domingo, 15 de diciembre de 2024

Subida ao mirador de monte Xiabre(15 /12/2024)



 O domingo 15 de decembro partimos desde Fexdega en coches particulares para reunirnos en Fontefría e empezar a subida ao mirador da Cruz de Xiabre, un mirador que mira a ría de Arousa e ao río Ulla.

O percorrido foi dun 6,39 kms ida e volta circular. Voltamos outra vez a Fontefría onde celebramos comendo uns petiscos e brindando, visitamos a árbore prantada o ano pasado nestas datas e aínda segue medrando!!

A continuación foi a comida no churrasco de Rubiáns: un bo cocido!! Boas festas a tod@s os senderistas.

 


 

viernes, 6 de diciembre de 2024

Ruta 6(azul) Negreira- Brión(6/12/2024)


 Tras retrasar a saída polo mal tempo, finalmente  realizamos esta rota  o venres 6 de decembro día da Constitución xa que é festivo.

Partimos desde Negreira, achegámonos a inicio da rota 1km xa e n territorio do concello de Brión.

A rota for circular sobre un 12.8 kms, comeza nada máis cruzar a Ponte de Ons e a Ponte Insua sobre o río Tambre, na área recreativa que hai alí. Trascorre por pistas forestais e camiños con bo firme, seguindo o curso do río, ao mesma beira e noutros momentos nuha cota máis alta, atravesando densos bosque con moitos castiñeiros, carballos, piñeiros e algún acivro, faias e eucaliptos. Pasamos polas aldeas de Forxán, Mourentáns e Ons, onde se fixo un desvío para visitar a Fervenza do Pozo Negro, á que se chega despois dun forte descenso. Esta rota ten a posibilidade de acortarse cunha variente de 9.5 km., pasando por outras aldeas da zona.

Unha rota moi bonita con moitas posibilidades con riqueza natural e etnográfica.