jueves, 25 de octubre de 2012

Ortigueira

A próxima ruta será o domingo 11 de novembro a Ortigueira.
Saíremos ás 7.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 15 ou 16 kms.
Dificultade: fácil- moderada
Unha ruta lineal e costeira, que ten como punto de partida Ladrido( Sta. Marta de Ortigueira) ata a praia de Eirón.
O prezo é de 25 euros por bus e comida

martes, 9 de octubre de 2012

Ruta do Ulla

Completaremos con esta ruta outras dúas feitas entorno o Ulla.
Partiremos o domingo 14 de outubro ás 8.00 mañá desde o igrexa parroquial de Vilagarcía.
Distancia: 11 km.
Dificultade: fácil-media
Desde as proximidades de Ponte Basebe subiremos por unha marxe do río.
Prezo 25 euros que comprende autobus e comida.

lunes, 8 de octubre de 2012

Ponteceso: río Anllóns







Un río, o Anllón, e un percorrido preciosos.
Empezamos a saída desde Verdes(Coristanco), aldea na que nos deixou o autobús; mestras nos acercabamos ao muíños de Verdes, hoxe tamén área recreativa, un arco da vella esplendoroso  dounos a benvida.
O lugar, a zona de Verdes, realmente é ben bonito, un espazo marcado polo río, a pedra e o musgo, alí o noso guía, de Ponteceso, explicounos o valor do entorno e guiounos e axudounos durante todo o camiño ata a área recreativa de Garga, na que rematamos, desde aquí grazas.
Collemos camiño e marchamos pola marxe esquerda do Anllóns ata a ponte de Pontedona, concello de Pônteceso, na que cambiamos e xa fomos avanzando pola beria dereita. En case todo o traiecto destaca o fondoso do bosque da ribeira do río, que conserva non só o espazo, o río, senón tamén ese ambiente de recollemento; certo é que tamén hai noutras partes nas que a man do home aparece... nas plantacións de millo, nas minicentrais que obrigan ao baixar lento da auga, sorprendeu sobre todo a alfombra verde creada polas algas, pouco antes de chegar a minicentral de Corcoesto. Quizás por isto este río e tan cambiente, ás veces rápido outras lento e profundo..
Choveunos de forma intermitente ao largo do recorrido é fixo que o solo estivese máis perigoso. A ruta é  fácil, pero  require de maior mantemento, máis pasarelas sobre os regatos, amplirar algunhas sendas e restarlles inclinación, aínda así foi un percorrido fermoso, tranquilizador, que nos recorda que Galicia segue sendo a terra dos mil ríos, da auga...


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Coristanco-Ponteceso

Comeza a nova tempada  e reanudamos a nosa actividade en CEN PÉS. 
Esta primeira ruta está programada para o domingo 23 de setembro a zona de Coristanco-Ponteceso, a hora de saída queda para as 7.30 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía coma é habitual.
Dificultade: fácil.
Distancia: 13,50 km.
A ruta comezará en  Verdes, ata a área recreativa de A Garga. Camiñaremos pola ribeira do río Anllóns.
O importe da saída son 25 euros para pagar  o autobús e comida, pódese ingresar a partir de hoxe, mércores 12 de setembro na nosa conta  de NOVAGALICIA BANCO: 2080-5067-12-3040046001.
Se hai algunha dúbida recordamos os teléfonos:
 Manolo 625 55 66 35
 Paco     659 39 18 81

Aciveiro- Serra de Candán






Falar desta ruta despois de tanto tempo feita supón repasar e recordar o bonita e variada que foi.
Partimos desde o monasterio de Aciveiro nunha clara mañá de domingo no que celebrabase o Corpus Cristi, pola pista asfaltada que vai pola parte de atrás da igrexa para alcanzar o río Lérez, que amósabase estreito, realmente fermoso con tanta vexetación na súa ribeira, na que de cando en vez aparecía algunha pontella ou pasos para cruzar o río ou algún muíño, así é como cruzamos a ponte medieval  de Aldón.
Despois fomos subindo sen grandes esforzos pola serra do Candán dende onde contémplase unha preciosa paisaxe dos arredores; segundo íamos subindo o tempo foi estropeandose e cando chegamos arriba de todo, xunto aos aeroxeneradores, a chuvia non paraba e a maioría collemos unha inesperada molladura.
Pero camiñando sen parar non se sente frío e volvemos a baixar outra vez, tendo como referencia na distancia a silueta do mosteiro  e buscando novamente o río Lérez, atopamos co noso punto de partida: o tranquilo e ben conservado mosteiro de Aciveiro.

jueves, 28 de junio de 2012

Cea verán curso 2011-2012

CEN PÉS  celebrará unha cea de verán para finalizar a tempada 2011-2012 de senderismo.
A cea será o próximo sábado 7 de xullo ás 22.00 no Club de Mar no muelle de pasaxeiros.
O prezo por persoa é de 25 euros que pódense ingresar na nosa conta a partir de hoxe ata o mércores 4 inclusive.

jueves, 7 de junio de 2012

Aciveiro-Serra de Candán

O próximo domingo 17 de xuño teremos a última saída desta temporada. Será á serra do Candán no concello de Forcarei. Partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
A ruta é coñecida como PR-G 100 Sendeiro de Aciveiro- Candán. Unha ruta cuias característica son:
Distancia:15 km.
Percorrido: circular,o punto de partida e chegada será mosteiro de Aciveiro. 
Dificultade: baixa.
Prezo: 25euro/persoa
Iniciaremos a ruta xunto o mosteiro de Aciveiro para camiñar cara á aldea de Vilaverde. Atravésaremos  río Lérez,  rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto da Rochela, a unha antiga alvariza que dá testemuño da pasada presenza do oso nestas altas serras pontevedresas.

Logo, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascénderemos pola da Serra do Candán, espazo natural. A rota descende suavemente cara a Lamasgalán de Arriba, onde un primitivo camiño de carro dirixe o camiñante ata Lamasgalán de Abaixo.

Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a fermosa Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras do Lérez en busca do mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros de Forcarei son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.