lunes, 4 de febrero de 2013

Ponteceso-Corme

A próxima ruta para o 24 de febreiro é finalmente a Ponteceso. Saíremos ás 7.45 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Esta ruta costeira é a que está clasificada como PR-G 148  de Ponteceso a Corme todo pola costa, seguramente chegaremos a punta do Roncudo pasando polas praias de Balarés, a da Hermida e a de o Osmo.
Percorrido:11 kms
Dificultade: fácil
Aprazamos a ruta do Lérez poque era imposible facela por las malas condicións da senda ás ribeiras do río.
O prezo por persoa é 25 euros para pagar bus e comida.

La Alberca
Por outra banda, queremos informar que se está a organizar a saída das "Letras galegas" que este ano cae en venres e aproveitaremos para facer unha saída de tres días o 17, 18 e 19 de maio(venres festivo, sábado e domingo) nos que marcharemos a La Alberca en Salamanca.
O prezo de esta saída será 80 euros para os senderistas habituais(máis de catro saídas) e 95 euros para os demais. O prezo comprende dúas noite de hotel, comidas, ceas e almorzos agás o xantar do primeiro día que corre pola nosa conta.
As persoas que queiran participar nesta saída de maio teñen que ingresar canto antes 25euros/persoa na nosa conta para pagar a reserva do hotel, o resto ingresaráse máis adiante. Ao facer o ingreso por favor especificade  ben a saída "La Alberca" para que non dea lugar a confusión.

O ingreso para ámbalas dúas saídas pódese facer desde o luns 4 de febeiro.
Se existe algunha dubida, chamade aos números da directiva ou mandades un correo electrónico.




jueves, 17 de enero de 2013

O Morrazo( Cangas)

Como xa informamos a saída será o próximo domingo 3 de febreiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
A ruta descorre pola península do Morrazo, desde a praia de Areamarilla, despois de Cangas ata Donón pasando por praia de Limens, praia Nerga, praia de Barra, Cabo Pequeno, praia de Melide e Cabo do Home. Toda unha ruta costeira e fácil. Ao rematala comeremos en Hío no restaurante ao que fomos fai tempo por esta zona.
Percorrido: 12.5 kms
O prezo por persoa ven sendo igual, 25 euros por bus e comida.
Desde o luns 14 pódese facer o ingreso na nosa conta de caixanovabanco.

martes, 15 de enero de 2013

Redondela-Vigo

Esta foi un ruta moi fácil, case de entrenamento e boa para coller pulo cara a primavera.
Unha ruta que sacia esa curiosidade que algunha persoa poidese ter cando nunha viaxe en coche hacia Vigo ves a paisaxe de arredor e pensas "pena non poder disfrutar desta vistas máis a modiño" ou ¿"como se verá a ría desde alí arriba?... Tivemos sorte porque o día deixou contemplar as vistas, aínda que en algún momento estivo o ceo gris ou cheo de néboa e orballase ao final do traiecto..
Saímos desde a aldea de Cedeira (Redondela) cara ao monte cunha pendente pronunciada, pasamos diante dun pazo e collemos a senda nomeada como "Senda da auga" que é un camiño habilitado no pasado para levar a traída da auga a Vigo e que hoxe é unha vía totalmente chá de esparcimento, moi frecuentada (segundo a cantidade de xente) sobre todo por ciclistas. Vai recorrendo partes de monte(atopamos unha fervenza e unha fonte) e de zonas urbanas. As antigas aldeas xa case son barrios residenciais onde  se misturan as casas coa súa leira de navizas e os chalets ou casas modernas con xardín e ata piscina...unhas formas totalmente diferentes de entender o "disfrute e aproveitamento da Terra" pero que nesta zona conviven sorprendentdo ao senderista. As vistas panorámicas son espetaculares, vas camiñando e non paras de ver a ría, a illa de San Simón, o porto deportivo, vas avanzando e xa parece a ponte de Rande e todo Vigo, Cangas, as illas Cíes ...unha maravilla.
Unha maravilla que tamén se poden contemplar comodamente desde o mirador da Madroa, frente ao zoo, e moi cerca do lugar no que comimos.

lunes, 7 de enero de 2013

Redondela: Ruta da auga

Iniciamos o 2013 cunha saída por cerca: Ruta da auga, aos arredores de Redondela e Vigo. Partiremos coma sempre desde a igrexa de Vilagarcía ás 8.00 da mañá do próximo domingo 13 de xaneiro.

