lunes, 29 de septiembre de 2014

Rutas pola serra do Gêres

Informamos que a próxima saída da nosa asociación é de dous días, 18 e 19 de outubro a serra do Gêres en Portugal.
Marcharemos o sábado 18 ás 8.00 da mañá, este primeiro día teremos que levar nós a comida xa que comeremos polo camiño, facendo a primeira ruta.
Iremos por Braga e pararemos no santuario de San Bento da Porta Aberta, xa na entrada do Gêres; pensamos chegar cerca do mediodía e comeza ruta circular sinalada como PR.7, catalogada con dificultade media de 11kms aproximadamente.
Trilho de Sao Bento- PR7

 Ao rematar a andaina marcharemos ao pobo de Gêres, vila termal, recomendable para os que lle interese levar bañador. Aloxarémonos no hotel Universal. Onde tamén cearemos, almorzaremos e xantaremos  o domingo.
O domingo 19 farémola outra ruta nos arredores,  a ruta PR.3 ou PR6 sobre uns 10kms con nivel de dificultade media alta, e tras a comida voltaremos.

Trilho dos currais- PR3

O prezo é de 80 euros(tranporte, cea-almorzo-xantar e aloxamento) para os novos ou os senderistas que fixeron menos de cinco saídas o ano pasado, e para os senderistas que fixeron máis queda en 70 euros por persoa.
Dicir que as prazas están xa cobertas pero poden haber baixas de última hora por tanto se alguén desexa paticipar pode preguntar aos directivos por se hai prazas.





miércoles, 24 de septiembre de 2014

Costa Ártabra

Esta foi unha ruta estupenda cun día envidiable.



Marchamos a hora prevista e tras almorzar acercámonos ao lugar de Espiñeira onde un membro da Asociación Montaña Ferrol presentouse e explicounos un pouco como ía ser a ruta creada, mantida e sinalada por eles cunha dobre frecha amarela e violeta. Esta ruta, que estaría en todo momento moi ben marcada, forma parte dun percorrido de 50kms arredor de Ferrol, nós fixemos sobre 14 kms, case todos mirando a costa Ártabra que é moi bonita.
Saímos de Espiñeira cara ao monte, unha forte subida que indo a modo levouse mellor, así ata o coto da Lagoa, pasamos ao lado do antiguo cuartel militar de aviación, que nunca chegou a estrearse, (información de primeira man, da nosa compañeira Maricarmen, filla do guardés), chegamos a zona máis alta desde onde contémplase toda a costa, a ensenada  de Covas, alí relatounos o compañeiro de Montaña Ferrol, todos os lugares e detalles destas terras, da igrexa de Sta Comba ata da serra de Faro, da que se pode chegar a ver os Ancares nos días máis claros, etc..
Logo desta pequena parada continuamos baixando cara á zona de despegue de parapentes, pasamos diante das primeiras casas e chegamos a praia de Ponzos que é unha preciosidade, larga cun mar azul e unhas ondas das que disfrutan en esta época sobre todo os surfistas. Fomos paralelos a praia ata o final onde están as illas coa capela de Sta Comba, continuamos baixo o sol un pouco abafados. pasamos por diante dun antigo campo militar de tiro  e pasamos á praia de Vilar, así seguindo as frechas en todo momento  fomos recorrendo a costa cunhas vistas impresionantes. 
Despois de comer moi ben, fomos a dar un paseíño por Ferrol, na parte vella onde  hai exemplos de casas moi bonitas e doutras  moitas que están por desgraza caendo sen remedio.
Desde aquí queremos expresar o noso agradecimento a Maricarmen que fíxonos de guía e preséntounos a Montaña Ferrol, ademais recoméndounos o restaurante máis apropiado para xantar: todo un pracer estar polas súas terra.

jueves, 4 de septiembre de 2014

Costa Ártabra

Xa chegou setembro e comezamos ás nosas andainas neste 2014-15, e como estamos cunha temperatura agradable e a todos quedounos gañas de estar cerca do mar e prolongar así este inestable verán, camiñaremos pola costa ártabra, cerca de Ferrol o domingo 21 de setembro, partiremos desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 7.30.

Percorrido: 14 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa

Os interesados en participar nesta actividad, habituais ou novos senderistas, poden ingresar os cartos na nosa conta na entidade  A Banca o luns día 8 ata completar bus.

