miércoles, 8 de febrero de 2012

Ribeira do Ulla - Touro

Para o domingo 4 de marzoás 8.00 desde a igrexa parroquial está progamada a saída a Ribeira do Ulla en Touro, un sendero tamén coñecido como PR-G93, homologado pola Federación  Galega de Montañismo.
Percorrido:12,8 kms lineales.
Dificultade: media.
Partiremos dede Ponte Basebe no concello de Touro ata Ribeira do Ulla, baixaremos pola marxe dereita do río e pasaremos por sendas de pescadores, camiños de carros, fragas,carballeiras, muíños e ouriceiras abandonadas, fervenzas ocultas... Asi  acercarémonos río Ulla e alonxaremonos del, pero sen perdelo de vista na paisaxe. Pasaremos por unha fermosa paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego, os muínos de Quintas e o Fervenza do Inferniño.
As ouriceiras eran construcións circulares de pedra onde guardaban os ourizos dos castiñeiros para portexelos dos porco bravos.
O prezo da rota é de 25 euros por persoa destinados a pagar o xantar e autobus.

martes, 7 de febrero de 2012

Ponte Ulla: Sendeiro de San Xoán de Covas



Unha saída moi agradable en todos os sentidos: o tempo mantúvose e non choveu, tampouco fixo moito frío e sobre todo a paisaxe non defraudou.
Seguímos en todo momento na beira do río Ulla, desde a área recreativa de Cubelas ata o final, no que rematamos cunha subida que aínda que forte, foi pequena e deixouse facer ben. Despois  a maioría acercámonos á Ponte Vella do tren e ao mirador de Gundián desde onde contémplase unha paisaxe diferente desde as alturas, moito máis espetacular.
O que máis sorprendeu desta rota, tal vez, sexa  o propio río, o río Ulla, que nace nunha aldea de  Lugo, en Olveda do concello de Antas do Ulla, e aquí  en Vedra atopámolo tranquilo, cheo, ancho e silencioso case plácido no seu discorrer.. así deixa oir ben os cantos do paxaros e comtemplar ás árbores da ribeira, tan retorcidas con esas formas íncribles que só sabe facer a forza da natureza e da auga. Un percorrido que podría parecer monótono para algúns, pero para os que nos gusta a natureza, este entorno nos emociona pola súa  beleza e riqueza, e por saber que aínda existen lugares e ríos limpos onde poidan vivir animais coma a nutrias. 
Unha marabilla.
Despois de comer acercámonos ao pazo de Ribadulla, propiedade da familia do General Armada, un lugar moi bonito pero decadente onde podense contemplar aínda como  vivían noutros tempos, os fidalgo e caciques, cun nivel de vida envidiable daquela e cun impresionante xardín, hoxe non moi ben coidado onde se atopan unha gran variedade de camelias e onde se explota unha viveiro de camelios que se exporta  para fóra de Galicia. Moi bonito é o paseo de olivos que datan de máis de 500 anos e da ao lugar unha atmósfera especial.

martes, 17 de enero de 2012

Ponte Ulla: Sendeiro de San Xoán da Cova

A próxima saída será ao sendeiro PR-G 36 ou de San Xoán da Cova  cerca de Santiago pola estrada que vai a Ourense; queda fixada para o domingo 5 de febreiro ás 8.30 desde a igrexa parroquial.
Percorrido: lineal, 11,2 kms
Dificultade: fácil-media
A ruta é típicamente de paisaxe de ribeira, pois pasaremos a maior parte pola marxe esquerda do río Ulla.
Farémola ruta ao revés do que está establecida para rematar cerca dunha zona máis poblada coma Ponte Ulla.
Partiremos á beira do río Ulla por sendeiros de pescadores e iremos ascendendo, desde os muíños de Pastel e a área recreativa de Cubelas, seguiremos polo río é máis adiante no lugar de Ximonde atoparemos outra área recreativa e un centro de estudos piscícolas e un femoso pazo. Continuaremos e ao chegarmos a Santa Cruz podemos desviarnos e visitar o pazo  barroco de Mondragón do século XVI que ten uns  xardíns frondosos e árbores centenarias, ou seguirmos á beira do río ata pasar Ponte Ulla e remantar máis alá cerca da ponte do tren sobre o río en San Xoán da Cova.
O prezo desta saída é de 25euros por persoa e comprende transporte e comida.

