miércoles, 8 de mayo de 2013

La Alberca- Salamanca: aviso

Avisamos que hai prazas vacantes  para senderistas que queiran ir a La Alberca, debido a que deronse de baixa algunhas persoas.
Os interesados a participar nesta saída  poñanse en contacto con algúns miembro da directiva de Cen Pés.

viernes, 3 de mayo de 2013

Saída a La ALberca (Salamanca)

Os días 17, 18 e 19 de maio saíremos de Ruta por La Alberca, coincidiendo coa ponte das letras galegas.
Partiremos o venres 17 ás 10.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía, o noso punto habitual de encontro.
1º- Este día 17 de "ida"faremos dúas paradas:
  • Unha, na hora do xantar en Puebla de Sanabria; a comida vai pola conta de cada un, así que pódese organizar de bocata ou de restaurante, darase tempo para comer.
  •  A outra parada será en Salamanca: Deixaranos o bus no centro, por exemplo, na Praza Maior e recolleranos na ponte romana do río Tormes.
  • Esperamos chegar a La Alberca sobre as 9 ou 9.30 para distribuirnos nas habitacións e cear. A cea e o aloxamento xa vai incluído no prezo da saída e será no hotel "Las Batuecas"
2º- O sábado 18: temos pensión completa. Faremos unha ruta aínda por determinar, pois depende da climatoloxía pode ser a "Las Batuecas", o "Camiño de las raíces" ou a "Peña de Francia".

3º- O domingo 19: faremos unha ruta pola mañá. Tralo xantar iniciamos a viaxe de volta. Pararemos en Ciudad Rodrigo. Seguramente chegaremos tarde, entreas 11 ou as 12 da noite.

O prezo da saída de tres días  é de 80 euros para os senderistas e 100 euros para os que non o son (ou fixeran menos de catro saídas o ano), os que pagaron a reseva de 25 euros teñen que descontalos, é dicir, toca ingresar 55 euros por persoa o 75 para os non senderistas. Inclúe este prezo o autobús, estancia no hotel, cea do primeiro día e pensión completa do sábado e almorzo e xantar do domingo.
Solicitase facer o ingreso antes do 6 de maio. Os que non poidan ir, rógaselles avisen canto antes porque hai xente en reserva e para unha mellor organización.
Por outra banda ir ven equipados.


jueves, 2 de mayo de 2013

Pontes do Lérez






Partimos desde terreo coñecido: o mosteiro de Aciveiro.
Baixamos pola parte de atrás da igrexa e pasamos pola aldea de O Cotiño para coller o río Lérez e seguir pola súa ribeira durante parte do percorrido.
A primeira parte desta ruta ata a ponte de Andón xa fixémola noutra ocasión, sen embargo parecía distinta,  moito máis verde, cun musgo largo e mullido que colgaba das pedras, árbores, muros, tellados dos muíños...e  tantos muíños hai nesta ruta que foron díficil contalos, pena que como sucede en case todos o ríos de Galicia, a grande maíoría presentan un estado ruinoso, de abandono, que deixa un sentimento  de perda, de pena por  un pasado ido e tan pouco respetado ni conservado.
Seguimos nesta ocasión pola ribeira do Lérez  pasando por diferentes pontes, algunhas  medievais coma a de Andón, por pontellas e pasos. Nun tramo de ruta subimos ao pico Valiñas, un precioso contraste nesta época co río, todo  era amarelo dos toxos e xestas floridos, un gozo para a vista como o resto da ruta.
Volvemos ao lado do río por sendas de pescadores nuns momentos, noutros por camiños que aínda están empedrados, nos  que a auga baixaba  en pequenos regatos,  moitos deses camiños encerrados por muros ..
Impresionantes son aquí  as árbores, estes bosques de ribeira con carballeiras de exemplares altísimas e retorcidas. Tamén pasamos por prados, disfrutamos dun río que vai baixando en curvas, poucas veces é rectílineo, deixando espazos encantadores con  pequenas fervenzas ou caídas que facían unha paisaxe pouco monótona.
En definitiva unha ruta preciosa, aínda un pouco anegada, pero preciosa.

