Iniciamos o 2017 cunha ruta por Portugal: o domingo 15 de xaneiro ás 8.00 da mañá desde a praza de España partiremos hacia Valença para comezar esta ruta que é moi fácil.
Distancia:14 km lineal ao lado do Miño.
Dificultade: fácil, os que queiran poden ampliala, ascendendo ao mirador do Cervo ( 320m de altitude) que son 3 kms máis.
Prezo:25 euros (bus+comida)
Desde mañá martes xa podedes anotarvos.
Máis información
e tamén
lunes, 2 de enero de 2017
sábado, 17 de diciembre de 2016
Belén en Xiabre
Outro ano máis os Cen Pés xúntase para dar unha pequena ruta, case simbólica, e rematar o ano por terras do noso concello, desde Bamio subindo(ata Fontefría) a aba do tan pouco valorado e coidado monte, o noso monte Xiabre que este 2016 outra vez sufriu al lapa do fume. Nós queremos reivindicar o noso monte tan maltratado, pero desde onde se contempla unhas vistas panorámicas maravillosas sobre todo nun día tan bo como o que compartimos entre andaina, dulces, brindis, paixoliñas, amizade, bos desexos e gañas de seguir facendo o que nos gusta: percorrer sendas. Feliz 2017.
miércoles, 14 de diciembre de 2016
Belén en Xiabre
Este domingo 18 de decembro os CEN PÉS camiñarán como todos os anos polo Nadal para colocar o Belén en Xiabre. Sairase ás 9.45 desde a praza de España(igrexa parroquial) en coches particulares para comezar unha ruta desde Bamio ata Fontefría en Xiabre. Alí celebraremos xuntos con turrón e cava un ano máis de andainas, que xa van moitos!!! Poden vir os que queiran.
Para a comida hai que estar apuntado, e poden vir senderistas e acompañantes.
FELICES FESTAS E BO NADAL a todos!!!!
domingo, 4 de diciembre de 2016
lunes, 21 de noviembre de 2016
Senda da Covada Moura (Monçao)
Informamos que o domingo día 4 de decembro partiremos os CEN PÉS hacia Monçao para camiñar o trillo coñecido como "Cova da Moura". Partiremos desde a praza de España ás 8.00 da mañá.
Percorrido:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros (bus+comida)
Máis información
Percorrido:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros (bus+comida)
Máis información
viernes, 11 de noviembre de 2016
Ruta por Ribeira Sacra
Esta ruta como outra que tamén fixemos pola Ribeira Sacra foi unha ruta moi bonita e de altura, xa que chegamos ao miradoiro do Duque e máis arriba ao miradoiro de Pena deo Castelo, contemplando todo o río.
Partimos tras o almorzo coma sempre, saímos desde a aldea de Doade, parroquia de Sober, pronto pasamos con zona de montes rodeadas de prados para o gando, por camiños bordeados de muros feitos aquí con tanta maestría sin levar argamasa ou pedra pequena, só a rocha ou laxas de pizarra ben colocadiñas, pasamos por aldeas, Francos e Os Palleiros no que as laxas de pedra dos muros eran enormes. A ruta foi descorrendo na primeira e última parte por monte, carballeiras e soutos con castiñeiros centenarios e espalladas outras árbores, desde o madroño (que estaba co fruto en comida), acivros , sobreiras e piñeiros acompañadas de vexetación baixa que hai en todos os bosques galegos.
Segue cautivando eses camiños boreados de carballos ou castiñeiros que dan sombra ao viaxeiro e deixa contemplar os prados con eses rulos de herba ben recollida. Toda a paisaxe nos di que, aínda do paso do tempo e costumes, os muíños caídos, a terra nesta zona séguse sacándoselle partido: aí está esas montañas transformadas en terrazas sembradas de viñas de mencía, todas ordenadas e coidadas, mentras río Sil, convertido en encoro descorre alí embaixo coma sempre, serpenteando entre estas terras pintadas con todos os colores do outono. Esa parte maravillosa da ruta foi a que disfrutamos ao chegarmos ao miradoiro do Duque e de alí todo o camiño entre viñas ata subir ao miradoiro do Pena do Castelo que é o punto máis elevado coa súa pequena ermita: simplemente impresionante.

domingo, 6 de noviembre de 2016
Ruta Ribeira Sacra
O domingo 13 de novembro os Cen Pés partirán hacia a Ribeira Sacra, pola zona de Doade (Sober). Marcharemos ás 7.30 desde a praza de España de Vilagarcía.
Prezo:30euros persoa.
Prezo:30euros persoa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)