A próxima saída será domingo 17 de novembro. Partiremos desde a igrexa parroquial ás 8.00 da mañá.
A ruta descorrerá polo concello de Lousame.
Percorrido: 14 kms
Dificultade: fácil.
Prezo: 25 euros por comida e bus.
Recordamos ir ben equipados, nesta época do ano é imprescindible abrigo para a chuvia, botas e bastóns de senderismo e ademais é recomendable tamén levar roupa e calzado de recambio para eventualidades.
viernes, 8 de noviembre de 2013
Senda do Barragán
Unha ruta preciosa, unhas fotos magníficas..un paseo para disfrutar a natureza de Galicia, unhas limpas, bosque de ribeira fondoso e as pegadas dos homes nas pontes, nos muíños, nos pasos sobre o río, os pastizais, os muros das fincas... un conxunto armonioso e sostenible que deberíamos preservar...maravilloso
miércoles, 16 de octubre de 2013
Senda do Barragán
Esta ruta está programada para o domingo 27 de outubro. Partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcia.
A Senda de seguindo a ribeira do río Barragán coñecida como o percorrido PR-G 164, que está sita no concello de Pazos de Borbén , Moscoso e Fornelos de Monte, tardaremos en chegar sobre unha hora.
Percorrido: faremos 14 Km. aínda que a senda marca 17 Km abreviarémola, é circular.
Dificultade: moderada-media, pola humidade e o terreo, convén levar unhas boas botas e os dous bastóns para apoiar.
Ruta do Invernadeiro
Un auténtico privilexio facer esta ruta polo parque natural do Invernadeiro tendo en conta que fai falta permiso e concédese a un máximo de 30 persoas ao día e nós fomos uns cantos máis.
Das cinco rutas posibles do parque fixemos a coñecida pola "A Acevada". Empezamos cun pequeno percorrido ata chegar ao centro de información onde contáronnos a historia, formación fauna e flora deste enclave privilixiado no que habitan corzos, rebezos, cervos e tamén águias, falcóns, voitres brancos, o lobo e xabarís, armiños e garduñas, pero no que desapareceron as cabras salvaxes... todo un ecosistema no que habitan moitos animais dos que non atopamos ningún exemplar(somos demasiado ruidosos)
Dende o centro de información fomos subindo en todo momento por camiño, sen podernos adentrar no monte que disfrutabamos aos lados da pista, chamounos a atención unha árbore ou arbusto de frutos vermellos en racimos coñecido por cancereixo ou cornabudo tamén nomeado cerdeira silvestre, que atopamos en flor bordenado o camiño e de forma libre crecendo entre pinos, teixos etc porque aquí abundan as coníferas, acivos e outras árbores de ribeira que crecen ao pé dos regatos.
Atopamos algún mirador con paneis descriptivos que ensinaban nomes dos picos dos dos montes. Unha paisaxe extraordinaria. Pasamos pola ponte da "Ribeira Pequena" e fomos subindo cada vez máis arriba ata o refuxio chamado a "Caseta do Birlauto", a partir de aí foi case descendendo e contemplando todo o arredor da serra do Invernadeiro e o encoro das Portas alá ben ao lonxe.
Como remate comimos perto de Verín nun restaurante digno de recordar o seu nome "O Candil", tanto o caldo como o bacalao ou o churrasco e postre, riquísimos.
sábado, 28 de septiembre de 2013
Ruta a O Invernadeiro
A próxima ruta está programanda para o SÁBADO 12 de outubro ás 7.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 13 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25 euros persoa, con bus + comida.
Máis información
Percorrido: 13 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25 euros persoa, con bus + comida.
Máis información
miércoles, 11 de septiembre de 2013
Ruta polas illas de Ons
Reanudamos a nosa actividade senderista tras o descanso estival cunha nova ruta ás illas Ons. Unha saída suave e agradable para comezala tempada 2013-14.
A saída será o domingo 22 de setembro desde a igrexa parroquial de Vilagarcía, partiremos ás 9.15 en bus ata Portonovo.
Distancia: 10 kms
Dificultade: facilísima.
Prezo: 17 euros por persoa, que comprenden bus + vapor, a comida corre pola conta de cada senderista, o que queira pode levar bocata ou comer nos bares da illa.
Volveremos sobre ás 17.00 se o tempo non permite quedar máis tempo.
http://guias.masmar.net/
A saída será o domingo 22 de setembro desde a igrexa parroquial de Vilagarcía, partiremos ás 9.15 en bus ata Portonovo.
Distancia: 10 kms
Dificultade: facilísima.
Prezo: 17 euros por persoa, que comprenden bus + vapor, a comida corre pola conta de cada senderista, o que queira pode levar bocata ou comer nos bares da illa.
Volveremos sobre ás 17.00 se o tempo non permite quedar máis tempo.
http://guias.masmar.net/
domingo, 9 de junio de 2013
Cea fin de tempada 2012-2013
Anunciamos que a cea celebración dun curso camiñando 2012-2013 queda definitivamente para o sábado 6 de xullo ás 22.00 no porto de pasaxes, no Club de Mar.
O prazo para realizar o ingreso está aberto e agradeceríamos que se fixese canto antes para saber das persoas que participarán. O prezo son 20 euros persoa.
Se tendes algunha dúbida preguntar aos da directiva.
O prazo para realizar o ingreso está aberto e agradeceríamos que se fixese canto antes para saber das persoas que participarán. O prezo son 20 euros persoa.
Se tendes algunha dúbida preguntar aos da directiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
