
Despois do almorzo en Porto do Son, o bus acercounos a praia de Arnela, uns kms antes do inicio, e fixemos un pouco da ruta da praia da Arnela, así cruzamos dúas veces a estrada AC-550 para achegarnos a ver o mar de cerca en Punta Inxida e logo engarchar coa ruta do Castro de Baroña, que pasa pola aldea de Baroña, e por diante da bonita igrexa do século XII adicada a San Pedro, logo subimos por camiños de monte e volvemos cerquiña do mar na praia do Dique onde o río Maior verte as súas augas.
Aquí a vista do mar é preciosa, o paseo o ladiño da praia de Baroña vendo o castro ao lonxe foi un paseo para o recordo e a meditación, para vaciar o estrés e só disfrutar coa simplicidade da contemplación do mar, da natureza en estado puro que sempre ten un poder balsámico.
Reunímonos no castro e alí celebramos un ano máis as festas, brindanos e comendo algún que outro doce e aniñando o noso Belén, moi preto do mar.
Toca facer balance xa que levamos un ano máis nos nosos pés. Para nós que somos realmente máis de cen pés foi un ano estupendo, sen incidencias, sen moitas molladuras con rutas preciosas e cada vez con máis amigos..non se pode pedir máis!!! unha marabilla y que siga...