra contundente de César Portela.
Fixemos menos dos que pensabamos, pero ben disfrutados.
Así chegamos á praia e pobo de Beo onde collemos o bus na estrada e entón empezou a chover forte, pero deunos tempo a achegarmos ao faro de Punta Noriga, unha obra contundente de César Portela.
Fixemos menos dos que pensabamos, pero ben disfrutados.
miércoles, 16 de marzo de 2016
Malpica-Faro de Punta Nariga
Tras a Semana Santa volveremos ás nosas andainas o domingo 3 de abril.
Diante da igrexa parroquial de Vilagarcía ás 7.30 da mañá partiremos ata Malpica para comezar a primavera cunha ruta de costa cunhas vistas inigualables.
Esta ruta forma parte da primeira etapa do " Camiño dos faros" é lineal, temos dúas opcións:
-unha máis curta de 14.5 kms ata a aldea de Mens (onde estará o bus)
-unha máis larga que é de 18.5.km ata o faro de Punta Nariga, para os máis entrenados.
É unha ruta totalmente costeira, pasaremos cerca de cantís e praias, sendeiros de pescadores e moi cerquiña en todo momento ao mar.
A dificultade é moderada se contamos coa subida a Punta Nariga, senón é normal con subidas e baxadas pouco pronunciadas
Deixovos máis información:
jueves, 25 de febrero de 2016
Ruta A Cañiza PR-G 165, "As fragas e levadas do Calvo e Deva"
Comezamos a nosa ruta do "Val de Parada de Achas" con entusiasmo nunha mañá agradable para a andaina.
O bus deixounos cerquiña do lugar coñecido como "Peña de Francia", xa se vía ao arredor os montes ben poboados de árbores autóctonas, certamente pintaba unha ruta prometedora.
Fomos baixando rápidamente cara ao río en forte descenso polo "camiño de San Maritño" rodeados dunha arboreda variada piñeiros e bidueiros; segundo nos acercabamos ao río Oulo la vexetación facíase máis densa, vése as primeiras sinais que deixou por estes lugares a forza da auga das chuvias pasadas, así foi que non puidemos cruzar polos pasos sobre o río porque estaban asolagados e fomos un pouco máis adiante buscando a maneira para cruzalo. A auga está presente en correntías e regatos que discurren polas laderas do monte e cruzan camiños nutrindo ao Oulo, unha constante que ser repetirá tamén na conca do Deva e o Caldo.
Vemos aparecer as primeiras sobreiras, que cada vez fanse máis abundantes ata estar rodeados exclusivamente destas árbores cheas de musgo, nun bosque encantado, fabuloso, un "sobreiral" enorme con magníficos exemplares. Nunca tal viramos!!!..
Vemos aparecer as primeiras sobreiras, que cada vez fanse máis abundantes ata estar rodeados exclusivamente destas árbores cheas de musgo, nun bosque encantado, fabuloso, un "sobreiral" enorme con magníficos exemplares. Nunca tal viramos!!!..
Pero tivemos que seguir camiñando e pouco a pouco fomos deixando as sobreiras e volvemos ao río co seu frondoso bosque de ribeira, o Deva , que nun tramo estreitase nunha pequena garganta que fai que a súa agua se faga escuma e ruxa entre as penas. Unha preciosidade. Con ganas de quedar un pouquiño máis seguimos andando entre impresionentes fentos, líquens, narcisos silvestres e salgueiros, ameneiros e carballos que acompañan ao Deva que baixa rápido entre remansos e pequenas ferbenzas, facendo de cada acodo do río en espazo único. Antes xa deixaramos ponte Taín e o muíño de Sampaio.
Sempre camiñando cerca do Deva fomos por camiños e corredoiras, atravesamos a aldea de Feirón coa súa Igrexa e collemos o Camiños dos Difuntos cara o río Calvo, que como o Deva se retuerce entre rochas e vexetación,le vellos muíños que aparecen a un lado e outro da ribeira, ruinosos e cubertos de musgo, frente a un deles tivemos que cruzar o río de formas imprevista por riba dun tronco e en fila india.
E chegamos a Fraga do Calvo, un espazo impresionante con magníficos castiñeiros centenarios, cada un mái s fermoso e espectular, un lugar que te atrapa, do que non queres machar, pero tivemos que seguir a ruta e tocou subir o que antes baixamos, así collemos polo Camiño da Raíña hacia o monte da Pereira onde pasta o gando e contémplase a paisaxe toda, aldeas ao lonxe, fragas embaixo e o camiño que nos leva a Peña de Francia, coa igrexa e o castaño centenario, onde rematamos esta ruta, da que quedounos gañas de volver noutra estación do ano para seguir disfrutándoa aínda máis.
