O domingo 25 de marzo ás 8.00 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía partiremos hacia o norte para realizar a ruta desde Pontedeume ata Ares pasando polo pobo de Redes.
Percorrido: 11 kms lineais.
Dificultade: fácil.
Unha ruta costera, sen pendentes que forma parte dun trazado maior que recorre o concello de Ares. Pasaremos por praias e pobos mariñeiros como o de Redes.
Prezo da saída son 25 euros de comida e tranporte.
Ver mapa más grande
miércoles, 21 de marzo de 2012
Ribeira do Ulla
Esta saída cumpriu fielmente o recorrido sinalado na descrición, ben marcada e sen pérda, agora queda falar das impresións....
Dicir que partimos cun tempo sostible, a noite anterior chovera e todos imos preparado para recibir a chuvia tan deseada nun ano de seca, pero tivemos sorte apenas caeu unhas gotas e ata saíu o sol por momentos...
Baixando desde Ponte Basebe por un tramo de estrada, todos tiñamos ganas de chegar o río, e así foi pero a paisaxe pola que nos levou a senda era impresionante non só de ribeira como era o esperado, senón tamén por unha carballeira enorme que en descenso baixaba hacia o río Ulla que nestre tramo en Touro aínda que vai tranquilo e máis enérxico.
O camiño entre fragas de árbores desnudas e sinuosas con todas as súas foxas cubrindo o chan facía pensar que paseamos por unha paraxe encantada, de conto, onde un só pode vivir a beleza do momento, respirar o perfume do monte e sentir o rumor da natureza, esquecendo todo o demais....así con estas sensacións fomos subindo rodeados un bosque de sobreiras e contemplando o rio alá abaixo e volvimos a baixar ata chegar a fervenza do Inferniño escondida entre tanta vexetación. De aí seguimos por bosques que tiñan cada pouco os restos de antigas ouriceiras onde se recollían os ourizos dos castiñeiros para protexelos dos xabarís, pasamos polos muíños de Quintás abandoados tamén...e chegamos ao Pozo de Pego un lugar onde de ensancha o río e parece un fermoso lago o que beireamos para seguir o camiño, que nos levou ata San Pedro.
miércoles, 8 de febrero de 2012
Ribeira do Ulla - Touro
Para o domingo 4 de marzoás 8.00 desde a igrexa parroquial está progamada a saída a Ribeira do Ulla en Touro, un sendero tamén coñecido como PR-G93, homologado pola Federación Galega de Montañismo.
Percorrido:12,8 kms lineales.
Dificultade: media.
Partiremos dede Ponte Basebe no concello de Touro ata Ribeira do Ulla, baixaremos pola marxe dereita do río e pasaremos por sendas de pescadores, camiños de carros, fragas,carballeiras, muíños e ouriceiras abandonadas, fervenzas ocultas... Asi acercarémonos río Ulla e alonxaremonos del, pero sen perdelo de vista na paisaxe. Pasaremos por unha fermosa paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego, os muínos de Quintas e o Fervenza do Inferniño.
As ouriceiras eran construcións circulares de pedra onde guardaban os ourizos dos castiñeiros para portexelos dos porco bravos.
martes, 7 de febrero de 2012
Ponte Ulla: Sendeiro de San Xoán de Covas
Unha saída moi agradable en todos os sentidos: o tempo mantúvose e non choveu, tampouco fixo moito frío e sobre todo a paisaxe non defraudou.
Seguímos en todo momento na beira do río Ulla, desde a área recreativa de Cubelas ata o final, no que rematamos cunha subida que aínda que forte, foi pequena e deixouse facer ben. Despois a maioría acercámonos á Ponte Vella do tren e ao mirador de Gundián desde onde contémplase unha paisaxe diferente desde as alturas, moito máis espetacular.
O que máis sorprendeu desta rota, tal vez, sexa o propio río, o río Ulla, que nace nunha aldea de Lugo, en Olveda do concello de Antas do Ulla, e aquí en Vedra atopámolo tranquilo, cheo, ancho e silencioso case plácido no seu discorrer.. así deixa oir ben os cantos do paxaros e comtemplar ás árbores da ribeira, tan retorcidas con esas formas íncribles que só sabe facer a forza da natureza e da auga. Un percorrido que podría parecer monótono para algúns, pero para os que nos gusta a natureza, este entorno nos emociona pola súa beleza e riqueza, e por saber que aínda existen lugares e ríos limpos onde poidan vivir animais coma a nutrias.
Unha marabilla.
Despois de comer acercámonos ao pazo de Ribadulla, propiedade da familia do General Armada, un lugar moi bonito pero decadente onde podense contemplar aínda como vivían noutros tempos, os fidalgo e caciques, cun nivel de vida envidiable daquela e cun impresionante xardín, hoxe non moi ben coidado onde se atopan unha gran variedade de camelias e onde se explota unha viveiro de camelios que se exporta para fóra de Galicia. Moi bonito é o paseo de olivos que datan de máis de 500 anos e da ao lugar unha atmósfera especial.
martes, 17 de enero de 2012
Ponte Ulla: Sendeiro de San Xoán da Cova
A próxima saída será ao sendeiro PR-G 36 ou de San Xoán da Cova cerca de Santiago pola estrada que vai a Ourense; queda fixada para o domingo 5 de febreiro ás 8.30 desde a igrexa parroquial.