martes, 3 de enero de 2012

Ponte Caldelas: Ruta das Almiñas

A primeira saída do ano é a Ponte Caldelas onde hai varias rutas, nós realizaremos a coñecida como "Ruta das Almiñas" e "Foxo do Lobo", marcada como o roteiro PR-G 109, o domingo  15 de xaneiro ás 8.30 h. desde a igrexa parroquial.
Percorrido: circular, 11km
Dificultade: moderada
Tras partir da igrexa de Caritel, onde pódese observar  do Cruceiro de  Coto,  adentráremonos nun camiño empedrado coñecido como Fraga de Abaixo que finaliza no río Verdugo. Para cruzar o río e proseguir a ruta, teremos que ir polos “Pasos da Fraga” e “Pasos de Portasouto” que cruzan o regato das Costiñas  e o río Verdugo respectivamente. Posteriormente tamén teremos que cruzar os “Pasos da Coveliña” e chegar á aldea de Laxoso de Abaixo, de aí subiremos hacia Laxoso de Arriba ata alcanzar os cruceiros de Pé das Herbas y Camiño do Roriz.
 Proseguiremos hacia a  aldea de Porcinas para continuar por un camiño forestal entre muros que leva ao Foxo do Lobo. Neste punto teremos a posibilidade de sair do sendeiro orixinal e visitar esta singular construción onde antano  dábanse batidas de morte ao lobo.
Atravesamos a estrada que une Ponte Caldelas con Aguasantas para adentrarnos noutro sendeiro entre muros de pedra, que levaranos ata o regato de Coveliña para logo atopar novamente o camiño de regreso á Igrexa de Caritel.

Trátase dun  ruta variada con paisaxe de río e bosque, sen estar ausente a visita as aldeas e construción típicamente galegas. Recomendamos por iso levar calzado apropiado e ropa de auga.
O prezo da ruta é de 23 euros por persoa que inclúe comida e transporte. Podémonos ingresar na nosa conta de Novacaixagalicia desde o día 2 de xaneiro.

lunes, 2 de enero de 2012

Muíños de Lores


Esta última saída do ano non puido estar mellor, partimos a hora establecida en coches particulares e iniciamos a ruta cos nosos gorros de Nadal, formando unha serpentina de cores festivas.
Esta ruta preséntase prefectamente marcada, limpa e sen posibilidade a ningunha perda; por outra banda coma non choveu moito tampouco estaba enlamada o que podería haber dificultado o camiño.
Pasamos por varios muínos restaurados incluso algúns convertidos en furanchos, que funcionan na fin de semana e en verán todos os días, sempre ao lado do río Chanca e outos regatos que o alimentan, cerca de aldeas do concello de Meaño, leiras, pastizais e monte con árbores vestidas de musgos... así ata chegar ao nacimiento do río onde descansamos, cantamos villancicos, compartimos cava, sidra, doces e sobre todo bo humor, e deixamos o noso Belén coma é costume entre senderistas. Logo seguimos o noso camiño ata chegar a Armenteira, onde case todos degustaron unha estupenda comida.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Muíños de Lores

A derradeira ruta do ano 2011 será este  domingo 18 de decembro as 9.45 desde a igrexa parroquial.
Partiremos en coches particulares polo que é recomendable que previamente se establezan grupos para ir nos mesmos e senón no punto de encontro  distribuímonos.
Trátase como todos os anos de levar o Belén e celebrar o Nadal  facendo o que nos gusta, que nesta ocasión é subir pola ribeira do río Chanca cara a Armenteira,  unha ruta nova, ben marcada con 23 muíños moitos deles restaurados, sita no concello de Meaño.
Dificultade: fácil
Percorrido: 10km
O prezo da comida é de 12 euros que deberán ingresarse como ven sendo habitual na nosa conta os que decidan quedar a comer. 
Os que teñan os gorros de Nadal, que non se vos esquezan.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Corrubedo



Marchamos ás 8.00 cun tempo que ameazaba chuvia, pero tivemos sorte e  mantívose toda a ruta. Un bo tempo para andar.
Fomos recollendo xente polo camiño, en Carril, e en Catoira. Almorzamos en Ribeira no "Bulibar". Adiantámonos e empezamos a camiñar no concello de Porto do Son un recorrido  marcado como "sendeiro do río Sieira". Cruzamos a ponte medieval sobre  este río e atravesamos un bonito pinar para chegar  a praia de As Furnas tamén chamada praia do río Sieira (nesta praia é onde Ramón Sampedro quedou parapléxico),  unha praia ben coidada, poque toda esta zona ten un importante complexo de dunas que inténtase protexer por eso camiñamos por pasarelas de madeira, e tamén pola praia para chegar a praia de Basoñas, detrás desta están as lagoas  de Xuño e Muro, de aí, sempre disfrutando dun mar e unha area branca e suave, pasamos a praia de Espiñeirido, logo a de Balieiros, a última que atopamos antes de chegar ao faro de Corrubedo. Creo que todos disfrutamos dun mar impresionante, embrabecido que nunca deixa indiferente...
Ao rematar comimos no bar Balada, no camping Fraga-Balada situado na praia das Furnas nun ambiente moi agradable.
Pola tarde fixemos unha paradiña dunha hora para pasear por Aguiño e regresamos.
Unha saída estupenda que  ensinanos  que non fai falla moitos kilómetros para atopar lugares magníficos.