Ademais informamos que CEN PÉS comprou unha partida de bastóns de senderismo usados pero en perfecto estado para que os que o desexen e non os teñan, poidan adquirir os por 2 euros o bastón.

Recordamos que as recomendación para equipación na práctica deste deporte é:
- Calzado adecuado: imprescindible levar botas de senderismo(de cana alta ou baixa) para que agarren ben ao chan e evitar as caídas; por favor non se debe levar outro tipo de calzado,( os tenis son cómodos pero resbalan e unha caída comprométenos a todo o grupo).
-Roupa apropiada segundo a estación. No inverno levar roupa de  abrigo e un  impermeable. Na primavera roupa máis fresca e gorro ou sombreiro.
-Bastóns. É importante a utilización dos bastóns, aínda que sexa só un, para apoio, se non se usa, sempre se pode encoller e levar na mochila.
-Alimentos: todos deberíamos levar auga e un pouco de comida( dulces, froitos secos, froita...) para evitar deshidratación, golpes de calor ou baixadas de azúcar.
-Roupa de reposto: é aconsellable pero non imprescindible, para un recambio, incluido calzado.

Outras recomendacións é que unha vez en ruta,cando inicimos o camiño nunca perdamos o contacto visual coa persoa que vai diante de nós ou detrás.



lunes, 9 de junio de 2014

CEA amigos de CEN PÉS 2013-2014

Informamos a tod@os que a cea fin de tempada 2013-2014 celebrarémola o sábado 21 de xuño enriba do mar, no restaurante  "A batea" no porto deportivo.
O aperitivo será ás 21.30 e a cea ás 22.00.
O prezo por persoa é de 23 euros. Poden asistir acompañantes de senderistas. O ingreso bancario debe facerse antes do mércores 18 de xuño ou ese mesmo día para facilitar a organización.
Agradecemos a tod@os a vosa participación e compaña nas andainas deste curso de CEN PÉS e agradecemos aos directivos e colaboradores a súa gratuita e desinteresada dedicación.

Bo verán e vémonos en setembro!!!!

domingo, 1 de junio de 2014

Ruta polo río Vilacoba e San Xusto

Es foi a ruta que fixemos realmente por terra de concello de Lousame, a do río Vilacoba e o seu afluente San Xusto. Acompañounos a todo momento facendo de noso guía Germán co apoio tamén de Manuel e de Maite que explicounos a historia do mosterio de San Xusto na aldea de Toxosoutos, dende aquí o noso agradecemento.
Partimos dunha aldea non sei se Brandía ou Sanpaio, adentrámonos nun monte de pinar  e con eucalitos, pero pronto foi cambiando a paisaxe entre prados e cun bosque máis frondoso con carballos, ameneiros etc asífomos ascedendo ata o monte Culou(400-500m de altirude) desde onde divisamos unha vista panorámica da ría de Noia, neste ascenso o tempo ainda estaba inestable e nublado e logo tivemos a sorte de que foi abrindo.
Baixando pasamos por varias aldeas Lensede, Castro, e por pontes sobre o río Vilacoba que nace no monte da Muralla (Fruime) e percorre o concello de Lousame de Este a Oeste. A parte máis bonita dar desta ruta, foi sen dúbita cando acadamos o río e percorremos la súa beira ata Brandia, xa que mantén unha vexetación exuberante e variada, un río que por momento e baixa calmo e noutras vai rápido entre pequenas fervenzas, un río con moita vida pasada xa que no seu entorno existiron ata cinco fábricas de papel, que aínda seguen en pé deixando aos visitantes como nós aparvados ao contemplar as ruinas destas fábricas como a de Galiñeira e sobre todo a maxetuosa mole  de Fontán, pasamos tamén ao lado doutras, e rematamos a ruta chegando a Brandía.
Pola tarde acercámonos ao restos de mosteiro de San Xusto, do que se conserva a igrexa e un alberque que non estaba aberto. Un entorno moi bonitoe agradable cunhas fervenzas impresionantes.
-Unha ruta que mereceu a pena realizar e incluso repetir xa que non poidemos acercarnos a ver os petroglitos que hai en Lesende.




lunes, 26 de mayo de 2014

Ruta das minas de San Finx- Lousame

O domingo dia 8 de xuño CEN PÉS partirá ás 8.30 desde a igrexa parroquial para facer unha ruta circular polo concello de Lousame acompañados dun guía.
 Ascenderemos desde a aldea de Cruido cara ao monte de  San Finx para pasar polas minas do río, outras aldeas e chegar a parte alta do monte onde se contemplan unhas maravillosas vistas panorámicas das rías.

