martes, 5 de mayo de 2015

Saída a Lamego(Portugal)

Informamos que o último fin de semana de maio os senderistas de CEN PÉS marcharemos de ruta por Portugal. A saída é de dous días, partiremos o sábado 30 ás 8.00 da maña e regresaremos o domingo 31 pola noite.
O sábado debemos levarnos a comida pois xantaremos  no camiño facendo a ruta para logo ao remante  cercarmos a Lamego e instalarmos no hotel Lamego. Teremos a tarde para coñecer a cidade.
O domingo despois do almorzo realizaremos outra andaina pola zona.
O prezo da saída é de 80 euros por persoa que comprende bus, aloxamiento dun día con cea(sábado), almorzo e xantar do domingo.
Recordamos levar calzado adecuado, ropa de reposto e para os que queiran bañador e chanclas pois o hotel  ten piscina.

domingo, 3 de mayo de 2015

Ruta a Ares

 
 
 
Nesta saída tivemos sorte, tras unha noite chovendo a mares, todos pensábamos que levaríamos unha boa molladura; en cambio disfrutamos dun tempo cuberto, pero agradable sen chuvias e mesmo ao final da ruta ao visitar Redes case parecía abrir o sol.
Partimos da praia de Chanteiro para coller a costa e ir vendo o mar e a boca da súa  ensenada. Fomos todo pola costa ata punta Avarenta entre o mar que rompía nas rochas e as flores amarelas dos foxos e as xetas e o rosas das armenias marítimas, que facía un manto precioso; a partir de punta Avarenta metímonos máis ao interior entre pequenas estradas de barrios e  boas casas, tamén pastizais e o mar ao lonxe, así ata chegar a Ares, no que aínda puidemos aproveitar un tempo de lecer, tralo cal marchamos un intre a Redes antes de comer en As Neves no restaurante Toñita, no que comemos estupendamente como ben sendo costume.

miércoles, 15 de abril de 2015

Ruta a Ares

A próxima saída realizarémola o VENRES 1 de MAIO , en lugar do domingo correspodente. A ruta será polo concello de Ares, é  costeira. Partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 13 kms, saíremos desde a praia de Chanteiro ata Ares todo pola costa.
Dificultade: fácil.
Prezo: 25euros por bus + comida.

Praia de Chanteiro-Ares

Máis rutas

En caso de bo tempo recordamos levar gorro e protección solar ademais da botella de auga ou refresco.

domingo, 12 de abril de 2015

Ruta de Verducido(Xeve)







Unha  ruta preciosa, de prados e montaña e ao lonxe o mar....

martes, 24 de marzo de 2015

Ruta por Verducido(Xeve)

O domingo 12 de abril partiremos ás 8.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ata Verducido para realizar unha andaina polas montañas preto de Pontevedra, unha ruta cercana.
Dificultade: moderada
Percorrido: 13 kms
Prezo: 25 euros por persoa, con bus e comida.
Teremos que partir xa almorzados pois os arredores do comezo da ruta no ten lugar apropiado.
Esta ruta está planificada para tempada sen choivas polo que se nos días previos chovese teríamos que cambiar e realizar outra ruta.

viernes, 20 de marzo de 2015

Serra da Arga







Este recorrido chamado o "sendeiro de Chá Grande" comeza na Igrexa de Arga de Abaixo, para chegar alí subiunos  o bus pola unha estrada na que fomos vendo a  serra de Arga e ao val de Cha Grande cunhas vistas panorámicas estupendas. 
Empezamos a ruta en Arga de Abaixo, cruzamos o pobo entre casas, hórreos e prados e cultivos en terrazas para aproveitar o desnivel do terreo, fomos ascendendo primeiro por sendeiro e logo por un antigo camiño empedrado de carros que deixaron as pegadas no chan.  O espetáculo é a cantidade de masa granítica, pedras e pedras, montañas de pedras en distintas formas e proporcións, así chegarmos arriba,  unha zona máis aberta  con  pista para acceder os aeroxeneradores que instalaron na parte máis alta da serra(700m.), desde aquí comtemplamos todo o val e incluso a costa con Camiña ao lonxe; seguimos o noso recorrido e paramos un pouco no Alto da Fonte da Urze, onde nace o río Áncora e dende se contempla os prados nos que pasta o gando libremente, cabalos, ovellas ...a partir daquí imos baixando serpenteando por un camiño de laxas e rochas,  chegamos aos muíños de Covao e atravesamos Gándara e seguimos ata outra vez entrar en Arga de Cima por diante da fonte Salgueiriña. Unha ruta maravillosa para os que lle gusta a montaña acompañada dun día estupendo. Ao rematar volvemos e pasamos a tarde en Camiña.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Ruta na serra de Arga (Caminha)

O próximo domingo 22 de marzo ás 8.00 da mañá partiremos cara  Portugal para facer unha ruta pola zona de Camiña na serra de Arga.
Percorrido: 12 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa por bus e comida.
Está por determinar a percorrido concreto que faremos, dependendo do tempo e do estado dos camiños. Pero aquí tendes información....
SERRA DE ARGA