A próxima saída realizarémola o VENRES 1 de MAIO , en lugar do domingo correspodente. A ruta será polo concello de Ares, é costeira. Partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 13 kms, saíremos desde a praia de Chanteiro ata Ares todo pola costa.
Dificultade: fácil.
Prezo: 25euros por bus + comida.
Praia de Chanteiro-Ares
Máis rutas
En caso de bo tempo recordamos levar gorro e protección solar ademais da botella de auga ou refresco.
miércoles, 15 de abril de 2015
domingo, 12 de abril de 2015
martes, 24 de marzo de 2015
Ruta por Verducido(Xeve)
O domingo 12 de abril partiremos ás 8.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ata Verducido para realizar unha andaina polas montañas preto de Pontevedra, unha ruta cercana.
Dificultade: moderada
Percorrido: 13 kms
Prezo: 25 euros por persoa, con bus e comida.
Teremos que partir xa almorzados pois os arredores do comezo da ruta no ten lugar apropiado.
Esta ruta está planificada para tempada sen choivas polo que se nos días previos chovese teríamos que cambiar e realizar outra ruta.
viernes, 20 de marzo de 2015
Serra da Arga
Este recorrido chamado o "sendeiro de Chá Grande" comeza na Igrexa de Arga de Abaixo, para chegar alí subiunos o bus pola unha estrada na que fomos vendo a serra de Arga e ao val de Cha Grande cunhas vistas panorámicas estupendas.
Empezamos a ruta en Arga de Abaixo, cruzamos o pobo entre casas, hórreos e prados e cultivos en terrazas para aproveitar o desnivel do terreo, fomos ascendendo primeiro por sendeiro e logo por un antigo camiño empedrado de carros que deixaron as pegadas no chan. O espetáculo é a cantidade de masa granítica, pedras e pedras, montañas de pedras en distintas formas e proporcións, así chegarmos arriba, unha zona máis aberta con pista para acceder os aeroxeneradores que instalaron na parte máis alta da serra(700m.), desde aquí comtemplamos todo o val e incluso a costa con Camiña ao lonxe; seguimos o noso recorrido e paramos un pouco no Alto da Fonte da Urze, onde nace o río Áncora e dende se contempla os prados nos que pasta o gando libremente, cabalos, ovellas ...a partir daquí imos baixando serpenteando por un camiño de laxas e rochas, chegamos aos muíños de Covao e atravesamos Gándara e seguimos ata outra vez entrar en Arga de Cima por diante da fonte Salgueiriña. Unha ruta maravillosa para os que lle gusta a montaña acompañada dun día estupendo. Ao rematar volvemos e pasamos a tarde en Camiña.
miércoles, 4 de marzo de 2015
Ruta na serra de Arga (Caminha)
O próximo domingo 22 de marzo ás 8.00 da mañá partiremos cara Portugal para facer unha ruta pola zona de Camiña na serra de Arga.
Percorrido: 12 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa por bus e comida.
Está por determinar a percorrido concreto que faremos, dependendo do tempo e do estado dos camiños. Pero aquí tendes información....
SERRA DE ARGA
Percorrido: 12 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa por bus e comida.
Está por determinar a percorrido concreto que faremos, dependendo do tempo e do estado dos camiños. Pero aquí tendes información....
SERRA DE ARGA
miércoles, 18 de febrero de 2015
Roteiro das Ferbenzas de Toques(Melide)
Nesta ruta o tempo non nos acompañou, pois iniciamos a saída con chuvia , non moi forte pero molesta..
Partimos desde a aldea de Souto para realizar esta ruta circular, fomos por pista nun principio rodeados de prados separados na maiora das veces con balados tapizados de musgo e cada vez fomos metendonos por camiños que estaban terriblemente enlamados mellor é dicir enchoupados pero aínda así non desluciu a paisaxe que sen ser espetacular si era bonita entre camiños rodeados de carballos e prados verdes e algunha que outra aldea con boas construcións así pasamos por Paradela e seguimos ata a pequena área recreativa , cruzamos o río e fomos mais preto del. Tivemos unha subida desde onde pódese contemplar a ferbenza desde lonxe pero co mal tempo no ser percibía con claridade. Así chegamos a Ferbenza de Toques, que estaba espectacular con moita auga , aquí xa estivemos noutras ocasións que realizamos unha das dúas que partes desta zona.
A maioría de nós continuou a ruta seguindo o curso do río, outro rematarona é volveron no bus.
Este tramo do río foi quizás o máis enlamados pero tamén o máis bonito; volvemos outra vez a Paradela pasando diante da igrexa e desde aquí podíase volver por onde inciamos a ruta ou ir pola variante 166.1 que subía ata o lugar da ermita e baixaba novamente para chegar tamén ao Souto.
Unha pena por que cos camiños tan enchoupados tivemos que estar moi pendientes de onde pisabamos en lugar de disfrutar da paisaxe. Pero grazas a esto dámonos conta o importante que é ir ben equipados cun bo calzado, bastóns, capas e polainas cun tempo como o que tivemos.
sábado, 14 de febrero de 2015
Roteiro das fervenzas de Toques, PRG-166
O domingo 1 de marzo senderaremos polas terra de Melide, exactamente marcharemos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía para realizar o percorrido PRG-166 coñecido como "O roteiro das fervenzas de Toques", zona pola que camiamos algunha vez.
Distancia:14kms
Dificultade: media
Recomemdamos nos olvidarvos dunha boas botas de senderismo e bastón a ser posible.
Máis información e mapa
Distancia:14kms
Dificultade: media
Recomemdamos nos olvidarvos dunha boas botas de senderismo e bastón a ser posible.
Máis información e mapa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)