Despois subimos ata Castro Borneiro, que está cerca aínda que pertenece ao concello de Cabanas de Bergantiños.
Unha ruta fácil, e preciosa para disfrutar dun mar bravo.
Despois subimos ata Castro Borneiro, que está cerca aínda que pertenece ao concello de Cabanas de Bergantiños.
Unha ruta fácil, e preciosa para disfrutar dun mar bravo.
O domingo 28 de xaneiro retomamos os máis de Cen Pés a nosa actividade: camiñar e disfrutas deses espazos naturais tan verdes que aquí temos. Despois dos días de festas e de tanta chuvia, a dificultade foi seleccionar unha ruta que non estivese anegada, así pois unha boa opción foi "a ruta do río Té- PR-G 261" ao outro lado da ría.
Unha senda fácil de uns 12 km que nos iniciamos no paseo marítimo de Rianxo, 2 km antes do cartel que informa sobre a mesma, que vai a maoiría do tempo paralela ao río Té, rodeada dun bosque de ribeira con carballos , freixos, ameneiros e tamén prados e leira preto dalgunha aldea da contorna, atopamos moitos muíños xa en desuso e en ruina, unha pena.
O río Te estaba marabilloso, ben enchido , rápido e coa auga limpa, onde se distinguía un fondo areoso e unha auga dunha cor case turquesa que invitaba a un chapuzón...unha preciosidade.
Foi unha ruta de ida e volta ata unha área recreativa, onde descasamos e iniciamos a volta pola outra beira do Té. Despois da comida achegámonos a visitar a ferbenza de Cardanoso.
Unha ruta moi recomendable pola cercanía, bastante ben conservada e sobre todo por un entorno precioso.
Remata o 2023 e en decembro facemos a última saída do ano, aquí no concello de Vilagarcía.
Unha saída corta de 5 ou 6 km ao miradoiro da cruz de Xiabre, un lugar desde onde de contempla ben a ría de Arousa e o río Ulla.
Como o ano pasado en lugar de deixar un Belén como outro club deportivos, cambiamos e agora plantamos unha árbore, un pequeno carballo, esperemos que medre forte como as nosas ganas de seguir pateando sendeiros pola nosa terra. Foi un día de celebración e amizade no que brindamos e pinchamos algo en Fontefría. Felices festas e o mellor nos espera no2024.
O domingo 3 de decembro partimos hacia Marín para realizar unha ruta costeira, xa que outras rutas coas chuvias están anegadas.
Esta é unha ruta fácil e duns 12km se se fai completa, de ese modo sería circular. Empeza saíndo do centro de Marín, e nós seguimos de forma lineal pola costa pasando por diferentes praias: Portocelo, Mogor, Aguete, onde cruzamos o pobo para continuar ata a praia de Loira, praia de Mogor e subir a os petroglifos e pasar ata o pobo de Casás e rematar na praia do Santo. Un bo paseo mirando sempre o mar!
O domingo 23 de novembro acercámonos a Negreira para camiñar a ruta dos tres pazos.
Unha ruta circular cómoda de dificuldade moderada a fácil de unos 15 km.
Partimos do centro de Negreira e buscamos o río para achegarnos ao pazo de Cotón, unha finca señorial dos séculos XVII-XVIII, o pazo está unido a capela de San Mauro mediante unha triple arcada pola que pasa a estrada e o camiño de Santiago. Volvemos a ruta collendo a ribeira do río Barcala, pasando por bosque maravillos rodeados de carballos e outras árbores autótonas, paramos na aldea de Fontemirón, para protexernos de chuvia e reagruparnos e comer algo, segimos pasando por pontes, cerca de muíños como o dos Castros e os do río Tambre xa en Ponte Maceira, un pobo moi bonito co Ppazo de Baladón de 1945-55 e a belísima ponte romana reconstuida no séculos XIII e XVIII. Continuamos a senda para visitar de Albariña, de Varela ou do Capitán dos séculos XVI-XVIII.
O Domingo 15 de outubro fomos a camiñar a "ruta de río Loio" en Paradela, a senda PR-G 14, un percorrido fácil de de 10 km ampliabres a 13.5 km para os que queiran.
Saímos de Paradela e baixamos hacia o río, iniciando a ruta onde está o muíño do Cabo e a ponte do muíño e a fervenza Ruxidoira, seguimos a carón do río adentándonos un bosque espectacular de ribeira, acompañados do sonido da auga e de árbores diferentes: carballos, acivros, castiñeiros centenarios e retortos. Pasamos por varias pontes como a da Fervenza ou Retorta, tamén por muíños e pequenas desviación que conducían a unha fonte ou as ruinas do mosteiro. O muíno máis grande sen dúbida é a da Retorta e pasamos tamen diante da capela de san Berto xa en ruinas. Unha ruta máxica por camiños de carros limitados por muros alfombrados de musgos e rodeados de árbores, así fomos ata chegar ata o encoro de Portomarín, case sen auga. Unha ruta preciosa para repetir.
Despois de comer no restaurante Río Loio, cerca de onde rematou a ruta, só cruzar a ponte de para por riba do encoro, acercamonos ao miradoiro "Ádega dos Penedos" un miradoiro sobre o río Miño impresionante, en realidade é unha antiga aldea abandoada que mira dende o alto da montaña ao río, hoxe pasa a estrada por baixo, un lugar que abraia.
O dimingo 24 de setembro iniciamos a nova tempada de senderismo 2023-24 cunha saída a Portugal.
A ecovía dos Açudes parte desde Ponte Lima e chega ata Ponte da Barca. Iniciamos a senda ao lado mesmo do río Lima e fomos en todo momento paralelos ao río; unha ruta que calificamos de fácil, pese aos 16.5 km de percorrido.
A paisaxe foi bonita con árbores de ribeira e pasando por zonas de viñedos, emparrados, campos prantados con millo, e as augas do río sempre moi mansas..unha paisaxe tranquila acompañada de bo tempo para esta primeira saída.