domingo, 6 de octubre de 2019

Ruta da Auga(Guitiriz) PR-G 99


 


 
O domingo 6 de outubro iniciamos os Cenpes as saídas de senderismo do curso 2019-20 coa ruta da Auga ou PR-G 99 en Guitiriz. 
Esta ruta es moi fácil, lineal e está ben sinalada, e sobre todo preciosa. Iniciámola ceca de Baamonde na ponte de San Albete que conduce a  bela igrexa e carballeira que a rodea coa fonte da "fala" cruceiro e o lado do río, un lugar que xa impresiona. 
Continuamoa a senda o lado do río, Parga, hacia Guitirz disfrutando do bosque autóctono de ribeira, de camiños con vellos carballos e muros de pedra, un río adornado de pedras que sobresaía da agua dando todo una sensación de encatamento, pasamos por máis pontes e ao lado de muínos, a maioría derrubados, por fontes de augas medicinais coma a de Valdobín que mandaron construir os veciños de San Estevo de Parga en 1950 e a de Carballeiro. Pasamos por carballeiras e a aréa recreativa de Sete Muíños onde tomamos a merenda antes de seguir camiño, Un percorrido máxico entre as augas dos ríos Parga e Ladroil, regatos,afluentes, fontes e bosque.

domingo, 9 de junio de 2019

Ruta Costa Doce (Sada) PR-G 96

Como última ruta da tempada o domingo 9 de xuño acercámonos a Sada para camiñar o sendeiro mariñán da costa Doce, unha ruta fácil e lineal que non ten perda e que pode facerse en ámbolos dous sentidos, desde Sada ou desde Lorbé.
Nós preferimos partir desde o pequeno porto de Lorbé onde se mesturan as barquiñas de cores coas nasas no porto, onde o sol reflectía unha auga de cor clara e limpa neste día tan soleado.
Marchamos  os 12 km casi nun paseo neste recorrido que vai moi preto do mar, pero elevado,  entre vexetación e árbores un tanto desordenadas onde o eucalito cada vez acada máis terreo, unha pena. Víamos desde o alto as escondidas e diferentes calas e praias con cor turquesa, que invitaban a un baño, parecía que estivesemos no Caribe, pero co aliciente engadido de contemplarmos desde alí tamén as preciosas vistas da ría de Ares e de Betanzos, un luxo de paseo. Recordo agora o nome de certas calas como a de Armenteiro, Lourido e a aldea de Carnoedo co seu cruceiro e igrexa... terminamos esta ruta pasando polo resto da fortaleza de Fontán  e baixando o porto en Sada.                  







martes, 9 de abril de 2019

Ruta: Pena Guímara( Fonsagrada)

A próxima ruta será o mércores 1 de maio a Fonsagrada para realizar a ruta Pena Guímara, PR-G 139, unha ruta peculiar porque non a faremos en domingo como ven sendo habitual e teremos que levar a comida cada un,bocata ou taper, non comeremos de restaurante.
A saída, se partirá desde a praza de España ( igrexa parroquial) ás 8.00.
Percorrido: 10.5 kms
Dificultade: Moderada
Prezo: 15 euros(só bus)
PR-G139: Ruta de Pena Guímara

viernes, 5 de abril de 2019

Trilho da Pedra Alçada(serra da Agra)

Comezamos a ruta xunto á calzada adoquinada que leva a igrexa de Arga de Sa Xoán, que estaba pechada, e ten unha  gran sobreira na entrada. De aquí fomos ascendendo con inclinación non moi pronunciada entre arbolado, pero pronto desapareceu para continuar por monte aberto, con grandes fomacións graníticas adornadas coas flores amarelas dos toxos. Segundo fomos subindo por un  camiño empedrado en boa parte del, o recorrido fíxose máis canso polo sol e falta de sombra, aínda así  as  bonitas vistas do val e da serra da Arga aliviaban a subida.
Unha vez que chegamos a pista que leva aos areoexeneradores, fixemos unha desviación a dereita para acercarmos ao posto de vixía coñecido como "da Pedra Alçada" desde onde distínguese a desembocadura do Miño, o outro lado Sta Tegra e o océano Atlántico, pero había certa bruma que restaron nítidez as vistas, (unha pena!)
Despois desandamos unha parte de camiño para baixar cara ao Mosterio de San Xoán de Agra, un lugar moi agradable coas sobreiras centenarias, igrexa e edificacións das celdas dos monxes, todo ben conservado; hoxe serven para que acampen un grupo de xente nova que fai algo máis que meditar. 
De aquí algúns subiron ao bus e outros seguimos o camiño que volve a Agra de san Xoán,  ao baixar fomos atopando novamente un bosque agradable con regatos e pozas por onde descorre a auga.
O camiño  nesta ruta estivo bastante ben sinalado en todo o recorrido.