E chegamos a Fraga do Calvo, un espazo impresionante con magníficos castiñeiros centenarios, cada un mái s fermoso e espectular, un lugar que te atrapa, do que non queres machar, pero tivemos que seguir a ruta e tocou subir o que antes baixamos, así collemos polo Camiño da Raíña hacia o monte da Pereira onde pasta o gando e contémplase a paisaxe toda, aldeas ao lonxe, fragas embaixo e o camiño que nos leva a Peña de Francia, coa igrexa e o castaño centenario, onde rematamos esta ruta, da que quedounos gañas de volver noutra estación do ano para seguir disfrutándoa aínda máis.
miércoles, 17 de febrero de 2016
Ruta a A Cañiza
O domingo 28 de febreiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía partiremos hacia A Cañiza para realizar unha ruta de media montaña, coñecida como o "sendeiro das Fragas e Levadas do Caldo e Deva" ou PR-G 165.
Distancia: 14 kms
Dificultade: media
Prezo:25 euros persoa(Bus+comida)
.Sendeiro das Fragas e Levadas do Caldo e Deva"
Distancia: 14 kms
Dificultade: media
Prezo:25 euros persoa(Bus+comida)
.Sendeiro das Fragas e Levadas do Caldo e Deva"
domingo, 14 de febrero de 2016
Ares-Mugardos
Comezamos esta ruta pola costa ártabra nu día que ameazaba chuvia, e de feito caeunos unha pouca subindo o Montefaro, e pouco máis.
Fomos ao concello de Ares para sair desde a praia de Chanteiro como os ingleses no 1719 que desembarcaron nesta preciosa ensenada e colleron rumbo a Mugardos para salvar as baterias militares da ría. Nós tamén achegamos a esta praia tan recollida entre montes saintes ao mar aberto que por un lado rematan en punta Coitelada( á esquerda) e a outra en punta Segaño(dereita), ambas acollen restos de antigas baterías militares desde o século XVII, cando os piratas campaban por este mar e arrasaban a ría de Ferrol...
Na nosa andaina seguimos cerquiña do mar, contemplando as ondas co seu poderio e beleza ata coller unha pista que sube a Montefaro, así acercámonos ao mosteiro de Santa Catalina que data do seculo XII pero que sufriu moitas modificacións, coa desamortización de Mendizabal en 1837 os franciscanos abandoárono e máis tarde pasou as mans do exército. Este edificio que estaba pechado é un lugar singular, xa nos tempos dos ártabos, dícese que aínda hai restos da súa adoración o sol neste lugar.
Seguimos o noso camiño ascedendo ata o coñecido como "Coto do Cabalo", que é en realidade un monte case sen árbores, con arbustos e toxos desde onde distinguimos un pouco máis abaixo a silueta da batería militar coñecida como A Bailadora do s. XIX, impresiona estas construcións tan imponentes, con garitas cada pouco, porque esta monte está furado por túneles e pazadizos que tamén chegan a outra batería militar a de punta Segaño que está máis preto do mar e pola que tamén pasamos. Desde A Bailadora contémplase toda a ría de Ferrol cunha vista panorámica espetacular, desde a boca, o castelo de San Felipe o da Palma e Ferrol ao lonxe....
Desde este mirador fomos ata Segaño e collemos a estrada que nos leva diante o monumental castelo da Palma, que serviu de cárcere ao golpista Antonio Tejero Molina, hoxe está pechado e abandonado a súa sorte(queríano recovertir en hotel) a continuación está a baliza ou faro de castelo ben conservado e doutro lado da ría distínguese moi cerca o castelo de San Felipe que xunto con este e desaparecida fortaleza de San Martín formaban o "Triángulo de Fogo" que para deter os navíos inimigos tendian unha cadea entre estes últimos castelos.
E así camiñando cara a Mugardos coa ensenada de Nande a esquerda imos pensando en como, de que maneira foi a historia deixando tantas pegadas nestas terras de Galicia, desde antes dos ártabos, nos castros, vikingos, piratas, ingleses e franceses... en fin sempre entorno a defensa ou a ataque, sempre entorno a guerra. Así pensando xa estabamos nas primeiras casas de Mugardos e tomando o paseo marítimo, chegarmos ao porto cunha gran lección de historia nos pes.
E despois do xantar celebramos á nosa forma o Antroido: non quedou ninguén sen disfraz.
Un final divertido para unha saída inmellorable.
martes, 26 de enero de 2016
Ares-Mugardos
O Domingo 7 de febreiro ás 8 da mañá partiremos desde a igrexa de Vilagarcía hacia Ares.
Alí, sairemos desde a praia de Chanteiro para subir ata o monte Montefero onde se encuentra o mosteiro de Sta Catalina para logo no descenso pola costa acercarémonos ata o miradoiro de Segaño e continuaremos ata Mugardos pasando antes polo castelo de A Palma.
Percorrido: 14.5 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros por persoa (bus+ xantar)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)