miércoles, 14 de diciembre de 2011

Muíños de Lores

A derradeira ruta do ano 2011 será este  domingo 18 de decembro as 9.45 desde a igrexa parroquial.
Partiremos en coches particulares polo que é recomendable que previamente se establezan grupos para ir nos mesmos e senón no punto de encontro  distribuímonos.
Trátase como todos os anos de levar o Belén e celebrar o Nadal  facendo o que nos gusta, que nesta ocasión é subir pola ribeira do río Chanca cara a Armenteira,  unha ruta nova, ben marcada con 23 muíños moitos deles restaurados, sita no concello de Meaño.
Dificultade: fácil
Percorrido: 10km
O prezo da comida é de 12 euros que deberán ingresarse como ven sendo habitual na nosa conta os que decidan quedar a comer. 
Os que teñan os gorros de Nadal, que non se vos esquezan.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Corrubedo



Marchamos ás 8.00 cun tempo que ameazaba chuvia, pero tivemos sorte e  mantívose toda a ruta. Un bo tempo para andar.
Fomos recollendo xente polo camiño, en Carril, e en Catoira. Almorzamos en Ribeira no "Bulibar". Adiantámonos e empezamos a camiñar no concello de Porto do Son un recorrido  marcado como "sendeiro do río Sieira". Cruzamos a ponte medieval sobre  este río e atravesamos un bonito pinar para chegar  a praia de As Furnas tamén chamada praia do río Sieira (nesta praia é onde Ramón Sampedro quedou parapléxico),  unha praia ben coidada, poque toda esta zona ten un importante complexo de dunas que inténtase protexer por eso camiñamos por pasarelas de madeira, e tamén pola praia para chegar a praia de Basoñas, detrás desta están as lagoas  de Xuño e Muro, de aí, sempre disfrutando dun mar e unha area branca e suave, pasamos a praia de Espiñeirido, logo a de Balieiros, a última que atopamos antes de chegar ao faro de Corrubedo. Creo que todos disfrutamos dun mar impresionante, embrabecido que nunca deixa indiferente...
Ao rematar comimos no bar Balada, no camping Fraga-Balada situado na praia das Furnas nun ambiente moi agradable.
Pola tarde fixemos unha paradiña dunha hora para pasear por Aguiño e regresamos.
Unha saída estupenda que  ensinanos  que non fai falla moitos kilómetros para atopar lugares magníficos.

viernes, 2 de diciembre de 2011

Cena - 2011

Comunicamos que a cena de Nadal será o sábado 10 de decembro ás 22.00 no restaurante "Maremagnum".
Está disponible a conta en Caixanovagalicia para ingresar os 25 euros por persoa para todo aquel que queira participar e senón chamar para apuntarse.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Corrubedo

A próxima ruta vai ser o domingo 4 de decembro aos arredores de Corrubedo. A saída será ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial.
Distancia: 12 kms.
Percorrido: fácil e lineal.
Prezo: 25euros, que comprende saída, bus e comida en restaurante.
O percorrido exacto está por determinar xa que pódese facer desde o pobo ata o facho o viceversa, pero será unha ruta totalmente de costa, incluso pasaremos por praia.
Recordamos que esta zona é moi rica en fauna e flora e de gran beleza, xa que nela atoparemos a duna móbil de máis de 1 km de extensión, as lagoas de Vixián, de auga doce, e a de Carregal, de auga salada que desemboca no mar. Moi cerca do parque natural encontraremos o Centro de interpretación do parque natural e o famoso Dolmen de Axeitos, e non moito máis lonxe o castro de Baroña e múltiples e preciosas praias, Vilar, Baroña, a do Dique, a das Furnas etc.
Asemesmo, informamos que o 10 de decembro celebraremos unha cea de despedida do 2011, con toda probabilidade no Mare Magnum, pub-restaurante da zona tir. O prezo por persoa será 25 euros, é importante apuntarse canto antes para facilitar as cousas as persoas que a organizan.

