miércoles, 16 de abril de 2014

Roteiro do río Arnoia

O domingo 27 de abril sairemos hacia o río Arnoia, o coñecido como Roteiro do Arnoia ou PR-143.
Paitiremos ás 7.45  desde a igrexa parroquial de Vilagarcía como ven sendo habitual.
Percorrido: 11 Km
Dificultade : media
Unha rota lineal apta a para  ir en bici e cabalo aínda que hai unha forte subida a serra de Seixival.
Comeza na aldea de Escudeiros cara o río Arnoia, cando cheguemos a unha antiga presa de Cachón iremos por unha canle durante 2 km, que desviaba a auga do Arnoia para unha miña de estaño.
Deixando a canle teremos unha pendente e volvermos as ribeiras do río para contempar os muíños da Chancela. Na aldea de Viso poderemos visitar a capela das Angustias antes de ascender as cotas máis alta da serra  de Seixival. A rota remata no santuario da Nosa Señora do Val.
Rogamos puntualidade.



sábado, 5 de abril de 2014

Corrubedo

Unha saída costeira, marítima con  un día estupendo.
Xa empezou o día ben, estreando bus novo mentras acercábamonos  ao pobo de Corrubedo.
O bus deixounos na entrada ao centro urbano e nos cruzámolo para comezar a nosa ruta circular desde a praia das Dunas ou A Ladeira.
Percorrimos a praia coa marea baixa paralelos a duna co sol de frente e o pobo de Corrubedo detrás, todo unha delicia, a tal punto que algúns descalzámonos e a máis valente e previsora bañouse nunha "escapada". Antes de  chegar a altura da lagoa do Carregal, subimos cara a terra para ver a duna por detrás, adentrámonos cara ao pobo, fomos pola estrada un tramo para desviarnos hacia o monte do Facho e seguir un treito máis ata chegar o lugar do Espiñeirido, que ten un peculiar  peto con cruceiro, e baixamos ata a praia do mesmo nome, unha fermosa e longa praia. Pasamos diante do muíño de mareas e viramos a esquerda deixando a praia e subimos bordeando a costa hacia Corrubedo.
Aínda  déixanse ver as consecuencias dos temporais nestas zonas:  a duna que parecía máis baixa, sen tanta area e tamén pola cantidade de basura que botou o mar fóra, incluso un golfiño varado entre as pedras bastante lonxe da beira do mar.
Seguimos pola costa contemplando o mar algo axitado e as furnas dos cantís, que de seguro teñen por aquí os seus nomes, a pesares de que o descoñezamos,  unha preciosa estampa. Pasamos case diante da Cruz dos mariñeiros, unha homenaxe polos desaparecidos no mar, e continuamos hacia o faro de Corrubedo, Pasando pola outra praia, ade...... . e de aí volvemos ao pobo un pouco con pena por rematar a ruta, pero tamén con gañas de tomar unha cervexiña.



jueves, 20 de marzo de 2014

Fragas do Eume

O domingo 6 de abril partiremos as Fragas do Eume, ás 7.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 13 kms
Dificultade: normal, moderada
Prezo: 25 euros por persoa, para pagar bus e comida.

Rógase puntualidade.

viernes, 28 de febrero de 2014

Corrubedo

O domingo 16 de marzo sairemos ás 8.00 da maña desde a igrexa parroquial de Vilagarcía para acercarnos a Corrubedo. Unha saída que será costera pero que pode varíar o seu recorrido dependendo do tempo.
Percorrido: 13 Kms
Dificultade: moderada-fácil.
Prezo: 25 euros persoa pola comida e bus.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Sendeiro de Visantoña







Unha saída estupenda, uns 14 kms andando entren pistas e camiños rodeados dun manto verde inigualable, prados e prados rematados entre ringleiras de árbores que nos sinalaban unhas veces un camño e outras o descorrer dun regato ou un río, unha paisaxe que é un vaivén de pequenas pendentes ao lonxe, de lomas que baixan suaves ata a seguinte, pastos que se superpoñen uns a outros con gando: marelas, rubias ou pintas, sempre vacas galegas cheas de leite.
Partimos de Visantoña, aldea totalmente agrícola, desde a praza e marchamos con esa  alegría de disfrutar dun día sen chuvia, que permite estirar as pernas sen capas nin paraugas e un frío facilmete  soportable, camiñando con ilusión por ver e descobrir un lugar novo, unha nova senda que non nos defraudou.
 Ben se ve que  esta é terra traballada de anos, que as tareas do campo son antigas, por aquí son profesionais de vivir da terra, pero a diferenza do pasado, agora parece que vailles mellor, casas dignas con alpendre moitas delas, e iso faime sentir ben.
Pasamos por aldeas, diante o pazo de Vilar de Ferreiros, creo que transformado en hotel, cerca de mámoas e muíños do Tajo, xa derrubados, que nos falan do paso do tempo e de formas de vida idas...pasamos ao lado deste regato, o noso "Tajo" ,que como moitos outros que por aquí baixan con máis ou menos auga, todos terminan indo a parar ao encoro de Portodemouros, coma nós que boreámolo ata a desviación  que leva ao  "ferri" que  cruza o encoro, para logo dende aí subirmos novamente e volvermos ao punto de partida, sen deixar de contemplar  todos os arredores e a  enorme illa no medio de tanta auga ....
Comemos en Melide no Ezequiel, ¡que rico! ese polbo e boa comida ...e a volta fixemos a dixestión, acercándonos a fervenza de Toques, un lugar que merece a pena visitar sempre, e máis agora no que o caudal do río Porto baixa abundante nesta fervenza que presenta 40 m de caída, espectuacular.

lunes, 3 de febrero de 2014

Sendeiro de Visantoña

 O domingo 9 de febreiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía temos a próxima saída.
A saída a Silleda (anegada) queda sustituída  polo sendeiro de Visantoña, coñecido PRG-125, cerca de Arzúa, na parroquia de Santiso e  do encoro de Portodemouros. Un recorrido circular entre pistas, prados e o encoro, mámoas e muíños...unha ruta de gran beleza.

Percorrido: 14 kms
Dificuldade: Baixa


Recordar levar roupa e calzado apropiado, roupa de reposto. Recordamos a puntualidade.

miércoles, 22 de enero de 2014

Ruta a Silleda

A próxima saída, segunda do ano, será o domingo 9 de febreiro ás 8.00 da mañá desde o igrexa parrroquial de Vilagarcía. Os  CEN PÉS patearemos unha ruta  polo concello de Silleda. Probablemente faremos a ruta da Saleta, pero depende do tempo.

Dificultade: fácil
Percorrido: 12 kms
Vos mando un enlace sobre senderismo en Silleda con todas as posibles rutas:

http://www.turismosilleda.es/es/senderismo.php


Esta ruta queda sustituída por a ruta PRG-125 Sendeiro da Visantoña, ya que estaba moi anegada e mal marcada.