lunes, 10 de marzo de 2025

 O domingo 9 de marzo os Cen Pés acercáronse a Cangas a camiñar a Costa da Vela polo sendeiro azul o roteiro de Donón, unha rota dun 10 ou 11km de dificultade moderada polas subidas e baixadas en zonas. Unha rota costeira preciosa con cantís que miran a mar aberto, un pouco protexido pola impresinante Cies, un percorrido variado con xacimento arqueolóxicos, praias de area fina como a de Melide , faros como o   de Punta Subrido, tamén o de Punta Robaleira e o de Cabo Home, o percorrido remanta no Caracola metálica que mira o mar. 

Despois achegámonos ao crucerio de Hío xa con mellor tempo.






 

lunes, 17 de febrero de 2025

Sendeiro do Deza- Fervenza do Toxa 16-02-25








 O domingo 16 de febreiro os Cen Pés acercáronse ao mosteiro san Lourenzo de Carboerio para recorrrer este sendeiro considerado de pequeno recorrido  PRG-18, que é lineal e de un 6 kms que chega ata a fervenza do Toxa. Un traiecto que se pode facer desde o mosteiro ou desde a fervenza do Toxa no que tamén hai aparcadoiro.

Nós partimos desde o mosteiro baixando pola calzada medieval que baixa  ao río Deza,cruzamos a ponte do Demo de orixe medieval e o camiño segue por bosque de ribeira e carballos, subido polo monte, un lugar precioso, pasamos cerca da praia fluvial de a Carixa e da ermida de San Paio para pasar pola pasarela de ferro que baixa ata a fervenza do Toxa. Logo volvemos ao mosteiro de Carboeiro.