sábado, 27 de abril de 2013

Monte do Faro







De camiño no autobús xa iamos vendo segundo nos acercabamos que a xornada ía ser invernal, con chuvia, néboa e moito frío; non nos enganamos.
Unha ruta de montaña  de vaivéns,  subidas e baixada que foinos levando ata o monte Faro, a través dun campo de aeroxeneradores. Subindo e baixando entre montañas reprobadas de piñeiros, que apenas  podíanse ver coa néboa, en cambio oíanse de forma case invasiva as aspas deses xigantes ao moverse.
 Ségueme a parece raro camiñar con chuvia e néboa a vez e ver como a nubes baixas avanzaban e pasaban case con vida propia por esta paisaxe que pese o tempo, ten o seu encanto. A veces despexábase e contemplábase unhas vistas panorámicas cun val precioso diseminado de aldeas, pastos e monte alá moi o lonxe.
 Todo acusaba unha sensación de soidade porque as poboacións, a vexetación máis exuberante quedan lexos, pola contra alí arriba todo estaba por crecer, as árbores, os toxos, a herba..e nós alí irmos pasando de cumio en cumio, de muíño en muíño cos  únicos acompañantes o vento e a voz das aspas.
Pasamos por dous miradores dende o que só contemplamos a brétema, ao chegar arriba de todo no monte Faro onde esta o santuario, non se vía case nada, só a silueta do templo e o cruceiro, onde aínda quedaban resto de neve, o vento frío era intenso alí. Agardamos uns por outros para rexuntar o grupo e baixar máis xuntos, os que non quixeron continuar subiron no bus que estaba esperando na explanada.
Un ruta que merece unha segunda oportunidade con mellor tempo en outra ocasión.

viernes, 22 de marzo de 2013

Ruta polo monte Faro

A ruta das pontes do río Lérez  cámbiase pola ruta da serra do Faro. A saída queda para o domingo 7 de abril ás 8.00 da mañá  partiremos desde a igrexa da parroquial de Vilagarcía.

Esta senda descorre polo monte Faro é unha ruta alta  cunhas boas panorámicas do lugar entre as provincias de Lugo e Pontevedra  cerca de Rodeiro; convén ir ben abrigados.
Percorrido: 12.2 kms.
Dificultade: media.

lunes, 4 de marzo de 2013

Rutas das pontes do río Lérez

A próxima ruta realizarémola o domingo 17 de marzo; partiremos coma sempre desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 8.00 da mañá.
A ruta é coñecida como PRG 113 das ponte do Lérez, así completaremos os recorrido feitos os arredores  deste río.
Percorrido: 13, 8 Kms
Dificultade: media
Prezo:25 euros por comida e bus por persoa.

Partiremos desde o mosteiro de Aciveiro para baixar hacia o río e cruzar a ponte medieval de  Andón, logo deixarémolo para subir o pico Valiñas e regresar máis adiante ás ribeiras para cruzar pola ponte da Carballa e adentrarnos unha fermosa fraga e pasar dun lado do río a outro polas  diferentes pontes a do Crego,  a Maril, ponte Vella e Nova e a última, a de Gomail, así abandonaremos o río e subiremos ata chegar a aldea de Gaxín, onde acaba a ruta.

lunes, 4 de febrero de 2013

Ponteceso-Corme

A próxima ruta para o 24 de febreiro é finalmente a Ponteceso. Saíremos ás 7.45 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Esta ruta costeira é a que está clasificada como PR-G 148  de Ponteceso a Corme todo pola costa, seguramente chegaremos a punta do Roncudo pasando polas praias de Balarés, a da Hermida e a de o Osmo.
Percorrido:11 kms
Dificultade: fácil
Aprazamos a ruta do Lérez poque era imposible facela por las malas condicións da senda ás ribeiras do río.
O prezo por persoa é 25 euros para pagar bus e comida.

La Alberca
Por outra banda, queremos informar que se está a organizar a saída das "Letras galegas" que este ano cae en venres e aproveitaremos para facer unha saída de tres días o 17, 18 e 19 de maio(venres festivo, sábado e domingo) nos que marcharemos a La Alberca en Salamanca.
O prezo de esta saída será 80 euros para os senderistas habituais(máis de catro saídas) e 95 euros para os demais. O prezo comprende dúas noite de hotel, comidas, ceas e almorzos agás o xantar do primeiro día que corre pola nosa conta.
As persoas que queiran participar nesta saída de maio teñen que ingresar canto antes 25euros/persoa na nosa conta para pagar a reserva do hotel, o resto ingresaráse máis adiante. Ao facer o ingreso por favor especificade  ben a saída "La Alberca" para que non dea lugar a confusión.

O ingreso para ámbalas dúas saídas pódese facer desde o luns 4 de febeiro.
Se existe algunha dubida, chamade aos números da directiva ou mandades un correo electrónico.