Este domingo 11de xuño Cen Pés acercouse ao concello de Piñor na comarca de Carballiño.
A ruta é coñecida polo "Sendeiro ecolóxico de Peilán", un percorrido que agora está sinalado como de 10km, pero que antes eran 13.5km e pasaba por dous concello o de Piñor, do que parte a ruta e o Cristovo de Cea; nós fixemos este último, pero ao revés, empezámolo por onde remata, e fomos orientándonos mirando os sinais o revés. É unha ruta circular de fácil a moderada, é preciosa tanto ten o sentido por onde a comences.
Partimos da aldea de Arenteiro, da explanada ao lado igrexa da A Peregrina, almorzamos primeiro no bar Ojea, o único que hai.
Xa desde o primeiro momento a ruta foi impresionante adentrándonos no bosque por camiños tracionais e rodeados de valados de pedras tapizadas de musgo e por congostras entre paredes de montes, enchidos de altas árbores: castiñeiros, carballos, sobreiras... só algunha zona aparecía os eucalitos ou piñeiros.
A humidade e a chuvia destos días fixo que, en moitos lugares, os camiños convertéranse en pequenos regatos ou estuvisen enchoupados, pero non importou porque a temperatura era boa e a contorna marabillosa. Seguimos sendas paralelas os ríos Oseira e Mirela que ían rápidos cheos de auga. Pasamos por varias aldeas Albarona, Piñor , Barrán que aínda conservan as súas casas de boa cantería e hórreos, pero algunhas mal conservadas.
Cruzamos alguna pista sempre seguindo aos ríos, así chegamos a zona da antigua fábrica de papel, onde está a pasarela de madeira o lado da canle que levaba as augas do río Arenteiro á fabrica de papel, por ela atopamos a preciosa fervenza de Peilán, que fórmase ao desviar o Arenteiro que cae nunha presa que o conduce á canle. Continuamos o sendeiro o lado do río e atopamos en desnivel catro o cinco muíños, só un deles restaurado, así entre camiños con cereixeiras e nísperos fomos chegando novamente ao punto de partida.
Comemos ao lado da antigua estación de Lalín, no restaurante Estación. Xa de volta paramos para visitar a "Fraga de Catasós" un pequeno recorrido de 1.5 km nun lugar sorprendente cheo de carballos e castiñeiros altísimos de máis de trinta metros e de gran grosor e enormes copas, árbores bicentenarias que impresionan coas súas dimesiones. Unha auténtica marabilla que todos debemos admirar e conservar. A Fraga de Catasós o Quiroga" foi declarada Monumento Natural no 2000 pola Xunta de Galicia.


.jpg)




"Fraga de Catasós"