miércoles, 3 de abril de 2019

Ruta de Bocelo(Coirós)

Este próximo domingo 7 de abril ás 8.00 da mañá desde a praza de España( igrexa parroquial de Vilagarcía) marcharemos para a zona de Betanzos para facer esta ruta:


Ruta de Bocelo(SM.12) en Chelo(Coirós)

Variará un pouco, pois faremos máis kms. Un percorrido pola ribeira do río Mandeo

Dificultade: fácil- moderada, circular
Percorrido: 12 kms

lunes, 11 de marzo de 2019

Trilho da Pedra Alçada(Serra da Arga-Caminha)

O do domingo 24 de marzo, os Cen Pés continuaremos sendereando está vez polo Portugal, pola serra da Arga cerca de Caminha, unha ruta coñecida como "Trilho da Pedra Alçada".
Distancia:14.5 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 27euros persoa(comida+bus) as prazas están completas, pero os interesado poden chamar por se quedan baixas  de última hora.

Trilho da Pena Alçada- serra da Arga

Esta ruta será 2 kms, máis longa.

domingo, 3 de marzo de 2019

Roteiro por Cortegada



Con moita sorte polo tempo, empezamos a ruta na entrada a Cortegada, cerca do novo balneario, para coller a estrada que vai a Celanova, Ou-531 da que faríamos uns 100 ou 200m para coller unha pista empinada(chamada Puga Sarmiento) hacia o monte, entre casas. Neste primeiro momento empezamos a andar con bastante néboa, que logo iría despexando a largo do día e tivemos un sol estupendo que empezou a brillar ao chegarmos ao encoro.
Por sendeiros de monte alfombrados de follas dos carballos e sobreiras fomos camiño da aldea de Seixomil, cruzamos a estrada e por camiños bordeados de mimosas florecidas pasamos cerca do pazo con preciosa chimenea, para seguir adiante e entrar na aldea de Eirexa, onde  visitarmos o entorno da igrexa de San Bieito do Rabiño co seu Humilladoiro, aquí fixemos a foto de grupo.  
Volvendo aos camiños, fomos disfrutando dun bosque espeso con carballos e moita vexetación, matas amarelas de mimosas de cando en vez, así pasamos polas aldeas abandoadas de o Vao, e de a Barca, xa cerca do  encoro, que desapareceron xustamente pola construción do mesmo, porque os seus habitantes perderon a súa forma de vida unha vez que asolagaron as terras de ribeira do Miño. Parece ser que nesta parte do río, había un posto de barcas para cruzalo, ao facer a ponte, a aldea da Barca terminou desaparecendo, e dela so quedan os fermosas casas arrumbadas nas que nos detimos para facer unha pequena paradiña.
A pesar da desfeita que supuxo o encoro, no que quedaron sepultadas moitas aldeas, e terras de cultivo, e tamén impediu o desove da lamprea e salmón que había no Miño, polo que desapareceron esta especies no río...a pesar de todo, o noso encontro co río foi unha sorpresa, porque estaba precioso, nas augas reflectíase toda a paisaxe, as árbores,  as amarelas mimosas, un precioso  camiño que pedía quedarmos a disfrutar desa tranquilidade e beleza, pero había que seguir  camiñando e chegamos ao antigo balnerio de Cortegada, un edificio vacío, abandonado que mira ao Miño. Alí atopamos moita xente, pois varios grupos de senderistas iniciaban ou remataba  a ruta. Nós seguimos ata o miradoiro da Cota da Pena que pendúrase enriba do Miño, de aí pouco quedou para continuar e rematar esta preciosa ruta a lado do novo Balneario de Cortegada, onde nos esperaba o bus.