Informamos que o domingo día 4 de decembro partiremos os CEN PÉS hacia Monçao para camiñar o trillo coñecido como "Cova da Moura". Partiremos desde a praza de España ás 8.00 da mañá.
Percorrido:14 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros (bus+comida)
Máis información
lunes, 21 de noviembre de 2016
viernes, 11 de noviembre de 2016
Ruta por Ribeira Sacra
Esta ruta como outra que tamén fixemos pola Ribeira Sacra foi unha ruta moi bonita e de altura, xa que chegamos ao miradoiro do Duque e máis arriba ao miradoiro de Pena deo Castelo, contemplando todo o río.
Partimos tras o almorzo coma sempre, saímos desde a aldea de Doade, parroquia de Sober, pronto pasamos con zona de montes rodeadas de prados para o gando, por camiños bordeados de muros feitos aquí con tanta maestría sin levar argamasa ou pedra pequena, só a rocha ou laxas de pizarra ben colocadiñas, pasamos por aldeas, Francos e Os Palleiros no que as laxas de pedra dos muros eran enormes. A ruta foi descorrendo na primeira e última parte por monte, carballeiras e soutos con castiñeiros centenarios e espalladas outras árbores, desde o madroño (que estaba co fruto en comida), acivros , sobreiras e piñeiros acompañadas de vexetación baixa que hai en todos os bosques galegos.
Segue cautivando eses camiños boreados de carballos ou castiñeiros que dan sombra ao viaxeiro e deixa contemplar os prados con eses rulos de herba ben recollida. Toda a paisaxe nos di que, aínda do paso do tempo e costumes, os muíños caídos, a terra nesta zona séguse sacándoselle partido: aí está esas montañas transformadas en terrazas sembradas de viñas de mencía, todas ordenadas e coidadas, mentras río Sil, convertido en encoro descorre alí embaixo coma sempre, serpenteando entre estas terras pintadas con todos os colores do outono. Esa parte maravillosa da ruta foi a que disfrutamos ao chegarmos ao miradoiro do Duque e de alí todo o camiño entre viñas ata subir ao miradoiro do Pena do Castelo que é o punto máis elevado coa súa pequena ermita: simplemente impresionante.
Segue cautivando eses camiños boreados de carballos ou castiñeiros que dan sombra ao viaxeiro e deixa contemplar os prados con eses rulos de herba ben recollida. Toda a paisaxe nos di que, aínda do paso do tempo e costumes, os muíños caídos, a terra nesta zona séguse sacándoselle partido: aí está esas montañas transformadas en terrazas sembradas de viñas de mencía, todas ordenadas e coidadas, mentras río Sil, convertido en encoro descorre alí embaixo coma sempre, serpenteando entre estas terras pintadas con todos os colores do outono. Esa parte maravillosa da ruta foi a que disfrutamos ao chegarmos ao miradoiro do Duque e de alí todo o camiño entre viñas ata subir ao miradoiro do Pena do Castelo que é o punto máis elevado coa súa pequena ermita: simplemente impresionante.
domingo, 6 de noviembre de 2016
Ruta Ribeira Sacra
O domingo 13 de novembro os Cen Pés partirán hacia a Ribeira Sacra, pola zona de Doade (Sober). Marcharemos ás 7.30 desde a praza de España de Vilagarcía.
Prezo:30euros persoa.
Prezo:30euros persoa.
jueves, 27 de octubre de 2016
As fragas da Ribiera e Lostregal
Esta ruta por terras de As Pontes e o seu entorno foi realmente bonita e variada en paisaxe, con bo tempo a pesar de que o día anterior chovera a mares.
Comezou a ruta acortándoa un pouco no primeiro tramo de subida, así xa cerca dos aeroxeneradores botaron a andar os Cen Pés moi animados vendo todas as montañas da serra o Xistral, e descendendo cara a ribeira do Lostregal un lugar selvático, cunha gran variedade de flora, carballos, castiñeiros, acivros , musgos, liquens e cogumelos pois esta zona garda unha gran humidade que fai que se converta unha auténtica fraga encantada e iso que aínda que non choveu en demasía como o demostrou o encoro, que estaba baixo mínimos, deixando ver o antigo pobo sumerxido cando está en plentude.
