lunes, 17 de diciembre de 2012
Belén nas cumbres
Os máis valentes acudiron á cita é foron moitos, sen medo á chuvia e ao vento, para compartir un día de celebración.
A saída non foi por onde se pensaba ata Pontearnelas, era imposible, estaba todo anegado pero deu para chegar pola "Ruta da auga e da pedra" ata primeira zona de descanso, a aldea de pedra onde "unha man inocente" deixou o noso Belén, que tal vez nos protexa aos Cen Pés en tantos camiños andados e por andar...
Bos desexos e gañas de compartir e celebrar cos amigos cos que acudiron e os ausentes pese a todos os atrancos e á chuvia.....e que bonito estaba o río coa forza de tanta auga!!!!
miércoles, 5 de diciembre de 2012
Belén nas cumbres
O próximo domingo 16 de decembro celebraremos a última saída do ano, reuniremosnos na igrexa parroquial de Vilagarcía para distribuirnos en coches particulares e sair ás 9.30 h.
A ruta será desde a rotonda de Ribadumia ata a ponte de Pontearnelas e regresar, colocaremos o Belén e celebraremolo con sidra, turrón e dulces que corren de balde do fondo de Cen Pés.
Percorrido: 9 kms ida e volta.
Dificultade: fácil
Despois da ruta haberá comida que sí hai que pagar 15euros por persoa para os que queira ir, poden participar nela senderistas e acompañantes.
Pódese ir a ruta e non a comida e viceversa, ou ir a todo.
Os senderista co desexen poden levar o gorro de Nadal coma todos os anos anteriores.
Rogamos que os que vaian a comida, se apunten canto antes para organizar mellor.

sábado, 24 de noviembre de 2012
Ponteareas:Ruta do Xabriña
Unha ruta estupenda para un domingo perfecto.
Como prometía esta ruta circular está chea de riqueza onde o río deixa a súa pegada na natureza, os muíños, as pontes e pontellas, os camiños e congostras, as aldeas, igrexas e petos de ánimas.
Partimos desde a aldea de Covelo e xa ao iniciar a camiño atopamos un peto de ánimas antes de cruzar a aldea e adentrarnos no monte. Axiña chegamos a ribeira do río Xabriña, un afluente do Tea que é un río máis amplo e fondo; o Xabriña, en cambio, é como un irmán pequeno e xogetón que enreda entre as pedras, se estreita a maioría da veces e cae formando preciosas fervenzas que sorprende con tanta escuma, así é que este río non se sinte monótono, sempre aparecen recunchos ou muíños que sucédense ao longo da senda, o que fai pensar que no pasado, non tan lonxe, a xente viviu este e deste río máis que hoxe en día.
Hai numerososo muíños ata uns trinta, cada un co se nome(Outeiro, Fundego, Rcoucón, etc..) case todos en estado ruinoso, agás un, ben reconstuido, e tamén pontellas a máis bonita a das Tapadas e pontes coma o Folón..as fragas preciosas nesta época cun manto de follas, así pasamos unha e outra vez polas fragas de Chozas e a de Millariñas e terminamos volvendo a aldea da que partimos.
lunes, 19 de noviembre de 2012
Ponteareas: ruta do Xabriña
A próxima saída será a Ponteareas o 2 de decembro. Partiremos desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 8.00 h.
A ruta é coñecida coma a do río Xabriña (PR-G 119), afluente do río Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita lugares como Prado, Canda e Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación atoparemos unha riqueza cultural e arquitectónica xa que pasaremos por aldeas, igrexas, pontes como a de Folón, pasos sobre a auga e gran cantidade de muíños.
Distancia: 13 kms. Punto de partida-chegada o concello de Covelo.
Dificultade: moderada.
Prezo: bus- comida 25 euros.

domingo, 18 de noviembre de 2012
Ortigueira
Esta ruta case totalmente costeira agás uns breves tramos de monte para pasar dunha praia a outra ou aldeas que atravesamos para avanzar e recorrer esta costa alta e espetacular.
Ao principio pensabamos partir desde Ladrido, máis preto de Sta Marta de Ortigueira, e rematar na praía de Eirón, pero finalmente empezamos a saída desde o porto de Espasante, contemplando a súa preciosa praia da Concha dun kilometro de largo. Do porto pasamos a unha praia pequena e ben recollida chamada a dos Enamorados ou de Santa Cristina, e xa subindo por unhas escadas de madeira, poidemos disfrutar por primeira vez das vista do mar e do cabo Ortegal e do pobo de Cariño case frente de nós. Camiñamos un pouco máis e pasamos pola aldea de San Antón que ten unha preciosa praía con todos os servizos. Atravesamos este precioso areal con grandes ondas e pasamos a praía de Eirón ou de Mazorgán que é coma unha réplica da anterior, só separadas por un breve montículo que costou baixar a máis de un. 
A partir de aquí pérdeseme a vista e a memoria entre aldeas con hórreos de pedra e tellados de pizarra, por praias espetaculares, enormes cheas de escuma onde morrían as ondas e os cantís que desafiaban o mar saíndo puntiagudos, salvaxes da auga. Sé que ao chegarmos cerca de Loiba contemplamos desde distintos miradores os impresionantes cantís e a forza do mar batendo unha e outra vez, quedan na mente os nomes da praia do Carro e praia de Fábregas e punta Villardeira, por onde seguimos algúns, e bella praia do Esteiro co seu areal e seu río..A sensación que queda é magnífica ...por un recorrido espetacular, porque espetacular é a Natureza.
jueves, 25 de octubre de 2012
Ortigueira
A próxima ruta será o domingo 11 de novembro a Ortigueira.
Saíremos ás 7.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 15 ou 16 kms.
Dificultade: fácil- moderada
Unha ruta lineal e costeira, que ten como punto de partida Ladrido( Sta. Marta de Ortigueira) ata a praia de Eirón.
O prezo é de 25 euros por bus e comida

martes, 9 de octubre de 2012
Ruta do Ulla
Completaremos con esta ruta outras dúas feitas entorno o Ulla.
Partiremos o domingo 14 de outubro ás 8.00 mañá desde o igrexa parroquial de Vilagarcía.
Distancia: 11 km.
Dificultade: fácil-media
Desde as proximidades de Ponte Basebe subiremos por unha marxe do río.
Prezo 25 euros que comprende autobus e comida.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)