Percorrido: lineal, 11,2 kms
Dificultade: fácil-media
A ruta é típicamente de paisaxe de ribeira, pois pasaremos a maior parte pola marxe esquerda do río Ulla.
Farémola ruta ao revés do que está establecida para rematar cerca dunha zona máis poblada coma Ponte Ulla.
Partiremos á beira do río Ulla por sendeiros de pescadores e iremos ascendendo, desde os muíños de Pastel e a área recreativa de Cubelas, seguiremos polo río é máis adiante no lugar de Ximonde atoparemos outra área recreativa e un centro de estudos piscícolas e un femoso pazo. Continuaremos e ao chegarmos a Santa Cruz podemos desviarnos e visitar o pazo barroco de Mondragón do século XVI que ten uns xardíns frondosos e árbores centenarias, ou seguirmos á beira do río ata pasar Ponte Ulla e remantar máis alá cerca da ponte do tren sobre o río en San Xoán da Cova.
O prezo desta saída é de 25euros por persoa e comprende transporte e comida.
martes, 3 de enero de 2012
Ponte Caldelas: Ruta das Almiñas
A primeira saída do ano é a Ponte Caldelas onde hai varias rutas, nós realizaremos a coñecida como "Ruta das Almiñas" e "Foxo do Lobo", marcada como o roteiro PR-G 109, o domingo 15 de xaneiro ás 8.30 h. desde a igrexa parroquial.
Percorrido: circular, 11km
Dificultade: moderada
Tras partir da igrexa de Caritel, onde pódese observar do Cruceiro de Coto, adentráremonos nun camiño empedrado coñecido como Fraga de Abaixo que finaliza no río Verdugo. Para cruzar o río e proseguir a ruta, teremos que ir polos “Pasos da Fraga” e “Pasos de Portasouto” que cruzan o regato das Costiñas e o río Verdugo respectivamente. Posteriormente tamén teremos que cruzar os “Pasos da Coveliña” e chegar á aldea de Laxoso de Abaixo, de aí subiremos hacia Laxoso de Arriba ata alcanzar os cruceiros de Pé das Herbas y Camiño do Roriz.
Proseguiremos hacia a aldea de Porcinas para continuar por un camiño forestal entre muros que leva ao Foxo do Lobo. Neste punto teremos a posibilidade de sair do sendeiro orixinal e visitar esta singular construción onde antano dábanse batidas de morte ao lobo.
Atravesamos a estrada que une Ponte Caldelas con Aguasantas para adentrarnos noutro sendeiro entre muros de pedra, que levaranos ata o regato de Coveliña para logo atopar novamente o camiño de regreso á Igrexa de Caritel.
Proseguiremos hacia a aldea de Porcinas para continuar por un camiño forestal entre muros que leva ao Foxo do Lobo. Neste punto teremos a posibilidade de sair do sendeiro orixinal e visitar esta singular construción onde antano dábanse batidas de morte ao lobo.
Atravesamos a estrada que une Ponte Caldelas con Aguasantas para adentrarnos noutro sendeiro entre muros de pedra, que levaranos ata o regato de Coveliña para logo atopar novamente o camiño de regreso á Igrexa de Caritel.
Trátase dun ruta variada con paisaxe de río e bosque, sen estar ausente a visita as aldeas e construción típicamente galegas. Recomendamos por iso levar calzado apropiado e ropa de auga.
O prezo da ruta é de 23 euros por persoa que inclúe comida e transporte. Podémonos ingresar na nosa conta de Novacaixagalicia desde o día 2 de xaneiro.
lunes, 2 de enero de 2012
Muíños de Lores
Esta última saída do ano non puido estar mellor, partimos a hora establecida en coches particulares e iniciamos a ruta cos nosos gorros de Nadal, formando unha serpentina de cores festivas.
Esta ruta preséntase prefectamente marcada, limpa e sen posibilidade a ningunha perda; por outra banda coma non choveu moito tampouco estaba enlamada o que podería haber dificultado o camiño.
Pasamos por varios muínos restaurados incluso algúns convertidos en furanchos, que funcionan na fin de semana e en verán todos os días, sempre ao lado do río Chanca e outos regatos que o alimentan, cerca de aldeas do concello de Meaño, leiras, pastizais e monte con árbores vestidas de musgos... así ata chegar ao nacimiento do río onde descansamos, cantamos villancicos, compartimos cava, sidra, doces e sobre todo bo humor, e deixamos o noso Belén coma é costume entre senderistas. Logo seguimos o noso camiño ata chegar a Armenteira, onde case todos degustaron unha estupenda comida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


