O domingo 29 de abril CEN PÉS relizaremos unha ruta polo concello de Lalín, a rutade Castro Doade ou PR-G 210.
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros
PR-G Castro de Doade
viernes, 13 de abril de 2018
martes, 10 de abril de 2018
Ruta Lobios(Ourense)
Esta foi unha ruta cómoda e moi fácil. O o máis dificil sería levantarse máis cedo e chegar a Lobios, lugar no que almorzamos e logo xantamos. Lobios é un núcleo de poboación pequeno, pero con moita vida e un mercado moi concurrido con moitos postos pola rúa principal que leva ao balneario e a Portugal.
Para pasar co bus polo medio dos posto do mercadillo, tivo Eusebio poñer en práctica a súa habilidade e ter a axuda de protección civil.
Así chegamos a Portela do Home no lado portugués e iniciamos a ruta debaixada, sen deniveis importante, case un paseo, no que en todo momento escorrentaba a auga por estas montañas que na cara portuguesa mira ao Gêres e na española a Lobios e Entrimo. Moito regatos, ríos, fervenzas atopamos polo camiño e viamos na distancia nos montes do arredor, a máis espectacular é o regato de Corga da Fecha que nesa época do ano leva tanta auga que convirtese unha fervenza preciosa. Tamén atopamos os restos do incedios, a terra queimada, as silueta das árbores sen vida, unha pena.
Así chegamos a vía romana pola que fomos ata chegar ás termas de Lobios, atopamos polo camiño os Milarios romanos, esas columnas cilíndricas que marcaban na vía romana a distancia das millas romanas(1481 metros) e a mansión romana Aquis Originis, que tiña aínda visible o sistema de calefacción.
Unha saída recomendable deu tempo ata para facer algunha compriña no mercadillo.
jueves, 5 de abril de 2018
Ruta a Lobios(Ourense)
El próximo domingo 8 de abril Cen Pés parte desde la igrexa parroquial de Vilagarcía hacia Lobios na provincia de Ourense para facer unha ruta:
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Hora saída: ás 7.00.
Prezo: 25 euros
Distancia:14 kms
Dificultade: fácil
Hora saída: ás 7.00.
Prezo: 25 euros
sábado, 17 de marzo de 2018
Ruta Beluso- Cabo Udra(Bueu)
Os Cen Pés parten para Bueu o domingo 18 de marzo para realiza a ruta Beluso ata Cabo Udra, en Aldán.
Distancia:14 kms
Dificuldade: fácil
Hora de saída: 8.00
Distancia:14 kms
Dificuldade: fácil
Hora de saída: 8.00
lunes, 26 de febrero de 2018
Ruta do Rego dos Muíños (Cabana de Bergantiños)
Chegar a Cabana de Bergantiños leva seu tempo, así que marchamos cedo ás 7.30 e tralo almorzo botamos a andar sobre ás 10.15 polo paseo marítimo de Cabanas, un lugar precioso para disfrutar esta zona interior da ensenada Insúa, que non é outra que a parte interior da ría de Laxe e Corme onde o río Anllóns verte a súas aguas deixando unha zona de marismas e o inmenso areal da praia da Barra. Cabana ven sendo o territorio que está entre os concello de Laxe e Ponteceso. A verdade é que esta comarca de Bergantiños é ben coñecida por nós, onde pateamos xa varias rutas como a de "praia de Niñón ata o faro do Roncudo" ou de "Ponteceso ata Corme" pola beira do mar, ambas de gran beleza.
Desde o paseo contemplamos o areal e o Monte Branco e alá ao lonxe cara o mar Corme Porto.Rematamos na praia de Lodeiro e rruzamos a estrada xeral que vai a Laxe para collermos a ruta "Rego dos Muíños", unha senda que vai pegada aos meandros do río Roncadoiro que contén na súa beira vintecatro muíños case todos en estado ruinoso, que son testemuños do noso pasado e da forma tan eficiente de aproveitar a natureza de forma respetuosa, por iso da tanta pena velos deste xeito.
A senda vai subindo durante 3.5 kms de forma agradable e suave rodeada dun bosque tipico de ribeira con vidueiros e carballos e prados, ata chegar ao Castro de Borneiro.
A senda vai subindo durante 3.5 kms de forma agradable e suave rodeada dun bosque tipico de ribeira con vidueiros e carballos e prados, ata chegar ao Castro de Borneiro.
Cruzamos a estrada AC-430 e visitamos o Castro de Borneiro, do século IV ao I a.C que estivo activo,un gran exemplo da nosa cultura castrexa. De aquí demos a volta para achegarnos a Dombate e visitar o dolmen. Logo percorremos a contorna desta aldea e pasamos polo santurio de nosa Señora do Carme de Briño ou capela das Virtudes. Tras desto dividímonos: uns subiron ao monte ao mirador Fernandiña desde onde se divisaba unhas magníficas vistas da ría e outros volvimos o bus e ao ladiño do mar. Despois do xantar acercámonos as Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galiza.
miércoles, 14 de febrero de 2018
Ruta do rego dos Muíños
A próxima saída e o domingo 25 de febreiro ao concello de Cabanas de Bergantiños para facer a ruta de rego dos Muíños-Castro de Borneiro- Dolmen de Dombate.
Percorrido: 12 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros persoa(bus+comida)
Ruta do rego dos Muíños
Percorrido: 12 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros persoa(bus+comida)
Ruta do rego dos Muíños
lunes, 5 de febrero de 2018
Ruta Corno do Bico(Paredes de Coura)
Unha ruta preciosa cun bosque espectacular e frondoso, con camiños bordeados de muros de pedras e musgo, con regatos, pero tamén con zonas altas que permitiu disfrutar de inolvidables vistas panorámicas de Paredes de Coura e a súa contorna, para mostra a subida ao miradoiro do Corno do Bico contemplando ao lonxe as montañas nevadas e novamente a baixada continuar un maravilloso paseo entre árbores nun mañá ao principio foi fría e con resto de neve e xiada, mais logo cun sol deslumbrante que acompañou nesta ruta sen grandes desniveis e bastante ben sinalizada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