Ver mapa más grande

Mondariz







Esta foi unha ruta de ribeira fluvial polo río Tea, unha auténtica marabilla no outono.
A saída partiu dunha zona máis arriba do centro de Mondariz-balneario por onde pasamos, unha zona coidada (pola marge ezquerda do río) para este tipo de actividade, con pontes, pasos e carteis indicadores en todo o percorrido sinalando a riqueza da fauna e da flora que vive entorno a este río, que nace no monte Moncelo e desemboca no Miño a altura de Salvaterra. 
O tempo deixounos disfrutar da paisaxe, dun río de augas limpas, transparentes, rodeado de vexetación abundante, ameneiros, carballos pero taméncastiñeiros,  abeleiras, xunqueiras.... Acercarse ao río é non deixar de sorprenderse polas súas augas que hipnotizan e calman. O seu son  e os nosos pasos vainos transportando a un paraíso de cores  e formas, os verdes dan paso aos pardos, amarelos, ocres e todas as gamas de grises que deixan a pedras da ribeira. É tan dificil  describir tanta beleza e intentar singularizala!.. só dicir, que o río se enche de moitos regatos, e as augas van baixando suaves e lentas nunhas zonas, bañando praias e recodos, e noutras partes van máis embrabecidas, apretadas entre peñas e deniveis que forman pequenas fervenzas. Así vamos contemplando un río que por momentos é ancho, lento, translúcido e por outro se entreita, faise espuma ou xoga a perderse nunha curva ou dividirse en illas para volver a xuntarse...
Deste xeito fomos paseando polo "bosque dos avellanos", cruzamos o río polos "pasos de Tatín", pasamos por algún muíño e por baixo de diferentes pontes unhas romanas, outras mentálicas para chegar á zona recreativa do concello de Mondariz e máis alá a súa praia fluvial, así ata contemplar no outro lado do Tea o descoidado edificio da "fonte de Troncoso"(que en 1862, o cura de Mondariz, Domingo Blanco Lage descobrera as súas propiedades medicinais). Seguimos o noso percorrido, pasando ao concello de Ponteareas, onde remantamos con pena na fermosa praia das Pías.
 

martes, 8 de noviembre de 2011

Mondariz

Saída programada para o domingo 13 de novembro.
Partiremos da igrexa de parroquial de Vilagarcía ás 8.30 da mañá.
Distancia: 12 kms en baixada ata o río Tea.
Percorrido:  lineal, ribeira alta e baixa do río.
Dificultade: fácil.
Prezo: 25 euros, comprenden como sempre, autobús e comida en restaurante.

Chandrexa de Queixa






Esta saída a Chandrexa  foi memorable e inmellorable.
O sábado marchamos bastante puntuais de Vilagarcía e tras dúas horas de viaxe, paramos en Maceda para visitar o castelo, ben conservado e convertido hoxe nun agradable  hotel. Seguimos o traiecto e fixemos outra paradiña no recollido Montederramo para ver o mosterio e o seu claustro. De aquí fomos subindo cara a serra de San Mamede contemplando a bonita paisaxe do val que baixa ata o Sil, no que atópanse tantos mosteiros, pobos, castelos e  preciosas lugares que va quedando atrás baixo a luz do solpor .... e nós seguimos escalando ata chegar ao encoro de Queixa, coa serra detrás iluminada pola lúa. Tras cruzar o estreito paso da ponte chegamos ao noso destino, Casa Gerardo, en Chandrexa de Queixa.
Tivemos un bo recibimento, repartímonos polas habitacións e baixamos a cear, onde a abundancia e o riquísimo menú  sorprendeunos, sobre todo os  tremendos postres: flanes, tarta de manzá, figos e queixo con membrillo caseiro mmmm. Despois da cea, uns estivemos departiendo, outros cantando e bailando, e outros saíron a pasear un pouciño baixo as estrelas, sen preocupacións xa que tiñamos unha hora máis para durmir, cousas do cambio de horario.
O domingo cumprido o almorzo, comezamos a ruta un pouco máis arriba de Chandrexa, a un punto onde deixounos o autobus. Acompañounos en todo momento o bo tempo, un sol radiante que fixo o camiño máis deleitoso.
Partimos hacia As Forcadas, nun subida suave, que permitiunos contemplar as montañas do arredor e os pastizais, para adentrarnos nunha fraga por un camiño enlousado, antigo camiño á aldea  de Forcadas, apartada e adicada ao cuidado do gando, cunha bonita igrexa e cemiterio. Continuamos a nosa ruta pola fraga dos Zopos, escoitando o rio Grande que ía máis abaixo ata chegar a Requeixo unha pequena aldea, que tiña muiño e ponte. Seguimos camiñando por camiños empedrados xa de volta ata As Forcadas, de aí por pista baixamos ata coller o autobus, algúns andiveron un anaquiño máis e tamén pasaron por Bretelo ata Chandrexa, onde nos esperaba un suculento cocido e lacóns.
Desta vez, todo saiu perfecto e todos quedamos agradecidos polo trato en casa Gerardo, polos organizadores da saída e porque pese ao incendios de semanas antes, non encontramos tanta superficie queimada como esperabamos.