Distancia do percorrido: 12 kms
Dificultade: fácil

A ruta é moi cha porque seguiremos o camiño asociado a antiga traída da auga que ía desde o encoro de Eiras(concello de Fornelos de Montes) á cidade de Vigo, é un lugar de gran valor ecolóxico e un precioso mirador da ría de Vigo.
Xa se pode ingresar na nos conta desde o luns 7, os 25 euros por persoa que pagan o deprazamento no bus e a comida.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Belén nas cumbres


Os máis valentes acudiron á cita é foron moitos, sen medo á chuvia e ao vento, para compartir un día de celebración.
A saída non foi por onde se pensaba ata Pontearnelas, era imposible, estaba todo anegado pero deu para chegar pola "Ruta da auga e da pedra" ata primeira zona de descanso, a aldea de pedra onde "unha man inocente" deixou o noso Belén, que tal vez nos protexa aos Cen Pés en tantos camiños andados e por andar...

 Bos desexos e gañas de compartir e celebrar cos amigos cos que acudiron e os ausentes pese a todos os atrancos e á chuvia.....e que bonito estaba o río coa forza de tanta auga!!!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Belén nas cumbres

O próximo domingo 16 de decembro celebraremos a última saída do ano, reuniremosnos na igrexa parroquial de Vilagarcía para distribuirnos en coches particulares e sair ás 9.30 h.
A ruta será desde a rotonda de Ribadumia ata a ponte de Pontearnelas e regresar, colocaremos  o Belén e celebraremolo con sidra, turrón e dulces que corren de balde do fondo de Cen Pés.
Percorrido: 9 kms ida e volta.
Dificultade: fácil
Despois da ruta haberá comida que sí hai que pagar 15euros por persoa para os que queira ir, poden participar nela senderistas e acompañantes.
Pódese ir a ruta e non a comida e viceversa, ou ir a todo.
Os senderista co desexen poden levar o gorro de Nadal coma todos os anos anteriores.
Rogamos que os que vaian a comida, se apunten canto antes para organizar mellor.

sábado, 24 de noviembre de 2012

Ponteareas:Ruta do Xabriña


Unha ruta estupenda para un domingo perfecto.
Como prometía  esta ruta circular está chea de riqueza  onde o río deixa a súa pegada na natureza, os muíños, as pontes e pontellas, os camiños e congostras, as aldeas, igrexas e petos de ánimas.
Partimos desde a aldea de Covelo e xa ao iniciar a camiño atopamos un peto de ánimas antes de cruzar a aldea e adentrarnos no monte. Axiña chegamos a ribeira do río Xabriña, un afluente do Tea que é un río máis amplo e fondo; o Xabriña, en cambio, é como un irmán pequeno e xogetón que enreda entre as pedras, se estreita a maioría da veces e cae formando preciosas fervenzas que sorprende con tanta escuma, así é que este río non se sinte monótono, sempre aparecen  recunchos ou muíños que sucédense ao longo da senda, o que fai pensar que no pasado, non tan lonxe, a xente viviu este e deste río máis que hoxe en día.
Hai numerososo muíños ata uns trinta, cada un co se nome(Outeiro, Fundego, Rcoucón, etc..) case todos en estado ruinoso, agás un, ben reconstuido, e tamén  pontellas a máis bonita a das Tapadas e pontes coma o Folón..as fragas preciosas nesta época cun manto de follas, así pasamos unha e outra vez polas fragas de Chozas e a de Millariñas e terminamos volvendo a aldea da que partimos.