Foi unha ruta ben marcada e conservada, no que presentaba os nomes dos distintos lugares, todos peculiares como "o cao do Habanero", "rego de Malvis", "couce da Cabana" ou "a ribeira vella".
Unha ruta chea de sendeiros, carballeiras, e encanto.
sábado, 15 de octubre de 2016
As fragas da Ribeira e Lostegal
Informamaos que o domingo 23 de outubro teremos unha ruta ás fragas da Ribeira e Lostegal, por As Pontes, a saída será coma sempre desde a praza de España ás 7.30. A ruta é coñecida como o PR-G 147.
Percorrido: son 18 km, pero intentarase que queden en 15 kms.
Dificultade: media
Prezo: 25euros(comida+bus)
Mais información:
PR-G 147, fragas de Riberia e Lostegal
Percorrido: son 18 km, pero intentarase que queden en 15 kms.
Dificultade: media
Prezo: 25euros(comida+bus)
Mais información:
PR-G 147, fragas de Riberia e Lostegal
jueves, 22 de septiembre de 2016
Minas de San Finx
Con esta ruta polo concello de Lousame iniciamos novamente as andainas de Cen Pés que con tanta calor tivemos que ir retrasando.
Lousame é para nós territorio coñecido, sempre contando coa colaboración dos guías que fixeron a ruta con nós e déronos as explicacións da antiga mina, dos lugares e do actual museo reformado onde foran vivendas dos traballadores e máis tarde os talleres mecánicos e de madeira e actuamemte son as salas de exposicións des museo das Minas de San Finx.
As minas de San Finx, empezaron a explotarse a comenzos do século XX para obter estaño por propietarios ingleses, que foronas pasando de uns a outros, aínda que existen restos de que xa na antigüedade debeu ser traballada, pero a etapa máis expansiva coincide cos anos 40 coa 2ª guerra mundial e a extracción do wolfram, mineral necesario para o endurecemento do aceiro.
O certo é que as minas xunto coas fábricas de papel marcaron a vida económica do concello en épocas de miseria e fame e non cabe dúbida que tamén a morfolóxia e conservación da paisaxe e da natureza.
Nós fomos testigos desto, a ruta levounos por diferente paraxes, nun principio por zonas de bosque e regatos, cruzamos o río, adentrámonos por carballeiras e camiños bordeados de castiñeiros que xa deixaban caer os seus erizos, pasamos por campos sembrados de millo aínda sen recoller, deste xeito fomos ascendendo polo monte, canto máis próximos as minas a paisaxe foi cambiando (deteriorándose) pasando de plantacións de piñeiros a eucalitais para explotación madereira, subimos directamente por cortafogos e contemplamos os restos das construccións das minas, da escombrera de lonxe, así chegamos o museo e visitamos as instalacións.
A parte máis agradecida desta ruta é o principio e o final, desde o cumio do monte contémplase as bonitas vistas da ría de Noia. O que non cabe dúbida é que este día percorremos un trociño de historia de Lousame e de Galicia.
martes, 20 de septiembre de 2016
Minas de San Finx
Os Cen Pés iniciamos a tempada 2016-17 cunha ruta ao concello de Lousame,ás "Minas de San Finx". Sairemos o domingo 2 de outubro ás 8.00 da mañá da igrexa parroquial, praza de España.
Distancia: 12.5 kms
Dificultade: media , por algunha subida un pouco forte.
Prezo: 25 euros por persoa(comida+bus)
Máis información en:
Ruta das Minas de San Finx
Distancia: 12.5 kms
Dificultade: media , por algunha subida un pouco forte.
Prezo: 25 euros por persoa(comida+bus)
Máis información en:
Ruta das Minas de San Finx
Suscribirse a:
Entradas (Atom)