O domingo 10 de novembro dirixímonos a Laracha para desde a praza do concello partir rumbo a Caión, unha rota duns 13.5kms, fácil e lineal, por antigos camiños de pereginaxe ao Santuario de Nosa Señora dos Milagros en Caión. O percorrido discorre pistas forestais e asfaltadas, só no último tramo cerca xa de Caión hai unha forte baixada ao templo e a praia de Caión e arredores.
Nós tivemos mal tempo con néboa e chuvia fina por momento, que impedían ver a paisaxe e xa chegando a costa a vistas panorámica do mar e a costa, así que vimos pouco da marisma de Baldaio e quedamos sen ver as islas Sisargas ao lonxe, quedará para outra vez.