O domingo 16 de marzo sairemos ás 8.00 da maña desde a igrexa parroquial de Vilagarcía para acercarnos a Corrubedo. Unha saída que será costera pero que pode varíar o seu recorrido dependendo do tempo.
Percorrido: 13 Kms
Dificultade: moderada-fácil.
Prezo: 25 euros persoa pola comida e bus.
viernes, 28 de febrero de 2014
miércoles, 26 de febrero de 2014
Sendeiro de Visantoña
Unha saída estupenda, uns 14 kms andando entren pistas e camiños rodeados dun manto verde inigualable, prados e prados rematados entre ringleiras de árbores que nos sinalaban unhas veces un camño e outras o descorrer dun regato ou un río, unha paisaxe que é un vaivén de pequenas pendentes ao lonxe, de lomas que baixan suaves ata a seguinte, pastos que se superpoñen uns a outros con gando: marelas, rubias ou pintas, sempre vacas galegas cheas de leite.
Partimos de Visantoña, aldea totalmente agrícola, desde a praza e marchamos con esa alegría de disfrutar dun día sen chuvia, que permite estirar as pernas sen capas nin paraugas e un frío facilmete soportable, camiñando con ilusión por ver e descobrir un lugar novo, unha nova senda que non nos defraudou.
Ben se ve que esta é terra traballada de anos, que as tareas do campo son antigas, por aquí son profesionais de vivir da terra, pero a diferenza do pasado, agora parece que vailles mellor, casas dignas con alpendre moitas delas, e iso faime sentir ben.
Pasamos por aldeas, diante o pazo de Vilar de Ferreiros, creo que transformado en hotel, cerca de mámoas e muíños do Tajo, xa derrubados, que nos falan do paso do tempo e de formas de vida idas...pasamos ao lado deste regato, o noso "Tajo" ,que como moitos outros que por aquí baixan con máis ou menos auga, todos terminan indo a parar ao encoro de Portodemouros, coma nós que boreámolo ata a desviación que leva ao "ferri" que cruza o encoro, para logo dende aí subirmos novamente e volvermos ao punto de partida, sen deixar de contemplar todos os arredores e a enorme illa no medio de tanta auga ....
Comemos en Melide no Ezequiel, ¡que rico! ese polbo e boa comida ...e a volta fixemos a dixestión, acercándonos a fervenza de Toques, un lugar que merece a pena visitar sempre, e máis agora no que o caudal do río Porto baixa abundante nesta fervenza que presenta 40 m de caída, espectuacular.
lunes, 3 de febrero de 2014
Sendeiro de Visantoña
O domingo 9 de febreiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía temos a próxima saída.
A saída a Silleda (anegada) queda sustituída polo sendeiro de Visantoña, coñecido PRG-125, cerca de Arzúa, na parroquia de Santiso e do encoro de Portodemouros. Un recorrido circular entre pistas, prados e o encoro, mámoas e muíños...unha ruta de gran beleza.
Percorrido: 14 kms
Dificuldade: Baixa
Recordar levar roupa e calzado apropiado, roupa de reposto. Recordamos a puntualidade.
miércoles, 22 de enero de 2014
Ruta a Silleda
A próxima saída, segunda do ano, será o domingo 9 de febreiro ás 8.00 da mañá desde o igrexa parrroquial de Vilagarcía. Os CEN PÉS patearemos unha ruta polo concello de Silleda. Probablemente faremos a ruta da Saleta, pero depende do tempo.
Dificultade: fácil
Percorrido: 12 kms
Vos mando un enlace sobre senderismo en Silleda con todas as posibles rutas:
http://www.turismosilleda.es/es/senderismo.php
Esta ruta queda sustituída por a ruta PRG-125 Sendeiro da Visantoña, ya que estaba moi anegada e mal marcada.
Dificultade: fácil
Percorrido: 12 kms
Vos mando un enlace sobre senderismo en Silleda con todas as posibles rutas:
http://www.turismosilleda.es/es/senderismo.php
Esta ruta queda sustituída por a ruta PRG-125 Sendeiro da Visantoña, ya que estaba moi anegada e mal marcada.
lunes, 20 de enero de 2014
Arteixo- Caión
Empezamos esta ruta en Arteixo, xusto cerca do punto de Turismo, e collemos o paseo fluvial que descorre pola ribeira do río Bolaños, onde encontramos unha ponte romana,"Ponte dos Brozos", xa que por aquí pasou unha antiga vía romana, a XX, que chegaba tamén a Laracha. Cruzamos a estrada que vai ao polígono de Sabón e chegamos a marisma, Rañal e a praia de Sabón onde desemboca este río.
Seguimos polo paseo marítimo que une a praia de Sabón coa de Barrañán e pasamos polo lugar onde está o "Catalejos" para oir o mar.
A mar estaba revoltosa con preciosas olas de espuma branca. Un bonito recorrido contemplando unha praia detrás de outra, a da " Ucha" a da "Vaca" , da "Combonzas". Logo pasamos por zonas máis urbanas e tomamos cara ao interior, recorrendo algunha aldea para finalmente cruzar a estrada que baixa a Caión e subir ata a capela dos Milagros, onde finalizamos esta ruta e desde onde pódese disfrutar dunha vista magnífica de Caión, ao que nos acercamos un momentiño para logo volver a Arteixo, lugar no que comimos no restaurante "Mela", moi ben por certo.
jueves, 9 de enero de 2014
Arteixo-Caión
Estreamos ano e seguimos camiñando, esta vez por unha ruta lineal e costeira de Arteixo a Caión ou viceversa.
Partiremos o domingo 19 de xaneiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía como é habitual.
Percorrido: 12 ou 13 kms
Dificultade: baixa, fácil.
Prezo: 25 euros por persoa que comprenden bus e comida.
lunes, 16 de diciembre de 2013
Illa de Arousa
Como cada ano nestas datas partimos todos con nosos gorros de papá Noel, formando unha serpentina de cores que bordea a costa. Partirmos do peirao de Xufre ata ao final e continuamos pola beira do mar para colller por unha senda aberta e ben preparada que chega ata o faro da illa(Punta Cabalo); seguirmos no entorno da pequena praia do faro(praia de Sualaxe) e subirmos cara ao o mirador e a praia de Area da Secada. Polas pasarelas de madeira ou pola praia fomos dando unha caminata por territorio coñecido, pero do que é imposible cansarse, así perimetramos toda esta zona, e dimos a volta cara ao centro da illa, aínda que nos desviamos hacia o mirador do Santo (66m sobre o mar)desde onde contemplase a ría e a illa nunha mañá fantástica.
Rematamos a xornada coma sempre cantando paxoliñas e comendo dulces e brindando cos amigos alí mesmo na área recreativa do mirador, e como todos os anos que levamos xuntos colocamos o noso Belén, que este ano tocoulle a Loli a súa situación, trepando entre as pedras.
Ao final a maioría continuaron a troula na comida.
Ao final a maioría continuaron a troula na comida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
