lunes, 16 de diciembre de 2013

Illa de Arousa

Un día estupendo para celebrar a derradeira ruta do ano, a máis curta e simbólica das que vimos facendo ao largo do ano.
Como cada ano nestas datas partimos todos con nosos gorros de papá Noel, formando unha serpentina de cores que bordea a costa. Partirmos do peirao de Xufre ata ao final e continuamos pola beira do mar para colller por unha senda aberta e ben preparada que chega ata o faro da illa(Punta Cabalo); seguirmos no entorno da pequena praia do faro(praia de Sualaxe) e subirmos cara ao o mirador e a praia de Area da Secada. Polas pasarelas de madeira ou pola praia fomos dando unha caminata por territorio coñecido,  pero do que é imposible cansarse, así perimetramos toda esta zona, e dimos a volta cara ao centro da illa, aínda que nos desviamos hacia o mirador  do Santo (66m sobre o mar)desde onde contemplase a ría e a illa nunha mañá fantástica. 
Rematamos a xornada coma sempre cantando paxoliñas e comendo dulces e brindando cos amigos alí mesmo na área recreativa do mirador, e como todos os anos que levamos xuntos colocamos o noso Belén, que este ano tocoulle a Loli a súa situación, trepando entre as pedras.
Ao final a maioría continuaron a troula na comida.





 

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Belén na Illa de Arousa

Chegou decembro o último mes do ano e  realizaremos a derradeira ruta do 2013 arredor da Illa de Arousa, desta vez un percorrido circular e máis corto do habitual. 
Marcharemos o domingo 15 de decembro ás 10.00 desde a igrexa parroquial de Vilagarcia, pero como sempre nestas ocasións  distribuirémonos en coches particulares.
Celebraremos nun momento do camiño as festas xuntos, comendo dulces e turrón e bebendo cava, e ata cantaremos algunha paixoliña.
 O remate comeremos na illa no restaurante Salga; o menú vale 17 euros por persoa.
Os que veñan de lugares máis próximos a Illa, non fai falla que se acheguen a Vilagarcía, se avisan encontrarémonos  na aparcadoiro da praia do Vao.
Poden participar na ruta  persoas que non queden a comida ou o revés xente que non camiñen compartir con nós o xantar.
Invitamos a levar o gorro de Nadal coma noutras ocasións.
Para todo o mundo desde aquí vos desexamos "Boas Festas" .

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Ruta dos Montes de San Cibrán

Partimos das proximidades de Cans. No seu inicio varias escaleiras e pasarelas de madeira axudan a salvar un gran desnivel namentres se arrodea o regato do Couso, que antano alimentaba os sete Muíños da Laxe. En verdade hai bastantes muíños nesta zona, pero case a maioría  ruinosos entre a vexetación. Na primeira parte tal vez abundan máis os eucalitos, pero segundo imos avanzando a arboreda enriquécese de especies, piñeiros, caballos e castaños que recordan como debería ser este espazo noutro tempo, e enche a paisaxe de cor e o chan cun manto de follas ..esta última parte xa non monte comunais de San Xurxo presto da área recreativa das Confordas
 A ruta cobreguea entre viñedos, pradarías, milleirais, fontes e aldeas; un entretido e fermoso mosaico que mostra como é, e sobre todo como era, a vida rural en Galicia.
Unha vez no Alto de San Cibrán descéndese en paralelo ao río Caselas cara ao fondo do val, onde se sitúan a maior parte dos núcleos de casas e se atopan varias construcións de interese, como lavadoiros, muíños e Petos de Ánimas do Carballal. Pero se duda o máis bonito é o contraste de todo, das terrazas cheas de casas e viñedos, rodeadas de montes, pendientes, labradíos e os bosques con todos as cores do outono.






lunes, 18 de noviembre de 2013

Ruta dos Montes de San Cibrán

A próxima saída será o domingo 1 de decembro ás 8.00 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
A rota é coñecida como "Dos Montes de San Cibrán " en Cans (Porriño) ou tamén  polo recorrido PRG-132.
Distancia: 12 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25 euros comida + bus

Máis información en Turgalicia: 


TURGALICIA

domingo, 10 de noviembre de 2013

viernes, 8 de noviembre de 2013

Ruta en Lousame

A próxima saída será domingo 17 de novembro. Partiremos desde a igrexa parroquial ás 8.00 da mañá.
A ruta descorrerá polo concello de Lousame.
Percorrido: 14 kms
Dificultade: fácil.
Prezo: 25 euros por comida e bus.
Recordamos ir ben equipados, nesta época do ano é imprescindible abrigo para a chuvia, botas e bastóns de senderismo e  ademais é recomendable tamén levar roupa e calzado de recambio para eventualidades.

Senda do Barragán







 
Unha ruta preciosa, unhas fotos magníficas..un paseo para disfrutar a natureza de Galicia, unhas limpas, bosque de ribeira fondoso e as pegadas dos homes nas pontes, nos muíños, nos pasos sobre o río, os pastizais, os muros das fincas... un conxunto armonioso e sostenible que deberíamos preservar...maravilloso