sábado, 27 de abril de 2013

Monte do Faro







De camiño no autobús xa iamos vendo segundo nos acercabamos que a xornada ía ser invernal, con chuvia, néboa e moito frío; non nos enganamos.
Unha ruta de montaña  de vaivéns,  subidas e baixada que foinos levando ata o monte Faro, a través dun campo de aeroxeneradores. Subindo e baixando entre montañas reprobadas de piñeiros, que apenas  podíanse ver coa néboa, en cambio oíanse de forma case invasiva as aspas deses xigantes ao moverse.
 Ségueme a parece raro camiñar con chuvia e néboa a vez e ver como a nubes baixas avanzaban e pasaban case con vida propia por esta paisaxe que pese o tempo, ten o seu encanto. A veces despexábase e contemplábase unhas vistas panorámicas cun val precioso diseminado de aldeas, pastos e monte alá moi o lonxe.
 Todo acusaba unha sensación de soidade porque as poboacións, a vexetación máis exuberante quedan lexos, pola contra alí arriba todo estaba por crecer, as árbores, os toxos, a herba..e nós alí irmos pasando de cumio en cumio, de muíño en muíño cos  únicos acompañantes o vento e a voz das aspas.
Pasamos por dous miradores dende o que só contemplamos a brétema, ao chegar arriba de todo no monte Faro onde esta o santuario, non se vía case nada, só a silueta do templo e o cruceiro, onde aínda quedaban resto de neve, o vento frío era intenso alí. Agardamos uns por outros para rexuntar o grupo e baixar máis xuntos, os que non quixeron continuar subiron no bus que estaba esperando na explanada.
Un ruta que merece unha segunda oportunidade con mellor tempo en outra ocasión.

viernes, 22 de marzo de 2013

Ruta polo monte Faro

A ruta das pontes do río Lérez  cámbiase pola ruta da serra do Faro. A saída queda para o domingo 7 de abril ás 8.00 da mañá  partiremos desde a igrexa da parroquial de Vilagarcía.

Esta senda descorre polo monte Faro é unha ruta alta  cunhas boas panorámicas do lugar entre as provincias de Lugo e Pontevedra  cerca de Rodeiro; convén ir ben abrigados.
Percorrido: 12.2 kms.
Dificultade: media.

lunes, 4 de marzo de 2013

Rutas das pontes do río Lérez

A próxima ruta realizarémola o domingo 17 de marzo; partiremos coma sempre desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 8.00 da mañá.
A ruta é coñecida como PRG 113 das ponte do Lérez, así completaremos os recorrido feitos os arredores  deste río.
Percorrido: 13, 8 Kms
Dificultade: media
Prezo:25 euros por comida e bus por persoa.

Partiremos desde o mosteiro de Aciveiro para baixar hacia o río e cruzar a ponte medieval de  Andón, logo deixarémolo para subir o pico Valiñas e regresar máis adiante ás ribeiras para cruzar pola ponte da Carballa e adentrarnos unha fermosa fraga e pasar dun lado do río a outro polas  diferentes pontes a do Crego,  a Maril, ponte Vella e Nova e a última, a de Gomail, así abandonaremos o río e subiremos ata chegar a aldea de Gaxín, onde acaba a ruta.

lunes, 4 de febrero de 2013

Ponteceso-Corme

A próxima ruta para o 24 de febreiro é finalmente a Ponteceso. Saíremos ás 7.45 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Esta ruta costeira é a que está clasificada como PR-G 148  de Ponteceso a Corme todo pola costa, seguramente chegaremos a punta do Roncudo pasando polas praias de Balarés, a da Hermida e a de o Osmo.
Percorrido:11 kms
Dificultade: fácil
Aprazamos a ruta do Lérez poque era imposible facela por las malas condicións da senda ás ribeiras do río.
O prezo por persoa é 25 euros para pagar bus e comida.

