lunes, 18 de octubre de 2021

Ruta do río Artes (Riveira)

     O domingo 17 de outubro de 2021 postpandemia, os Cen Pés reinician a súa teima de seguir percorrendo camiños de Galicia, desta hora tocou cerca doutro lado da ría, en Riveira para ter un reencontro e seguir coa nosa actividade.







jueves, 19 de diciembre de 2019

Capilla da Lanzada- Monte Siradella

Acércase o fin de 2019 e coma sempre os Cen Pés facemos a derradeira ruta  o ano con menos kms pero máis proximidade e simbolismo: é a ruta na que celebramos tantos anos facendo o e nos gusta e cumplimos coa tradición de colocar o Belén da nosa asociación.
Desta vez o 15 de decembro partimos desde a capela da Lanzada  nun día de chuvia para recorrer toda a praia ou o paseo e subir ao monte Siradella ata o mirador e o centro de interpretación onde brindamos e colocamos o Belén.




sábado, 23 de noviembre de 2019

Saída a O Courel

A saída ao Courel foi progamada para dous días, 22 e 23 de novembro.
Os Cen Pés hospedáronse no albergue de Folgoso do Courel.
A comida do primeiro día fíxose no camiño, e aínda que se esperaba chuvia, deu tempo para camiñar entre a marabilla destas montañas, impresinantes soutos e vexetación.
O día seguinte complicouse a ruta pola neve caída, a néboa nas zonas alta e o vento frío: unha experiencia única e inolvidable.









domingo, 3 de noviembre de 2019

Faro de Louro(Muros)

O grupo de Cen pés partiu a Muros o domingo 3 de novembro para senderear pola consta de esta ría.
A saída fíxolle ao revés do que sen pensaba, porque se esperaba chuvia ao final da ruta  e era mellor estar xa cerca da zona urbana de Muros.
Partimos desde a praia de Lariño, deixando a dereita a praia e o faro, esta praia é concurrida polos surfistas. Pasamos por diante da entrada do camping Ancoradoiro, dos primeiro camping de Galicia, frecuentado por extranxeiros, cruzamos a punta de Ancoradoiro, os apartamentos e a pequena praia parabaixar a praia de Area Maior, e disfrutar da contemplación do mar e a lagoa á vez, un lugar precioso coa vista do monte Louro.
Bordeamos parte da lagoa e a enorme duna que parecía avanzar hacia ela e fomos camiñando entre o monte e o mar entre vexetación, árbores, e granito, moito granito con diferente formas, e sorprendentemente con restos de muíños de vento, que estaban a maioría deles ruinosos e abandoados.
Ao chegar a praia de San Francisco, zona urbana tomamos a senda do monte separándonos da beira do mar e contemplando as vistas altas desta ría. Así chegamos a Muros e efectivamente ao final do traiecto choveu.





domingo, 20 de octubre de 2019

Fervenza das Hortas (Arzúa)

O 20 de outubro os Cen Pés partiron hacia a terras de Arzúa para para realizar o recorrido de PRG-169 ou Fervenza das Hortas, a senda é de cerca de 21 km, pero nós fixemos uns 14km.






Parte de A Fonte Santa e descorre cerca do río ata chegar a preciosa fervenza de Horta cunha caída de auga de 30m, do regato de Saímes. Esta zona e un fermoso exemplo de vexetación e rural galego, na conca de río Ulla, sita entre os concello de Arzúa e Touro, onde vese ao lonxe o encoro de PortodeMouro.

domingo, 6 de octubre de 2019

Ruta da Auga(Guitiriz) PR-G 99


 


 
O domingo 6 de outubro iniciamos os Cenpes as saídas de senderismo do curso 2019-20 coa ruta da Auga ou PR-G 99 en Guitiriz. 
Esta ruta es moi fácil, lineal e está ben sinalada, e sobre todo preciosa. Iniciámola ceca de Baamonde na ponte de San Albete que conduce a  bela igrexa e carballeira que a rodea coa fonte da "fala" cruceiro e o lado do río, un lugar que xa impresiona. 
Continuamoa a senda o lado do río, Parga, hacia Guitirz disfrutando do bosque autóctono de ribeira, de camiños con vellos carballos e muros de pedra, un río adornado de pedras que sobresaía da agua dando todo una sensación de encatamento, pasamos por máis pontes e ao lado de muínos, a maioría derrubados, por fontes de augas medicinais coma a de Valdobín que mandaron construir os veciños de San Estevo de Parga en 1950 e a de Carballeiro. Pasamos por carballeiras e a aréa recreativa de Sete Muíños onde tomamos a merenda antes de seguir camiño, Un percorrido máxico entre as augas dos ríos Parga e Ladroil, regatos,afluentes, fontes e bosque.

domingo, 9 de junio de 2019

Ruta Costa Doce (Sada) PR-G 96

Como última ruta da tempada o domingo 9 de xuño acercámonos a Sada para camiñar o sendeiro mariñán da costa Doce, unha ruta fácil e lineal que non ten perda e que pode facerse en ámbolos dous sentidos, desde Sada ou desde Lorbé.
Nós preferimos partir desde o pequeno porto de Lorbé onde se mesturan as barquiñas de cores coas nasas no porto, onde o sol reflectía unha auga de cor clara e limpa neste día tan soleado.
Marchamos  os 12 km casi nun paseo neste recorrido que vai moi preto do mar, pero elevado,  entre vexetación e árbores un tanto desordenadas onde o eucalito cada vez acada máis terreo, unha pena. Víamos desde o alto as escondidas e diferentes calas e praias con cor turquesa, que invitaban a un baño, parecía que estivesemos no Caribe, pero co aliciente engadido de contemplarmos desde alí tamén as preciosas vistas da ría de Ares e de Betanzos, un luxo de paseo. Recordo agora o nome de certas calas como a de Armenteiro, Lourido e a aldea de Carnoedo co seu cruceiro e igrexa... terminamos esta ruta pasando polo resto da fortaleza de Fontán  e baixando o porto en Sada.