Percorrido: 12 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa.

miércoles, 21 de mayo de 2014

As Arribes do Douro















Saímos o venres á hora prevista con bo tempo e moitas expectativas. Fixemos unha parada técnica dunha hora na Guidiña e seguimos a viaxe, pero detivémonos un momento a contemplar o xigantesco encoro de  La Almendra que retén ao río Tormes que encherá  as augas do Duero, todo un mar de auga.
Chegamos a Villarino de los Aires sobre as 9.30. Do albergue dicir que non estivo a altura  nin nas comidas nin organización, unha mala experiencia que de todos los xeitos non nubrou a nosa estancia en Villarino, onde nos acercamos á noitiña a celebrar  a chegada no centro do pobo.
SÁBADO
O sábado pola mañá marchamos ata Masueco para facer a baixada ao Pozo dos Humos, un mirador impresionante  cunha fermosa ferbenza que nesta época  non leva tanta auga. Xa de camiño no bus, fomos tomando contacto co río encaixado e as montañas. Unha paraxe variada desde Masueco ao Pozo. 3.5 kms que sae da praza da igrexa por camiño rodeado muros de pedra e de vexetación, de diferentes tipos de árbores, entre fincas con cerdeiras a punto de madurar, olivos centenarios, castaños e madroños,  desde onde se escoitaba o cuco en un ir e vir. Segundo fomos baixando a sombra que caía no camiño desaparecía e daba paso a un sol brillante que inundaba todo, as flores, as papoulas, as montañas, as furnas e o río alá embaixo.
Todo o que baixamos, subímolo, cruzamos Masueco e continuamos cara a Aldeadávila, refrescándonos a base de cereixas. De Aldeadávila o bus acercounos ao mirador chamado"Picón de Felipe" tivemos que recorre un  pequeno treito para acadar o mirador, un lugar espectacular moi elvado(328 m.sobre o nivel do mar) que deixa disfrutar dunhas vistas inigualables dun Duero retido na presa de Aldeadávila e sobrevoado por águias reais: todo un deleite.
Pola tarde adicámola a visitar o pobo de Vlllarino,  ao mirador da Faya que esta na parte traseira do pobo e a bodega de Amable, unha bodega  do século XVI ou XVII; logo fomos ao museo do viño, onde nos explicaron a súa historia e elaboración e a continuación unha degustación.
Polo noite máis festa por eso da despedida.
DOMINGO
Tras o almorzo, divímonos en dous grupos, os que visitaban Fermoselle e os que preferían ir de ruta.
 Para os que foron a Fermoselle, este é un pobo histórico e bonito que mereceu unha visita.
Os que fixemos a ruta, cruzamos Villarino para facer a ruta circular sobre o río Douro e os bancais.Un percorrido precioso que fixemos primeiro por pista, logo porcamiño ao chegar a Ambasaguas e máis logo por senda. Segundo íamos acercándonos ao río, cada vez era máis bonito. En Ambasguas xúntanse os dous ríos Tormes e Douro, e alí vese o cerca que está a presa de Bemposta, pois  o río fai de fronteira con Portugal. Este lugar é moi agradable e dispón de resto de muíños e zona recreativa. Nos continuamos a senda pola marxe española e fomos ascedendo cada vez máis, camiñando entre bancais abandoados, que manteñen a súa estructura, pero cheo de herbas en lugar de cepas de viños coma antiguamente.É unha pena e unha sorpresa á vez; sorprende recoñecer tanto traballo e sabiduría para facer de estas montañas un terreo practicable e produtivo nunha época carente de medios, unha pena ao pensar que só o 30 % destos bancais adícanse para o que foron concebidos. Seguimos a senda con algún pequeno percance porque a rota non está limpa e era insegura, pero aliviados polas vistas do arredor e polo aroma do camiño que  facían levar mellor o duro do sol. Aínda así todos chegamos outra vez a Villarino de los Aires onde o río Duero xoga nun precioso meandro deixando á vista un espazo insuperable.
 E entón comprendes por qué Villarino é "dos aires", porque está colgado ao vento mirando o río e a el acuden as anduriñas que deixan os niños para volver ao ano seguinte, oxalá nos  tamén volvamos.
Con toda estas vivencias marchamos de volta, parando en Vilanova de Douro e en Verín.