La Alberca
Por outra banda, queremos informar que se está a organizar a saída das "Letras galegas" que este ano cae en venres e aproveitaremos para facer unha saída de tres días o 17, 18 e 19 de maio(venres festivo, sábado e domingo) nos que marcharemos a La Alberca en Salamanca.
O prezo de esta saída será 80 euros para os senderistas habituais(máis de catro saídas) e 95 euros para os demais. O prezo comprende dúas noite de hotel, comidas, ceas e almorzos agás o xantar do primeiro día que corre pola nosa conta.
As persoas que queiran participar nesta saída de maio teñen que ingresar canto antes 25euros/persoa na nosa conta para pagar a reserva do hotel, o resto ingresaráse máis adiante. Ao facer o ingreso por favor especificade  ben a saída "La Alberca" para que non dea lugar a confusión.

O ingreso para ámbalas dúas saídas pódese facer desde o luns 4 de febeiro.
Se existe algunha dubida, chamade aos números da directiva ou mandades un correo electrónico.




jueves, 17 de enero de 2013

O Morrazo( Cangas)

Como xa informamos a saída será o próximo domingo 3 de febreiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
A ruta descorre pola península do Morrazo, desde a praia de Areamarilla, despois de Cangas ata Donón pasando por praia de Limens, praia Nerga, praia de Barra, Cabo Pequeno, praia de Melide e Cabo do Home. Toda unha ruta costeira e fácil. Ao rematala comeremos en Hío no restaurante ao que fomos fai tempo por esta zona.
Percorrido: 12.5 kms
O prezo por persoa ven sendo igual, 25 euros por bus e comida.
Desde o luns 14 pódese facer o ingreso na nosa conta de caixanovabanco.

martes, 15 de enero de 2013

Redondela-Vigo

Esta foi un ruta moi fácil, case de entrenamento e boa para coller pulo cara a primavera.
Unha ruta que sacia esa curiosidade que algunha persoa poidese ter cando nunha viaxe en coche hacia Vigo ves a paisaxe de arredor e pensas "pena non poder disfrutar desta vistas máis a modiño" ou ¿"como se verá a ría desde alí arriba?... Tivemos sorte porque o día deixou contemplar as vistas, aínda que en algún momento estivo o ceo gris ou cheo de néboa e orballase ao final do traiecto..
Saímos desde a aldea de Cedeira (Redondela) cara ao monte cunha pendente pronunciada, pasamos diante dun pazo e collemos a senda nomeada como "Senda da auga" que é un camiño habilitado no pasado para levar a traída da auga a Vigo e que hoxe é unha vía totalmente chá de esparcimento, moi frecuentada (segundo a cantidade de xente) sobre todo por ciclistas. Vai recorrendo partes de monte(atopamos unha fervenza e unha fonte) e de zonas urbanas. As antigas aldeas xa case son barrios residenciais onde  se misturan as casas coa súa leira de navizas e os chalets ou casas modernas con xardín e ata piscina...unhas formas totalmente diferentes de entender o "disfrute e aproveitamento da Terra" pero que nesta zona conviven sorprendentdo ao senderista. As vistas panorámicas son espetaculares, vas camiñando e non paras de ver a ría, a illa de San Simón, o porto deportivo, vas avanzando e xa parece a ponte de Rande e todo Vigo, Cangas, as illas Cíes ...unha maravilla.
Unha maravilla que tamén se poden contemplar comodamente desde o mirador da Madroa, frente ao zoo, e moi cerca do lugar no que comimos.

lunes, 7 de enero de 2013

Redondela: Ruta da auga

Iniciamos o 2013 cunha saída por cerca: Ruta da auga, aos arredores de Redondela e Vigo. Partiremos coma sempre desde a igrexa de Vilagarcía ás 8.00 da mañá do próximo domingo 13 de xaneiro.

Distancia do percorrido: 12 kms
Dificultade: fácil

A ruta é moi cha porque seguiremos o camiño asociado a antiga traída da auga que ía desde o encoro de Eiras(concello de Fornelos de Montes) á cidade de Vigo, é un lugar de gran valor ecolóxico e un precioso mirador da ría de Vigo.
Xa se pode ingresar na nos conta desde o luns 7, os 25 euros por persoa que pagan o deprazamento no bus e a comida.